Xa fai un mangado de anos que teño este Testamento de Cortegada. Máis anos ten o testamento que está datado o 17 de Febreiro de 1947. Cortegada pertence ao Concello de Sarreaus na Limia.
Como en todos os testamentos entroideiros vaise a producir a morte dun animal e neste caso non se reparten as partes do animal entre os veciños da aldea. Vaise facer unha sátira dunha matanza cambiando o porco por un can. O pobre do can promete un día de fartura para todos os veciños da aldea cando daquelas os únicos cans que estaban gordos eran os que cebaban, uns meses, para facer as molidas das vacas. Cando o queren asar no forno comunal todo se torce porque traen un carro de xestas e non de leña. Non dan quentado o forno e o can non se fai. Todo é unha comedia.
Penso que o testamento non fai reparto das partes do animal entre os veciños porque son os anos da longa noite de pedra que foron moi difíciles. Unha delación porque un veciño se sentise atacado, comicamente atacado, podía traer moitos problemas.
Na primeira parte falan do intento de fusilamento dun preso. Aínda está moi próxima a Guerra Civil e o recordo das barbaridades que se cometeron. No final emprega uns versos en castelán e galego para pedir disculpas antes da despedida. O último cuarteto é claramente un recordo da proximidade da guerra.
Aparecen nomeados moitos veciños e veciñas da aldea polo nome e apelido ou polo alcume.
Escuchen señores todos
e estien con moito atento
que vamos a dar principio
a un nuevo testamento.
Eu funvos hoxe a Folgoso
e pasei pola Lamela
pasou un caso en Meilás
que vos fai temblar a terra.
Eu xa fun a Rebordondo
pasei por Vilar de Cas
agora imos descubrir
os criminais de Meilás.
Nós vimos de Cortegada
pasamos polo Tintelo
os que fixeron o crimen
foron os mozos do pueblo.
Ténsevos por moi valientes
os mozuelos diste pueblo
que se vos xuntaron todos
para matar a un prisioneiro.
Todos estos sonvos casos
que pasan no carnaval
a casa do Venediuto
foivos feita para penal.
Nesta casa compañeiros
todos temos unha pedra
se caimos prisioneiros
temos que vir para ela.
A casa do Venediuto
sabedes que é o penal
e despois a do Ribeiro
o cuartel da Guardia Rual.
Hai dous guardas no cuartel
ao mando estavos un cabo
e tamén hai un coronel
que xa vos está retirado.
Andan os guardias de servicios
sempre ten que estar de pé
os números son os dous novos
e a cabo ascendeu o Xosé.
E o que máis vos ten que ver
este vello coronel
e para non vos ir máis lonxe
é o seu pai Manuel.
Andabavos de servicio
toda esta Guardia Rual
e encontraron un señor
con documentación legal.
Colleron iste paisano
e empezaron a apuntalo
siga dediante de nós
que vai ser fusilado.
Chegaron co homiño preso
meterono no cuartel
e sen deterse máis
deron parte o coronel.
Presentouse o coronel
parecen catro leones
venga berraco de mierda
presente las documentaciones.
Están os catro anotando
saltaban como toreros
a documentación que traigo
teñoa no forro dos huevos.
O caso estavos moi negro
que non o acordan os nados
o oir estas palabras
puxeronse envenedados.
Antes do mes de xaneiro
évos o mes de natal
deu orden o coronel
de pasalo pro penal.
Entrou o cabo para dentro
iste home eiquí está mal
e sin deterse máis nada
conducilo pro penal.
Iba o pobriño do home
parecía un ante Cristo
o direutor do penal
évos o tío Venediuto.
Entonces o tío Venediuto
hai pouco que veu do norte
o día once de febrero
leulle a sentenza de morte.
Logo veu o coronel
viña pisando moi forte
o home haino que matar
a vista de toda a xente.
Está a xente toda xunta
empezou a protestar
non pertence matalo
o corpo da Guardia Rual.
A xente estaba moi triste
e empezaba a escapar
e ordeou o coronel
que mate o militar.

Estaban na Compañía
e tocaban a formar
haber si hai un voluntario
que o queira fusilar.
O vintecatro de agosto
e o San Berto Lameu
e verrou o Gabriel
que o fusila son eu.
E nesto díxolle o Raia
Oh! ben atrevido és tu
puxolle o revolver o ollo
e deulle no cú.
Baixou a tía Manuela
viña comendo no pan
pensaches matar un home
e matasteme o meu can.
E nisto dixo a Rosalía
viña cun mangado de herba
ven gordo debía estar
tiñas dous meses de ceba.
Viña a Manuela da Juana
e filla da súa madre
se non vos parece mal
voulle aproveitar a sangre.
Quero faer as fillogas
que teño tantiño mel
pro martes de carnaval
que anda de antoxo o Fidel.
Durmiu día de San Blas fora
e non sei o que faría
hai que lle cumplir o gust
non vaia abortar unha cria.
As silveiras dan produto
tamén dan o caravel
onde mataron ao can
foi na horta do Fidel.
E chegou o Meresildo
home de moito saber
un can hai que aproveitalo
que non se pode perder.
Volve dicir o Meresildo
abotonando os botóns
nos anos que atravesamos
cómolle eu a capa da Dios.
Ven o Agustín e o Ousina
son dous mozos do millor
boa fartura imos ter
alabado sea o señor.
Estavos un caso triste
merece un entrediuto
levarono nunha escada
para a casa do Venediuto.
Os que quitaron a piel
foron o Domiro e o Ribeiro
o teren os cortes dados
púxose o can dereito.
Atentoulle a Juana o pulso
o estar o can tumbado
coñeceu que era veciña
e díxolle adeus co rabo.
Díxolle o Domiro á Juana
é un caso de demonios
a ti díxoche adeus co rabo
e a min mexoume nos ollos.
Xuntáronse dous matós
na miña vida os vin
non saben faguer a cueira
chamaron ao Pasparín.
Veu correndo o Pasparín
il come cun tenedor
calquera fai a cueir
hai que cortar de enrededor.
Nesto dixo o Pasparín
que é un home de entre os homes
daideme para eiquí a navall
carallo ben burros sodes.
E contestoulle o Capela
home de moito poder
tenche os collós moi arriba
e moi mala de faguer.
Entonces dixo o Domiro
hanos de ter bo lambelo
baixa pronto Rosalia
traenos pra eiquí o sabelo.
Chegou o Anxel Ribeiro
ven de acomodar as pitas
non te escapes Rosalía
que tes que estremar as tripas.
Colle a Rosalía as tripas
onde coño me porei
vouche faguer boa cousa
que nunca as estremei.
Chega a Anxela Ferriña
viña cun feixiño de herba
ten coidado Rosalía
a ver si vas faer merda

Cortegada
Ben apurada se viu
a pobre da Rosalía
ben tenriñas son as tripas
fixen merda de seguida.
Veixou o tio Venediuto
ten un andar que namora
o ver a merda nas tripas
saltoulle todo pra fora.
Dixo o tio Venediuto
e veciño do Ribeiro
quédame o corpo anoxado
para todo o mes de febreiro.
Levantouse a Rosalía
e marchouse para carreira
eu non estremo nas tripas
que veña a Xavel Cordeira.
Nesto chegou a Xavel
que é nativa de Meilás
eu non lle boto mau esto
nin por cuatro mil reas.
Estando nestas palabras
chegou alí a Dorinda
refuciuse ben nos brazos
e estremounas de seguida.
Veixou a Carmen Chanqueira
ela corriavos ben
colleu o estadullo na mau
vaia redeño que ten.
E volveu dicir a Carmen
arreglando no seu moño
cuestas grasas que quitastes
imolo arreglar de coño.
Entón dixo a Dolores
que na man trae un cuitelo
Oh que bos, nos imos por
con tanta carne no pueblo.
E nesto dixo a Otilia
moza de moito postín
pesa oitocentos quilos
coma o boi do Agustín.
Viña a Josefa de Juana
ela usa pantalóns
e quen revole este can
hai que polo en cuarterós.
Dixo a Maruja do Vicente
na mau leva un tenedor
tratai de guisar a carne
que xa non da bo olo
A Albina do Poulino
mociña moi veterana
que mal olor dá a carne
xa me fedeu na ventana.
A Xavel da tia Dominga
evos pior que os demonios
colle a corneta na mau
e avisou aos mozos todos.
Veixaron todos correndo
brincando como coellos
e o pobre do José Fortes
escaralloou os artellos.
E dixo a tía Manuela
ela ten color de brasa
sacaime daiqui o can
que xa me fede na casa.
E dixo o Manolo Bouzas
que xa viña do piorno
collermos o can as costas
e marchar con il pro forno.
Dixo o Jesús da Chanqueira
que é un guapo militar
non mo poñades as costas
porque me pode crebar.
O Manuel do Pasparín
é mozo moi varonil
botaimo a min as costas
que ben vos podo con il.
Os fillos do Pasparín
son dous irmaus moi valentes
aupa arriba Manuel
ou xa regañas os dentes.
Puxeronlle o can ao lombo
e parábase aos pouquiños
mismo onde o rego da auga
alí caiu de fuciños.
Chegou o Manolo Pio
viña vestido cun mono
a quen carallo llo botaste
que emborcallou o can todo.
Chegou alí o Gabriel
viña camiñando ao tolo
eu fun o que o matei
e heino de levar ao forno.
Chegou o Raia o forno
na mau traía un candil
podedesvos marchar todos
que eu me entenderei cun il.

Fonte de Cortegada
O Antonio do tío Pedro
viña aguzando a navalla
heime de fartar de carne
pola boa ou pola mala.
E contestou o Meresildo
mozo de moito postín
tu has de comer os osos
os que me sobren a min.
Entonces choraba o Antonio
e limpiabase cun pano
nunca me deixastes sin nada
e ideseme deixar iste ano.
E contestoulle o Benito
il e moi adonairado
tu agora xa non es mozo
vai rascar o carallo.
Nesto falou o Domiro
home de moitas razós
picai o can en talladas
e deixaivos de discusiós.
E contestou o Alsemiro
apróvoche eu a palabra
porque uns comena toda
e outros quedamos en nada.
Chegou o Manolo Pio
home de moitas razós
colleu a macheta na mau
e puxoa en cuarterós.
Dixo o Francisco Ribeiro
enrusquillando o bigote
se non nos cabe na artesa
imolo botando o pote.
E contestoulle o Raia
que o pon de cociñeiro
apura pouco la “virgen”
que quero fregar primeiro.
E volveu decir o Raia
que tamén gasta cadena
veñan talladas o pote
deixeino coma a patena.
Nesto díxolle o Bouzas
ten o nariz que lle vedes
plantaille lume o pote
ou que carallo faguedes.
Falou o Anxel Ribeiro
e caixe que caiu
non hai un guizo de leña
a cona que vos pariu.
Falou o Pepe o Poicas
viña de aguzar a rella
mecago na oiden puta
traigo eu un carro dela.
Volveu decir o Poicas
xa non me ligan as miñas
non me deu leña o Antonio
trouxen un carro de silvas.
Temos a leña no forno
Viva o San Berto Lameu
e pegou un berro o Bouzas
o fogueteiro son eu.
Dixo o Jesús da Chanqueira
é fillo da súa madre
apura pronto Manolo
xa non me teño coa fame.
Está o Bouzas desalmado
que xa botaba carallos
empeza a meter as silvas
coa forquita de tres gallos.
Chegou a Consuelo Sidra
presumindo de abanico
mite pouca leña tolo
que hai que facerlle o refrito.
Marchou a Consuelo a casa
é mociña moi aguda
chegou deseguida o forno
cun feixe grande de ruda.
Dixo o fillo da Camila
que lle chaman Gabriel
deixadeo pasar para dentro
que eí ven o pirixel.
Nesto dixo o Domiro
viña compondo na gorra
fáltanos un dente de allo
un pemento e a cebola.
Dixo o José Pasparín
e primo do Amadeu
abrime a porta merdas
xa vola fun buscar eu.
Entonces dixo o Ousinas
é tío da súa sobriña
abrime a porta me cago
daimede unha talladiña.
E nesto dixo o Bouzas
il sudaba como un negro
vulve porque eiquí máis tarde
inda as talladas non queceron.

Canastro de Cortegada
O valente Meresildo
viña todo recachado
dame Bouzas a forquita
que tu non das apurado.
Vaia pola Virxen Santa
xa pasou por Rebordondo
furouselle o pote os pobres
e apagouselle o lume todo.
Dixo o José Pasparín
todos entendedes mal
non dades guisado a carne
hasta o luns de carnaval.
Nesto falou o Benito
imos sair do inverno
parecemos os demonios
metendo leña o inferno.
Saíu o lambón do Bouzas
ca fame vou rabear
inda as talladas non queceron
xa empezaban de probar.
Dixo o gabacho do Bouzas
quere comprar unha mula
esta carne non vos sirve
porque lle botastes ruda.
Chegou a Pepiña o forno
trata a Consuelo de burra
vaia pirixel que trouxeches
que resultou ser ruda.
Saltan as mozas no forno
ruxindo na caravilla
tócate o nabo Consuelo
que estropeaches a comida.
Dixo o lambonciño do Bouzas
desta en blanco quedamos
despois de tanto traballo
vaia foda que levamos.
E nesto dixo o Domiro
mozo de moita razón
non nos serviu para comer
vouno levar para xabón.
Entón dixo o Gabriel
dúas balas fun gastar
pensei fartarvos de carne
non a podemos chincar.
E nesto chegou o Ribeiro
agarrado nunha caxata
imos ver si ten arreglo
vouvos meter eu a pata.
Daille o retrauto o Benito
mozo de moito saber
xa che lle fixemos nós
o que tu lle podes faguer.
Volveu decir o Ribeiro
e limpiabase cun pano
Dios me dia máis salud
para acompañarvos pro ano.
Adiós amigos de Meilás
canta o cuco no carballo
ídevos xuntando todos
para volver cebar pro ano.
Perdonen mozos e mozas
se algún lle parece pouco
que a xentiña diste pueblo
sempre lle quixemos moito.
Dios queira que de hoy en cien anos
descansemos todos en paz
y allí nos juntemos todos
en el campo de José Paz.
Si en algo vos ofendín
terán que me dispensar
que son casos do entroido
e tamén do Carnaval.
Con el sombrero en la mano
a todos os pido perdón
soy un hombre destemido
y también de corazón.
Regimiento muy alerta
compañeros atención
avasallar mis contrarios
y que avance la Legión.
FIN
CORTEGADA, 17 DE FEBREIRO DE 1947
Este testamento é outra mostra de que o entroido é e foi unha festa moi celebrada na Limia.