UN NOVO MODELO DE LUIS CORBILLÓN (Recoñecido)
Cando Carmen e Reme trouxeron esta Pantalla non tiñan moi claro quen era o artesán que a fixera pero nomearon ao Corbillón. Cando fun falar con Luis Corbillón para que me mostrara as súas Pantallas decateime que seguramente esta Pantalla fora feita por el. Fixen o traballo da Pantalla que me deixou Luis e levei esta para que me confirmara que saíra das súas mans. Cando a viu xa me dixo que era del e quedou un tempo mirando para ela e dándolle voltas facendo memoria e intentando recordar o momento e a persoa a quen lla fixera. Mostreille unha foto de Carmen e Reme e recoñeceunas. Caso pechado.

A PANTALLA
A Pantalla ten unhas características que a fai diferente. Unha gran barba, o bigote caído cara abaixo, ollos grandes e o corno pintado dunha nova maneira.

O perímetro da cara mide 21,50 cm. e da fronte ao queixo mide 19,50 cm.
A BARBA.
A barba é de cor negra. Sae dende a base das orellas. Ten dúas patillas e a barba do queixo.
BARBA DO LADO DEREITO.
Dende a orella mide de longa 7 cm. De alta dende o floco do lado da orella mide 2,40 cm. No medio mide de alta 4 cm. ata o floco. De alta do lado da barba do queixo mide 3,80 cm. ata o floco.
BARBA DO LADO ESQUERDO.
Dende a orella mide de longa 8,70 cm. De alta dende o floco do lado da orella mide 2,10cm. No medio mide de alta 4 cm. ata o floco. De alta do lado da barba do queixo mide 3,50 cm. ata o floco.
BARBA DO QUIEXO.
De longo mide 7,40 cm. De alta mide 5 cm. ata o floco.

A BOCA.
É de cor vermella. Sobresae a pintura dos labios. De longo coa pintura mide 6,30 cm. e de alta mide 1,50 cm. O burato de longo mide 4,60 cm. e de alto mide 0,80 cm. O labio de arriba ten de ancho 0,40 cm. e o labio de abaixo ten un ancho de 0,30 cm. A distancia da pintura da boca á barba é de 0,40 cm. ao floco é de 5,50 cm. e ata o fondo é de 6,50 cm.
O BIGOTE.
Está pintado en dous tramos coas puntas reviradas lixeiramente cara abaixo. O tramo dereito mide de longo 3,5 cm. e de ancho mide 0,50 cm. e non remata en punta. O tramo esquerdo mide de longo 3,20 cm. e de ancho mide 0,50 e non remata en punta. A separación entre ambos é de 1,10 cm. En total mide 7,40 cm. Un pouco menos da suma total pola caída cara abaixo das puntas. A separación á boca é de 0,40 cm. no centro, 0,30 cm. na punta dereita e a 0,20 cm. da punta esquerda. Está pegado ao nariz.
OS COLORETES.
Son vermellos. O colorete dereito ten de diámetro 2,10 cm. e o colorete esquerdo ten de diámetro de entre 1,80 cm. e 2,10 cm. A separación entre ambos é de 4,20 cm. A separación da base do nariz do colorete dereito é de 1,10 cm. e da pintura do ollo está a 0,80 cm. A separación da base do nariz do colorete esquerdo é de 1,10 cm. e da pintura do ollo está a 0,90 cm. A separación entre eles é de 4,20 cm.


O NARIZ.
O nariz é redondo dun só burato. De longo mide 3,20 cm. De alto mide 1,20 cm. De ancho mide na base 2,60 cm. O burato de ancho mide 1,10 cm. e de alto mide 0,60 cm. De groso o feltro e o papel mide 0,40 cm. e na punta 0,50 cm. A parte frontal do nariz está pintada de vermello.
AS ORELLAS.
Están feitas co feltro da aba do sobreiro con papel e engrudo. Están pegadas ao corno e nas puntas xa non conservan o papel.
OS OLLOS.
O ollo dereito mide de longo coa pintura 4,90 cm. De alto mide 3,40 cm. O burato mide de longo 4,20 cm. e de alto mide 2,90 cm. A pálpebra de arriba mide de ancho 0,40 cm. e non ten pestanas e a parte frontal está pintada de vermello. A pálpebra de abaixo mide de ancho 0,40 cm. e non ten pestanas.
O ollo esquerdo mide de longo 5,10 cm. De alto mide 3,40 cm. O burato mide de longo 4,10 cm. e de alto mide 2,90 cm. A pálpebra de arriba mide de ancho 0,40 cm. e ten a parte frontal pintada de vermello e non ten pestanas. A pálpebra de abaixo mide de ancho 0,40 cm. e non ten pestanas. A separación dos ollos mide 1,80 cm.

AS CELLAS.
Non ten cellas.
O CORNO.
As cellas son negras e están pintadas polo perímetro do ollo. Son anchas e non estreitan nas puntas. A cella dereita mide de longa 7,50 cm. e de ancha mide 1,40 cm. A distancia ao ollo é de 0,40 cm. A cella esquerda mide de longa 7,70 cm. e de ancha mide 1,50 cm. A distancia ao ollo é de 0,40 cm. A separación entre elas é de 1,30 cm.
O rizo é de modelo tradicional.
As medidas do corno son:
Dende o punto máis alto ao pano de debaixo das orellas mide 37 cm. O longo do faldón dende debaixo das orellas mide 16 cm. O ancho da parte media dende a punta do rizo mide 38 cm. O rizo mide de alto dende a volta 9 cm. e de ancho mide 10 cm. De alto ata o corno mide 18 cm.
O bordo é de cor negro. Ten de media entre 0,90 cm. e os 1,40 cm. No faldón e no corte fanse máis anchos. No lado dereito fai unha forma circular que vai dende os 3,50 cm. na parte máis baixa ata os 13,70 cm. No lado esquerdo a forma circular vai dende os 2 cm. na parte máis baixa ata os 14 cm. O triángulo por riba da cara está pintado de negro e mide de lado 17,60 cm. e de base mide 9 cm. O bordo no triángulo mide de ancho 1,70 cm. O bordo nas orellas mide 2,50 cm.
|
DEREITA |
Alto |
Ancho |
ESQUERDA |
Alto |
Ancho |
|
|
Corno |
8 cm. |
5,40 cm. |
Corno |
7,20 cm. |
6 cm. |
|
|
Media |
2 cm. |
5,10 cm. |
Media |
1,90 cm. |
5,50 cm. |
|
|
Vermello |
1,90 cm. |
4,80 cm. |
Vermello |
1,80 cm. |
5,10 cm. |
|
|
Media |
2,30 cm. |
5 cm. |
Media |
1,70 cm. |
5,50 cm. |
|
|
Vermello |
1,90 cm. |
4,70 cm. |
Vermello |
1,80 cm. |
5,20 cm. |
|
|
Media |
2,30 cm. |
4,80 cm. |
Media |
1,90 cm. |
5,50 cm. |
|
|
Base |
2,60 cm.-5,80 cm. |
5,40 cm. |
Base |
3,10 cm.-6,80 cm. |
5,50 cm. |

LADO DEREITO
O fondo é de cor azul claro. Por todo o fondo hai puntiños de cor veremello, amararelo e rosa. Na zona de abaixo, onde o corte, a pintura fai unha forma circular.

LADO ESQUERDO
O fondo é de cor azul claro. Por todo o fondo hai puntiños de cor veremello, amararelo e rosa. Na zona de abaixo, onde o corte, a pintura fai unha forma circular.

O pano é de cor vernello. De longo mide 70 cm. De ancho mide mide 53 cm. A parte inferior está aserrada en triángulos sen puntos. A base mide entre 3,50 cm. e os 4 cm. De lado mide 1,50 cm. O picado son 4 filas horizontais de rombos. A primeira ten 6 rombos de entre 1 cm. e 1,50 cm. de lado. Está a 13 centímetros da parte superior do pano. Debaixo desta está a segunda fila, a 10 cm. con 6 rombos. Os lados miden como os rombos da fila precedente. A 14 cm. da segunda fila temos os 7 rombos da terceira fila. A medida dos lados dos rombos é similar aos anteriores. A 12 cm. desta última temos a cuarta fila con 7 rombos cos lados coas mesmas medidas dos anteriores.
A Pantalla pesa 535 gr.

Nomes das propietarias da Pantalla no interior do corno.