PANTALLA FEITA POR FELISINDO LORENZO OTERO (SINDO MANATAS) NO ANO 2002.
A Sindo venlle de familia o ser artesán de Pantallas. O seu irmao Celso tamén facía Pantallas (Artigo Pantalla feita por Celso Lorenzo (Manatas) para Ángela Morán). Aprenderon de Rafael Laso Losada que é seu parente (Pantalla de José Manuel Lorenzo Rodríguez feita polo seu padriño Rafael Laso Losada). O meu compañeiro de Pantalla, sobriño de Sindo que se chama Pepe, leva toda a vida poñendo unha máscara de Sindo. Non fixo moitas pero as que fixo aguantan ben.

A PANTALLA
A Pantalla ten a cara redondeada. Un modelo polo que teño predilección porque foi o modelo das miñas primeiras Panallas. Esta Pantalla presenta algunha innovación que non resistiu o paso do tempo. Sindo quixo experimentar nalgunha das partes da Pantallas para ser novedoso. Sobre todo destaca a forma das orellas, onde alonga a base miotísimo. Non teño visto este modelo de orella en ningunha outra Pantalla. O camiño que leva a máscara vai aportando elementos que o tempo vai eliminando ou incorporando.
A Pantalla é de xaneiro de 2002 e foi feita para Pablo García, e o Pablo quería que o floco fose de cor branco, así aparece anotado na parte interior do corno da Pantalla.

PATILLA ESQUERDA.
Dende a base da orella sae unha correa que mide de longo 3 cm. De alto mide no lado da orella 1,70 cm. e no lado da patilla mide 1,80 cm. A patilla mide de longo 7 cm. De alta mide 5,10 cm. A patilla está inclinada cara atrás. De alta mide do lado da barba do queixo 1,10 cm. De longo a pequena correa ondulada mide 1.30 cm.
BARBA DO QUEIXO.
De longo mide 8,20 cm. e de alta dende o floco mide 3,70 cm.
O perímetro da cara mide 31,50 cm. e da fronte ao queixo mide 22 cm.
A BARBA.
A barba é de cor negra. Dende a base das orellas sae unha correa que chega ata a patilla. As patillas están pintadas cara atrás e cubren boa parte do lateral da cara.
PATILLA DEREITA.
Dende a base da orella sae unha correa que mide de longo 2,80 cm. De alto mide no lado da orella 1,90 cm. e o lado da patilla mide 1,70 cm. A patilla mide de longo 7,40 cm. e de alta mide 5,10 cm. A patilla está inclinada cara atrás. De alta mide do lado da barba do queixo 1 cm. De longo a pequena correa ondulada mide 1.30 cm.

A BOCA.
É de cor vermella e sobresae lixeiramente a pintura dos labios. De longo mide 6,70 cm. e de alta con pintura mide 1,10 cm. O burato de longo mide 3,40 cm. e de alto mide 0,40 cm. Sobresae a pintura do labio de abaixo entre 0,10 cm. e 0,20 cm. O labio de arriba ten de ancho 0,80 cm. e o labio de abaixo ten un ancho de 0,70 cm. A distancia da boca á barba é de 4,10 cm., ao floco é de 8 cm. e ata o fondo é de 11 cm.
O BIGOTE.
Está pintado de cor negro en dous tramos. O tramo dereito mide de longo 4,30 cm. No centro é máis ancho e cara a punta faise máis estreito. No centro mide de ancho 0,70 cm. e na punta mide 0,20 cm. O tramo esquerdo mide de longo 4,30 cm. e no centro mide de ancho 0,70 cm. e na punta 0,20 cm. A separación entre ambos é de 0,30 cm. De longo de punta a punta mide 8,90 cm. A separación da boca é de 0,20 cm. e do nariz está a 0,20 cm.
OS COLORETES.
Son vermellos. O colorete dereito ten de diámetro 0,70 cm. e o colorete esquerdo ten de diámetro 0,80 cm. A separación entre ambos é de 5,10 cm. A separación da base do nariz do colorete dereito é de 2,10 cm. e do ollo está a 1,80 cm. A separación da base do nariz do colorete esquerdo é de 2,10 cm. e do ollo está a 1,80 cm.


O NARIZ.
O nariz é triangular dun só burato. De longo mide 4,40 cm. De alto mide 1,80 cm. De ancho mide na base 2,60 cm. O burato de ancho mide 1,20 cm. e de alto mide 1 cm. De groso o feltro e o papel mide 0,60 cm. Na punta do nariz mide 0,60 cm. A parte frontal do nariz está pintada de vermello.
AS ORELLAS.
Están feitas de feltro, cosidas ao corno e a cara vanse adaptando á forma da cara. Cando chegan a metade do ollo sepáranse e o que sobra crea o corno de orella que está en diagonal. A punta do corno das orellas buscan o rizo. A base é novedosa porque ainda que sigue máis ou menos a liña da correa da barba continúa cara a parte do corno en forma de cuña. Monta sobre o corno ao que vai pegado e cando se cose o pano queda máis seguro o conxunto.
OS OLLOS.
O ollo dereito mide de longo 4,90 cm. coa pintura. De alto mide 3,50 cm. O burato mide de longo 3,30 cm. e de alto mide 2,40 cm. A pálpebra de arriba mide de ancho 0,90 cm. e ten 9 pestanas. Está pintada de vermello na parte frontal. A pálpebra de abaixo mide de ancho 0,80 cm. e non ten pestanas.
O ollo esquerdo mide de longo 4,80 cm. De alto mide 3,30 cm. O burato mide de longo 3,20 cm. e de alto mide 2,40 cm. A pálpebra de arriba mide de ancho 0,80 cm. e ten 8 pestanas. Está pintada de vermello na parte frontal. A pálpebra de abaixo mide de ancho 0,80 cm. e non ten pestanas. A separación dos ollos mide 2,50 cm.

AS CELLAS.
Están pintadas de negro polo perímetro do ollo. No centro son máis anchas e van reducindo o tamaño cara as puntas. A cella dereita mide de longo 7,90 cm. De ancha no medio mide 0,80 cm. e na punta mide 0,20 cm. A distancia ao ollo é de 0,20 cm.
A cella dereita mide de longo 7,50 cm. De ancha no medio mide 0,80 cm. e na punta mide 0,20 cm. A distancia ao ollo é de 0,20 cm. A separación entre elas é de 1 cm.
O CORNO.
O rizo é de tipo antigo un pouco máis estilizado. As medidas do corno son:
Dende o punto máis alto ao pano de debaixo das orellas mide 29 cm. O longo do faldón dende debaixo das orellas mide 20,50 cm. O ancho da parte media dende a punta do rizo mide 42 cm. O rizo mide de ancho 6,50 cm. de alto, ata a volta mide 8 cm. e ata o alto do corno mide 19 cm.
O bordo é de cor prateado. Ten de media entre 1 cm. e 1,50 cm. No faldón por riba do pano mide 4,50 cm. Detrás das orellas mide 2,30 cm. O corte mide de base 10 cm. e de lado mide 11 cm. ao pano e 12,70 cm. ao fondo. O triángulo por riba da cara mide de lado 13,30 cm. e de base mide 11 cm. Por dentro o triángulo está pintado de cor negro con puntiños de cor prateado. Este triángulo interior mide de base 8 cm. e de lado 10,40 cm. O bordo do triángulo mide 1,40 cm.
Os galóns das orellas son:
|
DEREITA |
ALTO |
ANCHO |
ESQUERDA |
ALTO |
ANCHO |
|
|
Corno |
2,70 cm. – 5,70 cm. |
2,30 cm. |
Corno |
2,70 cm. – 5,70 cm. |
2 cm. |
|
|
Vermello |
0,30 cm. |
3,30 cm. en diagonal |
Vermello |
0,30 cm. |
3,70 en diagonal. |
|
|
Media |
3,80 cm. – 5,20 cm. |
3 cm. – 3,70 cm. |
Media |
2,60 cm. – 5,10 cm. |
3 cm. – 3,50 cm. |
|
|
Vermello |
0,30 cm. |
3,60 cm. |
Vermello |
0,30 cm. |
3,40 cm. |
|
|
Media |
3,10 cm. |
3,90 cm – 4,30 cm. |
Media |
3 cm. |
3,50 cm. – 4 cm. |
|
|
Vermello |
0,40 cm. |
4,40 cm. |
Vermello |
0,40 cm. |
4,20 cm. |
|
|
Base |
1,90 cm. ao floco |
4,40 cm. e en punta. |
Base |
1,80 cm. ao floco. |
4,10 cm. e en punta. |
Na orella dereita a cuña que forma a base da orella mide 7,70 cm. ata o pano e por debaixo do corno chega a 9 cm. Na orella dereita mide 9,10 cm. a distancia da base da orella ata o pano e por debaixo do corno chega a 10,40 cm.
A media dereita arriba ten a seguinte serie de puntiños: 4 de cor negro en diagonal, 4 de cor verde en diagonal, 5 de cor vermello lixeiramente en diagonal, 3 de cor verde e 4 de cor negro.
A media dereita abaixo ten a seguinte serie de puntiños: 5 de cor negro, 4 de cor verde, 5 de cor vermello, 4 de cor verde e 6 de cor negro.
A media esquerda arriba ten a seguinte serie de puntiños: 5 de cor negro en diagonal, 4 de cor verde en diagonal, 5 de cor vermello lixeiramente en diagonal, 3 de cor verde e 4 de cor negro.
A media esquerda abaixo ten a seguinte serie de puntiños: 4 de cor negro, 3 de cor verde, 4 de cor vermello, 4 de cor verde e 5 de cor negro.

LADO DEREITO
O fondo é negro. Por todo o fondo hai puntiños moi pequenos prateados, feitos coa punta do pincel. O motivo principal é unha estrela de 6 puntas de cor dourado. Ten a metade dos lados pintados de dourado e outra metade aproveita o negro do fondo. De punta a punta mide 14 cm. O ancho da parte media do lado mide 1,70 cm. Á esquerda desta estrela temos unha pequena estrela de cor verde de 5 puntas que mide de punta a punta 4,30 cm. Por riba das estrela dourada e cara a esquerda temos unha estrela de cor azul de 5 puntas que mide de punta a punta 4,70 cm. Á dereita da estrela zul temos unha estrela de 5 puntas de cor amarela que mide de punta a punta 4,60 cm. Por riba delas e case no rizo temos un cometa con 3 colas. É de cor branco cun bordo de cor vermella. A cabeza do cometa mide de longo 3,80 cm. e de alta 2,40 cm. A primeira das colas do cometa empezando por arriba mide de longa 13 cm. e de ancha no medio mide 0,90 cm. A segunda das colas, a do medio, mide de longo 12 cm. e de ancha na parte media mide 1,10 cm. A cola de abaixo mide de longo 9,50 cm. e de ancha na parte media 0,80 cm. No rizo hai unha estrela de 5 puntas de cor dourado que mide de punta a punta 4,20 cm.

LADO ESQUERDO
O fondo é negro. Por todo o fondo hai puntiños moi pequenos prateados, feitos coa punta do pincel. O motivo principal é unha estrela de 6 puntas de cor dourado. Ten a metade dos lados pintados de dourado e outra metade aproveita o negro do fondo. De punta a punta mide 14 cm. O ancho da parte media do lado mide 1,70 cm. Á dereita desta estrela temos unha pequena estrela de cor verde de 5 puntas que mide de punta a punta 4,50 cm. Por riba da estrela dourada e cara a esquerda temos unha estrela de cor azul de 5 puntas que mide de punta a punta 4,50 cm. Á esquerda da estrela zul temos unha estrela de 5 puntas de cor amarela que mide de punta a punta 4,80 cm. Por riba delas e case no rizo temos un cometa con 3 colas. É de cor branco cun bordo de cor vermella. A cabeza do cometa mide de longo 3,60 cm. e de alta 2,50 cm. A primeira das colas do cometa empezando por arriba mide de longa 11,30 cm. e de ancha no medio mide 0,90 cm. A segunda das colas, a do medio, mide de longo 13,50 cm. e de ancha na parte media mide 0,80 cm. A cola de abaixo mide de longo 8,80 cm. e de ancha na parte media 0,70 cm. No rizo hai unha estrela de 5 puntas de cor dourado que mide de punta a punta 4,20 cm.

O pano é de cor veremello. De longo mide 49,40 cm. e de ancho 90 cm. Está aserrado pola parte inferior que forman grandes triángulos que teñen de lado 6 cm. e de base entre 3 cm. e 4 cm. O picado está feito con tres filas de rombos de 1 cm. de lado. A primeira fila que é a máis próxima ao corno ten 26 rombos. A do medio ten 26 rombos e a de abaixo de todo ten 25 rombos. A primeira fila, a de arriba está a unha distancia do corno de 10 cm. A do medio está a 10 cm. da primeira e a de abaixo está a 9 cm. da do medio.
A Pantalla pesa 648 gr.
Foto do corte do sombreiro e do triángulo que vai por riba da cara.

Foto da extensión da orella vista dende a parte de abaixo do fondo do corno.

Foto do zurcido na parte interior do corno onde vai cosido o pano, o corno e a extensión da orella.
