JUAN JOSÉ LÓPEZ VILLARINO é o máis fiel seguidor do seu mestre Julio Villarino.
As Pantallas de Juan José López Villarino, Juanillo, son as Pantallas que máis se axustan as formas e os saberes de Julio Villarino. Non fixo ningunha modificación e as súas Pantallas son iguais no tempo e polo tanto facilmente recoñocibles. Ten unha auténtica forma de facelas e unha auténtica marca persoal. Sería moi estrano non ver unha Pantalla feita polo Juanillo no Barrio de Abaixo, forman parte da historia visual do Entroido de Xinzo. Juanillo ademáis de facer Pantallas e poñela é un animador incansable do Entroido de Xinzo tocando a gaita é cantando nas tascas. E non só no entroido, por nadal, por reis, polos magostos…

A PANTALLA
A Pantalla é do ano 1997 e foi feita para Marisol Mouriz Díaz. No corno ten o fondo do ceo con estrelas, planetas e outras figuras celestes. Como comentei máis arriba, a forma da cara ten o corte que aprendeu de Julio Villarino.

O perímetro da cara mide 25 cm. e da fronte ao queixo mide 20,50 cm.
A BARBA.
A barba é de cor negra. Dende a base das orellas crea unha onda de cor negro que lle dá forma a orella, a correa que une orella e a patilla e que remata na barba do queixo.
PATILLA DEREITA.
Dende a base da orella sae unha correa ondulada que na parte pegada á orella mide de alta 4,70 cm. A altura da ondulación no medio mide 3,20 cm. (Sempre medindo dende o floco). De longo mide 1,50 cm. A patilla mide de alto 4 cm. De longo medindo dende o fondo da ondulación ata o fondo da ondulación hai 4,80 cm. De alta mide do lado da barba do queixo 1,50 cm.
BARBA DO QUEIXO.
De longo mide 8,50 cm. e de alta dende o floco mide 3,30 cm.
PATILLA ESQUERDA.
Dende a base da orella sae unha correa ondulada que na parte pegada á orella mide de alta 4 cm. A altura da ondulación no medio mide 2,30 cm. (Sempre medindo dende o floco). De longo mide 1,60 cm. A patilla mide de alto 3,4 cm. De longo medindo dende o fondo da ondulación ata o fondo da ondulación hai 4,30 cm. De alta mide do lado da barba do queixo 1,10 cm.A barba é de cor negra.

A BOCA.
É de cor vermella e sobresae lixeiramente a pintura no labio inferior. De longo mide 6,80 cm. e de alta con pintura mide 1,80 cm. O burato de longo mide 5,60 cm. e de alto mide 0,90 cm. Sobresae a pintura do labio de abaixo 0,10 cm. O labio de arriba ten de ancho 0,90 cm. e o labio de abaixo ten un ancho de 1,80 cm. A distancia da boca á barba é de 1,20 cm., ao floco é de 4,50 cm. e ata o fondo é de 8,60 cm.
O BIGOTE.
Está pintado de cor negro en dous tramos. O tramo dereito mide de longo 3,30 cm. No centro é máis ancho e cara a punta faise máis estreito. No centro mide de ancho 0,70 cm. e na punta mide 0,25 cm. O tramo esquerdo mide de longo 3,30 cm. e no centro mide de ancho 0,60 cm. e na punta 0,10 cm. A separación entre ambos é de 0,60 cm. De longo de punta a punta mide 7,20 cm. A separación da boca é de 0,40 cm. e do nariz está a 0,40 cm.
OS COLORETES.
Son vermellos. O colorete dereito ten de diámetro 1,20 cm. e o colorete esquerdo ten de diámetro 1 cm. A separación entre ambos é de 5 cm. A separación da base do nariz do colorete dereito é de 2,10 cm. e do ollo está a 1 cm. A separación da base do nariz do colorete esquerdo é de 1,80 cm. e do ollo está a 1 cm.


O NARIZ.
O nariz é triangular dun só burato. De longo mide 2,40 cm. De alto mide 1,90 cm. De ancho mide na base 2,60 cm. O burato de ancho mide 1,20 cm. e de alto mide 1 cm. De groso o feltro e o papel mide 0,50 cm. Na punta do nariz mide 0,60 cm. A parte frontal do nariz está pintada de vermello.
AS ORELLAS.
Están feitas de cartón unidas tanto á cara como ao corno. A parte que sobresae na parte de arriba da orella forma o corno da orella que busca lixeiramente o rizo. A base mostra un semicírculo na media. Forma parte da onulación estética coa barba.
OS OLLOS.
O ollo dereito mide de longo 5,20 cm. coa pintura. De alto mide 3,70 cm. O burato mide de longo 4 cm. e de alto mide 2,90 cm. A pálpebra de arriba mide de ancho 0,60 cm. e ten 7 pestanas. A pálpebra de abaixo mide de ancho 0,80 cm. e ten 4 pestanas. A parte frontal está pintada de vermello e na pálpebra de abaixo sobresae a pintura 2,20 cm.
O ollo esquerdo mide de longo 5,10 cm. De alto mide 3,40 cm. O burato mide de longo 4,30 cm. e de alto mide 2,70 cm. A pálpebra de arriba mide de ancho 0,70 cm. e ten 7 pestanas. A pálpebra de abaixo mide de ancho 0,80 cm. ten 4 pestanas. A separación dos ollos mide 1,60 cm.

AS CELLAS.
Están pintadas de negro polo perímetro do ollo. A cella dereita mide de longo 7,80 cm. De ancha no medio mide 0,40 cm. A distancia ao ollo é de 0,70 cm.
A cella dereita mide de longo 7,90 cm. De ancha no medio mide 0,40 cm. A distancia ao ollo é de 0,70 cm. A separación entre elas é de 1,10 cm.
O CORNO.
O rizo é de tipo Julio Villarino (Tipo primitivo). As medidas do corno son:
Dende o punto máis alto ao pano de debaixo das orellas mide 33 cm. O longo do faldón dende debaixo das orellas mide 26,50 cm. O ancho da parte media dende a punta do rizo mide 40 cm. O rizo mide de ancho 10cm. de alto, ata a volta mide 7 cm. e ata o alto do corno mide 19,50 cm.
O bordo é de cor branco. Ten de media entre 2 cm. e 2,50 cm. No faldón por riba do pano mide de alto 3 cm. e de lado posterior do corno 4,50 cm. Detrás das orellas mide entre 2 cm. e 3 cm. Non ten corte. O triángulo por riba da cara mide de lado 8 cm. e de base mide 5,50 cm.
As orellas teñen as seguintes medidas e cores:
|
DEREITA |
ALTO |
ANCHO |
ESQUERDA |
ALTO |
ANCHO |
|
|
Corno |
4,60 cm. |
2,70 cm. |
Corno |
4,40 cm. |
3 cm. |
|
|
Media |
2,70 cm. |
2,70 cm.-3,80 cm. |
Media |
3,90 cm. |
3,90 cm.-4 cm. |
|
|
Vermello |
0,20 cm. |
3,60 cm. |
Vermello |
0,30 cm. |
3,60 cm. |
|
|
Fondo |
0,20 cm. |
Fondo |
0,10 cm. |
|||
|
Negro |
0,20 cm. |
3,70 cm. |
Negro |
0,30 cm. |
3,70 cm. |
|
|
Fondo |
0,20 cm. |
Fondo |
0,10 cm.-0,20 cm. |
|||
|
Vermello |
0,20 cm. |
3,60 cm. |
Vermello |
0,20 cm. |
3,60 cm. |
|
|
Media |
3 cm. |
4,10 cm.-4,60 cm. |
Media |
3 cm. |
4 cm.-4,70 cm. |
|
|
Vermello |
0,20 cm.-0,30 cm. |
4,30 cm. |
Vermello |
0,30 cm. |
4,30 cm. |
|
|
Fondo |
0,20 cm. |
Fondo |
0,20 cm. |
|||
|
Negro |
0,20 cm. |
4,40 cm. |
Negro |
0,20 cm. |
4,40 cm. |
|
|
Fondo |
0,20 cm. |
Fondo |
0,30 cm. |
|||
|
Vermello |
0,20 cm. |
4,30 cm. |
Vermello |
0,20 cm. |
4,50 cm. |
|
|
Media |
1,80 cm. cara-2,30 cm. corno-3,70 cm. medio. |
4,90 cm. |
Media |
2,20 cm. cara-1,70 cm. corno-3,50 cm. medio. |
5,10 cm. |
|
|
Base |
4,70 cm. cara-5 cm. corno-3,30 cm. medio. |
4,80 cm.-5 cm. |
Base |
4 cm. cara-5 cm. corno-3 cm. medio. |
5,10 cm.-4,70 cm. |
MEDIA DEREITA ARRIBA. As medias presentan as seguintes filas con puntiños e cores. A primeira empezando por arriba ten 4 puntiños vermellos. Por debaixo 3 puntiños negros. Debaixo desta 2 puntiños vermellos, 1 puntiño negro, 1 puntiño vermello e 1 puntiño negro. Debaixo 3 puntiños negros. A última ten 4 puntiños vermellos
MEDIA DEREITA CENTRO. A primeira fila empezando por arriba: 3 puntiños vermellos. Debaixo 3 puntiños negros. Por debaixo a serie: 1 vermello, 1 negro, 1 vermello, 1 negro, 1 vermello e 1 negro. A fila de abaixo a serie: 1 negro, 1 vermello, 1 negro, 1 vermello, 1 negro e 1 vermello.
MEDIA DEREITA ABAIXO. A primeira fila empezando por arriba a serie: 1 negro, 1 vermello, 1 negro, 1 vermello, 1 negro e 1 vermello. Por debaixo a serie: 1 vermello, 1 negro, 1 vermello, 1 negro, 1 vermello e 1 negro. A fila de abaixo a serie: 1 vermello, 1 negro, 1 vermello, 1 negro e 1 vermello.
MEDIA ESQUERDA ARRIBA. As medias presentan as seguintes filas con puntiños e cores. A primeira empezando ten a seguinte serie: 1 vermello, 1 negro, 1 vermello, 1 negro e 1 vermello. Por debaixo: 1 negro, 1 vermello, 1 vermello e 1 negro. Na fila de abaixo: 1 vermello, 1 negro, 1 vermello, 1 negro e 1 vermello.
MEDIA ESQUERDA CENTRO. A primeira fila empezando por arriba a serie: 1 vermello, 1 negro, 1 vermello, 1 negro e 1 vermello. Por debaixo: 1 negro, 1 vermello, 1 negro, 1 vermello e 1 negro. A fila de abaixo a serie: 1 vermello, 1 negro, 1 vermello, 1 negro e 1 vermello.
MEDIA ESQUERDA ABAIXO. A primeira fila empezando por arriba a serie: 1 vermello, 1 negro, 1 vermello, 1 negro e 1 vermello. Por debaixo: 1 negro, 1 vermello, 1 negro, 1 vermello e 1 negro. Por debaixo: 1 vermello, 1 negro, 1 vermello, 1 negro e 1 vermello. A última fila 2 negros.

LADO DEREITO
O fondo é de cor negro. Hai varios motivos celestes. Na parte inferior cara a dereita temos dous planetas con grandes cráteres. O de abaixo é de cor vermella-laranxa-amarelo e branco. Ten un diámetro de 10,30 cm. Por riba del temos un planeta de cor azul oscuro e claro con cráteres de cor negro. O diámetro mide 10,60 cm. Por riba dos planetas e cara o centro do corno temos unha nebulosa de cores violeta, amarelo, rosa e branco. Na parte inferior esquerda da nebulosa temos unha estrela de 8 puntas de cor verde e amarelo. A estrela esta feita de puntiños de cor branco. Saíndo do centro todos teñen 9 puntiños menos o que está na horizontal esquerda que ten 7 puntiños. O raio que está en vertical mide 5,60 cm. O que está en horizontal mide 4,50 cm. O que está en diagonal esquerda arriba e dereita abaixo mide 4,30 cm. O diagonal de dereita arriba e esquerda abaixo mide 4,20 cm. Na parte superior da nebulosa temos outra estrela de 8 raios que como vimos na estrela anterior está formados por puntiños de cor branco. A vertical mide 4,50 cm. e dende o centro ten 5 puntiños brancos tanto para arriba como para abaixo. O horzontal mide 3,70 cm. O lado dereito ten 6 puntiños brancos e o esquerdo ten 7 puntiños brancos. A lateral esquerda arriba e dereita abaixo mide 4,50 cm. e no lado da esquerda ten 6 puntiños brancos e no lado dereito 7 puntiños brancos. A lateral dereita arriba e esqueda abaixo mide 3,70 cm. e no lado da esquerda ten 6 puntiños de cor branco e no lado dereito ten 7 puntiños brancos. No rizo hai unha estrela de cor branca de 8 raios. A vertical mide 5,80 cm. e dende o centro ten 7 puntiños brancos na parte de arriba e 6 puntiños brancos na parte de abaixo. O horzontal mide 4,30 cm. O lado dereito ten 5 puntiños brancos e o esquerdo ten 3 puntiños brancos. A lateral esquerda arriba e dereita abaixo mide 4,30 cm. e no lado da esquerda ten 9 puntiños brancos e no lado dereito 4 puntiños brancos. A lateral dereita arriba e esqueda abaixo mide 3,30 cm. e no lado da esquerda ten 6 puntiños de cor branco e no lado dereito ten 5 puntiños brancos. Por todo o corno lindando co bordo e entre os planetasa temos puntiños de cor branco e amarelo.

LADO ESQUERDO
O fondo é de dor negro. Hai varios motivos celestes. Na parte central temos dúas estrelas de 8 puntas formadas por triángulos. Teñen de fondo unha nebulosa de cor branco e verde. A estrela da esquera é de cor branco, amarelo, vermello e marrón. De cada brazo sae unha ringleira de puntiños de cor branco. No centro un círculo de 1,76 cm. de diámetro. O brazo vertical de arriba do centro mide de longo 2,80 cm. e ten 18 puntiños brancos. O brazo que está inmediatamente á dereita mide de longo 2,80 cm. e ten 16 puntiños brancos. O brazo horizontal dereito mide de longo 2,80 cm. e ten 16 puntiños brancos. O brazo que está debaixo mide de longo 2,10 cm. e ten 8 puntiños brancos. O brazo vertical de abaixo mide de longo 2,60 cm. e ten 8 puntiños brancos. O brazo que está a súa esquerda mide de longo 2,60 cm. e ten 3 puntiños brancos. O brazo horizontal da parte esquerda mide de longo 2,90 cm. e ten 7 puntiños brancos. Por último e por riba deste hai un brazo que mide de longo 2,30 cm. e ten 14 puntiños brancos.
A estrela da dereita é de cor branco e amarelo. De cada brazo sae unha ringleira de puntiños de cor branco. O brazo vertical de arriba do centro mide de longo 1,40 cm. e ten 14 puntiños brancos. O brazo que está inmediatamente á dereita mide de longo 2,10 cm. e ten puntiños 13 brancos. O brazo horizontal dereito mide de longo 1,60 cm. e ten 13 puntiños brancos. O brazo que está debaixo mide de longo 3,30 cm. e ten 10 puntiños brancos. O brazo vertical de abaixo mide de longo 1,60 cm. e ten 11 puntiños brancos. O brazo que está a súa esquerda mide de longo 2,90 cm. e ten 9 puntiños brancos. O brazo horizontal da parte esquerda mide de longo 2,80 cm. e ten 12 puntiños brancos. Por último e por riba deste hai un brazo que mide de longo 1,60 cm. e ten 18 puntiños brancos.
Cara o rizo temos 2 figuras celestes. Un planeta con cráteres de cor vermello, rosa e branco. De diámetro mide 4,90 cm. Da parte de atrás do planeta e en dirección das estrelas temos un cometa de cor vermello e amarelo cunha grande cola. O diámetro do cometa mide 1,90 cm. A cola vai disminuindo de tamaño cun ancho máximo de 1,80 cm. e un mínimo de 0,20 cm. De longo mide 21 cm. No rizo hai unha estrela en espiral con oito brazos feitos con puntiños brancos, no centro un punto máis grande de 0,80 cm. O brazo vertical de arriba do centro mide de longo 2,80 cm. e ten 8 puntiños brancos. O brazo que está inmediatamente á dereita mide de longo 1,40 cm. e ten puntiños 5 brancos. O brazo horizontal dereito mide de longo 2,10 cm. e ten 8 puntiños brancos. O brazo que está debaixo mide de longo 1,50 cm. e ten 7 puntiños brancos. O brazo vertical de abaixo mide de longo 2,60 cm. e ten 9 puntiños brancos. O brazo que está a súa esquerda mide de longo 1,60 cm. e ten 7 puntiños brancos. O brazo horizontal da parte esquerda mide de longo 2 cm. e ten 9 puntiños brancos. Por último e por riba deste hai un brazo que mide de longo 1,60 cm. e ten 6 puntiños brancos. Rodeando todo o conxunto e lindando co bordo hai puntiños brancos e amarelos. Neste lado temos a firma de Juan que leva usando toda a vida. O nome mide de longo 2,60 cm. e de alto 0,80 cm. menos a J que mide de alta 1,20 cm.

O Pano é de cor vermello. Mide de longo 52 cm. e de ancho mide 59 cm. Está aserrado na parte inferior con grandes dentes que miden de lado 9 cm. e de base mide 7,50 cm. O picado son 7 series de rombos en vertical de entre 0,50 cm. e 0,80 cm. de lado. Estes rombos saen dende cada punta de triángulo aserrado que hai no fondo da tea.
A Pantalla pesa 601 gr.

