PANTALLA DO ANO 1980 FEITA POR JOSÉ LUIS CARRERA(LUIS LICHAS).
Luis é un artesán moi respectado polo seu bon facer e porque é un entroideiro dos de libro. O de facer Pantallas venlle polo sangue porque o seu avó xa facía Pantallas. Nos anos oitenta e noventa do século XX Luis participou activamente na recuperación da máscara, impartindo obradoiros para varias entidades como a Asociación Trisquel ou o Concello de Xinzo de Limia.

A PANTALLA
A Pantalla foi remozada por Victoriano porque daquelas as Pantallas reparábanse antes do entroido para que lucisen ben lindas. Normalmente empezábase cunha lixadela para que na zona afectada quedase o papel ao descuberto. Co engrudo colocábanse novos papeis e correxíase a rotura ou a rozadura. No corno a reparación era máis fácil. Na cara o proceso era máis prudente e lento. Unha vez reparado o fallo, píntabase a parte afectada si se chegaba a igualar a cor. No caso de non poder igualar a cor había que pintar todo para que primara a uniformidade.
A Pantalla ten unhas liñas que dan unha sensación de solidez sin perder a bonitura. O rizo do corno é curto e non ten corte na parte de atrás. O sombreiro para a cara ten o corte de Julio Villarino.
Victoriano puxo esta Pantalla no ano 1980 cando tiña 15 anos e durante varios anos correu as rúa de Xinzo participando no Entroido.

PATILLA ESQUERDA.
Ten un longo dende a orella de 6,10 cm. De alto dende o floco mide 5,30 cm. A parte estreita do lado da orella mide 4 cm. e a parte estreita do lado da barba do queixo mide 4,30 cm.
BARBA DO QUEIXO.
De longo mide 14,50 cm. e de alta dende o floco mide 7,10 cm.
A Pantalla ten o perímetro da cara que mide 32 cm. e da fronte ao queixo mide 23 cm.
A BARBA.
A barba é de cor negra. Sae da base das orellas. Ten unha patilla a cada lado da cara e o barba do queixo moi grande.
PATILLA DEREITA.
Mide de longo dende a orella 5,50 cm. De alto dende o floco mide 6 cm. A parte estreita do lado da orella mide 4,50 cm. e a parte estreita do lado da barba do queixo mide 4,30 cm.

A BOCA.
É de cor vermella e non sobresae dos labios. De longo mide 8,70 cm. De alta con pintura mide 2,20 cm. O burato de longo mide 5,30 cm. e de alto mide 1 cm. O labio de arriba ten de ancho 1 cm. e o labio de abaixo ten un ancho de 1,20 cm. A distancia da boca á barba é de 1,20 cm., ao floco é de 8,40 cm. e ata o fondo é de 9,40 cm.
O BIGOTE.
Está pintado en dous tramos que reviran cara arriba nas puntas. O tramo dereito mide de longo 4,70 cm. e de ancho mide 1 cm. O tramo esquerdo mide de longo 5,10 cm. e de ancho mide 1,10 cm. A separación entre ambos é de 0,40 cm. De longo de punta a punta mide 10,20 cm. A separación da boca é de 0,40 cm. e do nariz está a 0,10 cm.
OS COLORETES.
Son vermellos. O colorete dereito ten de diámetro 1,40 cm. e o colorete esquerdo ten de diámetro 1,50 cm. A separación entre ambos é de 5 cm. A separación da base do nariz do colorete dereito é de 2,20 cm. e do ollo está a 1,10 cm. A separación da base do nariz do colorete esquerdo é de 2,20 cm. e do ollo está a 1,20 cm.


O NARIZ.
O nariz é circular dun só burato. De longo mide 4,40 cm. De alto mide 1,90 cm. De ancho mide na base 3,90 cm. O burato de ancho mide 1,20 cm. e de alto mide 1 cm. De groso o feltro e o papel mide 0,90 cm. Na punta do nariz mide 1,20 cm.
AS ORELLAS.
Están feitas de feltro. As orellas na parte exterior non están pegadas ao corno e as puntas buscan o rizo. As orellas non chegan ata o fondo do corno e están por riba do floco.
OS OLLOS.
O ollo dereito mide de longo 4,20 cm. coa pintura. De alto mide 3,30 cm. O burato mide de longo 3,10 cm. e de alto mide 2,30 cm. A pálpebra de arriba mide de ancho 0,80 cm. e ten 14 pestanas. Está pintada de vermello na parte frontal. A pálpebra de abaixo mide de ancho 1 cm. está pintada de vermello e ten 6 pestanas.
O ollo esquerdo mide de longo 5,60 cm. De alto mide 3,30 cm. O burato mide de longo 3,10 cm. e de alto mide 2,40 cm. A pálpebra de arriba mide de ancho 0,60 cm. e ten 14 pestanas. Está pintada de vermello na parte frontal. A pálpebra de abaixo mide de ancho 1 cm., está pintada de vermello e ten 5 pestanas. A separación dos ollos mide 2,90 cm.

AS CELLAS.
Esta Pantalla non ten cellas.
O CORNO.
O rizo é de tipo antigo. As medidas do corno son:
Dende o punto máis alto ao pano de debaixo das orellas mide 31 cm. O longo do faldón dende debaixo das orellas mide 23 cm. O ancho da parte media dende a punta do rizo mide 34 cm. O rizo mide de ancho 9 cm. de alto, ata a volta mide 4 cm. e ata o alto do corno mide 15 cm.
O bordo é de cor branco. Ten de media entre 0,90 cm. e 1,30 cm. Non ten bordo no faldón por riba do pano nin detrás das orellas. Tampouco ten corte. O triángulo por riba da cara mide de lado 6,50 cm. e de base mide 7 cm. O bordo do triángulo mide entre 0,40 cm. e 0,60 cm.
Colgando do rizo ten un axóuxere de 1,50 cm. de diámetro de cor prateado e amarrado cun arame de cor azul.
As orellas teñen as seguintes medidas e cores:
|
DEREITO |
ALTO |
ANCHO |
DEREITO |
ALTO |
ANCHO |
|
|
Corno |
5,60 cm. |
3,70 cm. |
Corno |
5,40 cm. |
4,40 cm. |
|
|
Fondo |
1,80 cm. |
Fondo |
1,90 cm. |
|||
|
Vermello |
0,30 cm. |
3,80 cm. |
Vermello |
0,30 cm. |
3,70 cm. |
|
|
Media |
0,70 cm. |
Puntiños 3,80 cm. |
Media |
1,10 cm. |
Puntiños 3,40 cm. |
|
|
Negro |
0,30 cm. |
3,70 cm. |
Negro |
0,30 cm. |
3,70 cm. |
|
|
Media |
3,60 cm. |
4 cm. |
Media |
2,70 cm. |
Puntiños 3,10 cm. |
|
|
Vermello |
0,20 cm. |
3,60 cm. |
Vermello |
0,40 cm. |
3,80 cm. |
|
|
Media |
0,80 cm. |
Puntiños 3,40 cm. |
Media |
0,90 cm. |
Puntiños 3,50 cm. |
|
|
Negro |
0,40 cm. |
3,90 cm. |
Negro |
0,30 cm. |
3,80 cm. |
|
|
Media |
0,70 cm. |
Puntiños 3,30 cm. |
Media |
0,60 cm. |
||
|
Vermello |
0,30 cm. |
4 cm. |
Vermello |
0,30 cm. |
3,80 cm. |
|
|
Media |
2,40 cm. |
Puntiños 3,40 cm. |
Media |
2,10 cm. |
Puntiños 3,20 cm. |
|
|
Negro |
0,30 cm. |
3,60 cm. |
Negro |
0,20 cm. |
3,70 cm. |
|
|
Media |
0,80 cm. |
Puntiños 3,20 cm. |
Media |
0,80 cm. |
Puntiños 3,10 cm. |
|
|
Vermello |
0,30 cm. |
3,70 cm. |
Vermello |
0,20 cm. |
3,80 cm. |
|
|
Fondo |
0,10 cm.-0,30 cm. |
Fondo |
0,70 cm. |
|||
|
Base |
3 cm. |
4,30 cm. |
Base |
3,40 cm. |
4,20 cm. |
As medias da orella dereita só ten unha fileira de puntiños por media. Empezando pola parte externa da orella a serie da primeira media ten as seguientes cores: vermello, negro, vermello, negro, vermello, negro, vermello e negro. Oito en total con catro vermellos e catro negros. A segunda media ten: negro, vermello , negro, vermello, negro, vermello, negro, vermello e negro. Nove en total con cinco negros e catro vermellos. A terceira media ten: cinco vermellos. A cuarta ten: vermello, negro, vermello, negro, vermello, negro, vermello, negro e vermello. Nove en total con cinco vermellos e catro negros. A quinta media ten: negro, vermello , negro, vermello, negro, vermello, negro, vermello e negro. Nove en total con cinco negros e catro vermellos. Finalmente a sexta ten: vermello, negro, vermello, vermello, negro, vermello e negro. Sete en total con catro vermellos e tres negros.
As medias da orella esquerda só ten unha fileira de puntiños por media. Empezando pola parte externa da orella a serie da primeira media ten as seguintes cores: negro, vermello, negro, vermello, vermello, negro, vermello, negro, vermello e negro . Dez en total con cinco vermellos e cinco negros. A segunda media ten: negro, vermello, negro, vermello, negro, vermello, negro,e vermello. Oito en total con catro negros e catro vermellos. A terceira media ten: negro, vermello, negro, vermello, negro, vermello e negro. Sete en total con catro negros e tres vermellos. A cuarta ten: vermello, negro, vermello, negro, vermello, negro, vermello, e vermello. Oito en total con catro vermellos e catro negros. A quinta media ten: vermello, negro, vermello, negro, vermello, negro e vermello. Sete en total con tres negros e catro vermellos. Finalmente a sexta ten: vermello, negro, vermello, vermello, negro e vermello. Sete en total con catro vermellos e tres negros.

O pano é de cor azul. De longo mide 56,50 cm. De ancho mide 80 cm. A parte inferior está toda aserrada e os triángulos que crea teñen un lado de 2 cm. O picado son catro fileiras de rombos en horizontal. A primeira fila empezando por arriba ten 17 rombos irregulares de diversos tamaños. A fila que está por debaixo ten 15 rombos irregulares. Debaixo desta hai outra fileira de 16 rombos irregulares e finalmente a fileria de abaixo de todo ten 16 rombos irregulares.


A Pantalla pesa 799 gr.