UN CINTO DE PANTALLA (1910 A 1979)

O cinto que levou Eligio Suárez, en tempos, a mellor Pantalla de Xinzo.


Este comentario, o da mellor Pantalla de Xinzo, ven de dúas mulleres que o coñeceron e que o afirmaron categoricamente. Carmiña López e Majoca coincidiron nesta afirmación cando as entrevistamos en A Palleira do Gude o día 22 de abril 2025. Posiblemente bailaría a Pantalla moi ben,destacando a súa elegancia e a súa actitude coa máscara deixou pegada nas persoas que o coñeceron.

Despois o cinto pasou ao fillo de Eligio, Enrique Suárez Gómez (Quique de Barcelona nado no ano 1935) e usouno os anos que puido disfrutar da Pantalla polas rúas de Xinzo de Limia. Quique puxoo intermitentemente porque estivo emigrado en Sudamérica e finalmente en Barcelona.

O CINTO

O espíritu entroideiro de Quique nunca minguou e cando podía regresaba a Xinzo para gozar do entroido. O seu amor pola máscara levouno a facer Pantallas que enviaba en autobus dende Barcelona para que se venderan en Xinzo. (Artigo do 17 de novembro de 2024 nesta mesma páxina web).

O cinto por herdanza pasou a José Gómez. Na actualidade o cinto segue en uso. Pablo Gómez (fillo de José) sae de Pantalla co cinto. (Tamén coa fermosa capa de Quique.) Que maior homenaxe se lle pode dar a este cinto que continuar soando polas rúas de Xinzo.

Polo que recordo e polo que nos van contando, Quique era unha personaxe moi especial no entroido de Xinzo de Limia. Tiña o carácter dunha desas persoas que viven e fan vivir o entroido dunha maneira única, noutras palabras, era un auténtico Entroideiro. 

O cinto é de coiro natural de 1 metro de longo (Seguramente renovado). Ten un ancho de 5 cm. Na parte superior e na inferior ten un reforzo de 1,50 cm. que cubre todo o cinto.

O cinto, a diferencia dos cintos actuais, só ten axóuxeres de diversos tamaños. O tamaño dos axóuxeres ven determinado por uns números que teñen gravados. A númeración vai dende o número 5 ata o número 8.


Na parte de arriba do cinto e sobre o reforzo hai uns buratos dos que colgan duns aramios 16 axóuxeres. Contando dende a fibela teriamos os seguintes números dos tamaños dos axóuxeres: 6-9-7-6-5-8-4-8-4-7-8-8-8-5-?-7. A separación dos buratos aos que están amarrados está entre os 3,10 cm. e os 5,50 cm.

Na parte de abaixo do cinto e tamén sobre o reforzo hai uns buratos dos que colgan duns aramios 21 axóuxeres. Contando dende a fibela teriamos os seguintes nùmeros dos tamaños dos axóuxeres: 5-8-5-7-3-8-5-7-5-7-?-8-7-8-7-8-7-8-7-6-5. A separación dos buratos aos que están amarrados está entre os 3,10 cm. e os 4,20 cm.xto

En total temos 37 axóuxeres que polos números que teñen gravados miden de diámetro: os do número 5 miden 2,90 cm., os do número 6 miden 3,20 cm., os do número 7 miden 3,40 cm., os do número 8 miden 3,40 cm. e os do número 9 miden 3,70 cm.

No cinto do número 5 temos 10 axóuxeres. Do número 6 temos 3 axóuxeres. Do número 7 temos 10 axóuxeres. Do número 8 temos 11 axóuxeres. Do número 9 temos 1 axóuxer. Hai dous axóuxeres que non teñen número.

Os axóuxeres están amarrados cun aramio que pasa polo burato do axóuxer e por un único burato do cinto e tamén polo burato dunha arandela metálica en 22 ocasións.

En outras 15 vai amarrado a unha peza de coiro. A arandela mide de diámetro 2,50 cm. e o coiro mide 1,90 cm. por 2,20 cm. aproximademante.

Na fibela o coiro que dá a volta cara a parte de atras está amarrado con dous remaches. O ancho do coiro da parte de atrás é de 3,80 cm.

A punta da fibela mide 3,10 cm. de longo e 0,30 cm. de ancho. A parte do exterior fai un cadrado metálico que en diagonal mide 9 cm. e como ten ondulacións de ancho mide entre 1 cm. e os 1,30 cm.

A fibela mide de ancha 7,20 cm. e de longa mide 5,80 cm. A punta mide 3,80 cm. Ten dous buratos, o grande mide 4,90 cm. de ancho e 2,50 cm. de longo. O burato pequeno mide 4,90 cm. de ancho e 0,80 cm. de longo.

O cinto polo parte de atrás ten escrito: 1910=al=1979. Estas datas danos a antigüidade do cinto e a importancia que ten para os que amamos a Pantalla.

O cinto tamén ten pola parte de atrás as iniciais do nome de Enrique Suárez Gómez.

O cinto pesa 1495 gr.

Fotografía feita por Isaura Caramés onde podemos ver a Justo Gude con Pablo Gómez de Pantalla. Pablo leva posto o cinto do estudo xunto cun cinto de campás. A foto foi sacada no entroido do ano 2025 no Barrio de Abaixo de Xinzo de Limia. (Grazas a Isaura e a Gude polo préstamo da foto).

Agradecementos

O meu especial agradecemento a Pepe Gómez e ao seu fillo Pablo por prestarnos esta xoia e outras que trouxeron para que podamos gozar delas e facer que todos coñezamos un pouco máis a historia do noso entroido. Parabéns aos dous por seguir coa tradición que vos chegou por herdanza.
Grazas por sacar á rúa este fermoso cinto e a marabilla da capa tan sentimentalmente importante para vós e fundamentais para o coñecemento da nosa máscara.
Grazas de corazón.

Scroll ao inicio