PANTALLA FEITA POR JOSE SANTIAGO TABOADA. ANO 1940-1945.

Para o mundo da nosa máscara esta Pantalla é un tesouro dos de verdade.


A Pantalla foi feita por José Santiago Taboada (1885-1969) que era o sogro de Julio Villarino. Julio aprendeu a facer as Pantallas con José Santiago Taboada.(Aínda que as Pantallas de Julio non se parecen moito ás de José Santiago). Como dí o propio Julio, na estrevista que lle fixo José Ángel Urtiaga, José Santiago era no seu tempo o que mellor facía as Pantallas. (Ademáis de gabar ao seu sogro dinos que había máis persoas que facían Pantallas naquela altura, tres máis saen nomeados na entrevista). 
Pero ademáis esta Pantalla ten un valor engadido extraordinario porque esta Pantalla púxoa Julio Villarino polas rúas de Xinzo de Limia. O mesmo Julio Villarino regaloulla ao seu sobriño Alfonso Villarino que ao comezo do século actual arranxouna para poñela nun lugar destacado da súa casa. Sabe o valor que ten. É a Alfonso a quen lle debemos o privilexio de ter esta Pantalla nas mans.

Dentro do mundo lendario que rodea a nosa máscara, cóntase que foi José Santiago o que por primeira vez fixo unha Pantalla. Este home foi secretario do Concello de Laza e non habendo en Xinzo máis que Cigarróns Peliqueiros, quixo facer unha máscara diferente para Xinzo de Limia. O deseño da primeira Pantalla estaría gardada dentro dunha maleta nun faiado esperando a ser descuberto. En Laza cóntase o mesmo só que poñen nos beizos do propio José Santiago a afirmación da creación dunha máscara moi bonita, neste caso para amocar aos de Laza.

A PANTALLA

Despois de pensado e falado con Gude, pode que José Santiago fixese unha revisión da máscara en profundidade dándolle outra perspectiva, creando un modelo que non era o canónico. Ese estado de búsqueda da marca persoal pode ser o motivo polo que os familiares de José Santiago digan que a cara das súas Pantallas nunca eran iguais.

Seguramente foi un innovador como foi Quique Suárez (Quique de Barcelona) que na forma e nas cores fixo unha máscara que era claramente distinta as que había naquela altura. (Que tamén aprendeu do seu pai)

O tempo e os gustos das persoas que poñen a máscara fan que uns modelos triunfen e se manteñan e outros modelos chegan ata onde chega a vida da persoa que as elabora. Sería o caso de Quique Suárez, o seu modelo como tal non prosperou ainda que a súa influencia aparece nalgunhas partes das Pantallas actuais.

Como comentei, a Pantalla foi remozada no comezo do século XXI por Suso Losada Laxe que lle deu unha man de pintura conservando a estructura inicial da máscara. Pola forma agora vexo o parecido coa máscara que lle fixo Suso Losada Laxe a Xoan Losada. (Estudada no artigo desta páxina web: “A Pantalla do Xoán Losada feita polo Xesús Losada Laxe”).

A Pantalla ten unhas caracteristicas diferenciadoras que a fan única.

O perímetro da cara é de 31 cm. Da fronte ao queixo mide 23 cm. 

A barba sae da parte inferior das orellas. A barba é de cor negra. Ten unha patilla a cada lado da cara e a barba do queixo. 

Ten un longo de 11,50 cm. A parte máis alta ata o floco mide 4 cm. A parte estreita do lado da orella mide 1,90 cm. A parte estreita da barba do queixo mide 0,40 cm.

Ten un longo de 11,60 cm. A parte máis alta ata o floco mide 4,90 cm. A parte estreita do lado da orella mide 3,30 cm. A parte estreita do lado da barba do queixo mide 0,40 cm.

De alto dende o floco mide 4,10 cm. De longo mide 7,80 cm. A barba está a 1,40 cm. da boca.

A boca é de cor vermella e a pintura non sobresae dos beizos. Ten de longa con pintura 8,30 cm. A abertura máxima con pintura é de 1,10 cm. O ancho do labio superior é de 1,40 cm. e do labio inferior é de 1,80 cm. O burato da boca ten 0,50 cm. de alto e de longo mide 4,90 cm. A distancia ao floco é de 5,60 cm. Ata o fondo do papo mide 7,10 cm.

O bigote é de pau pintado de cor negro. Mide 7,50 cm. de longo e as puntas saen cara adiane. A separación das puntas á cara é no lado dereito de 1,50 cm. e no lado esquerdo é de 1,40 cm. Con relación á boca está a 0,70 cm. e do nariz está a 0,40 cm.  

Os colorentes son vermellos. Teñen de diámetro 1 cm. A separación entre eles é de 5,20 cm. A separación da base do nariz do colorete dereito é de 2,10 cm. e do ollo está a 1,80 cm. No colorete esquerdo a separación da base do nariz é de 2,40 cm. e do ollo está a 1,30 cm.

O nariz é circular dun só burato pintado de vermello. O nariz mide de longo 6,10 cm. De alto mide 2,20 cm. ata a base. De ancho mide 2,90 cm. O burato do nariz mide de ancho 1 cm. e de alto mide 1,30 cm. De groso mide 0,70 cm. na punta do nariz e nos lados mide 0,90 cm. Ten pintado de vermello a parte frontal e remata en punta na base.

O ollo dereito mide de longo coa pintura 5,50 cm. De alto mide 2,80 cm. coa pintura. O burato mide de longo 4 cm. e de alto mide 2,10 cm. O ancho da pálpebra de arriba é de 0,90 cm. e non ten pestanas. O ancho da pálpebra de abaixo é de entre 0,60 e 0,80 cm. e non pestanas. 

O ollo esquerdo mide de longo con pintura 5,50 cm. De alto mide 2,50 cm. coa pintura. O burato mide de longo 4 cm. e de alto mide 1,90 cm. O ancho da pálpebra de arriba é de 0,60 cm. e non ten pestanas. O ancho da pálpebra de abaixo é de entre 0,60 e 0,80 cm. e non ten pestanas.

A pintura dos ollos non sobresae cara fóra. Nas pálpebras de abaixo a pintura cubre o ancho total. Nas pálpebras de arriba métese cara o interior no ollo dereito 1 cm. e no ollo esquerdo 0,60 cm.  

Son de cor negras. Están pintadas por todo o bordo da parte superior do ollo.

A cella dereita mide de longo 6,80 cm. e de ancho vai de máis a menos nas puntas. A parte ancha mide 0,70 cm. e a estreita mide 0,10 cm. Do ollo está a 1 cm. e na punta está a 1,30 cm. 

A cella esquerda mide de longo 7 cm. e de ancho vai de máis a menos nas puntas. A parte ancha mide 0,80 cm. e a estreita mide 0,10 cm. Do ollo está a 1,10 cm. e na punta está a 1,20 cm. 

As orellas están feitas de feltro. A parte de fóra das orellas están unidas na base e vanse separando gradualmente creando un efecto moi fermoso.

A parte de fóra da orella vaise separando da cara. A orella dereita sepárase da fronte 4 cm. e a orella esquerda sepárase 3,80 cm.

As medias están pintadas con moitos puntiños de cor vermello e negro.

DEREIRTA

ALTO

ANCHO

ESQUERDA

ALTO

ANCHO

Corno

6 cm.

4,80 cm.

Corno

6 cm.

4,70 cm.

Vermello

0,60 cm.

4,90 cm.

Vermello

0,40 cm.

4,80 cm.

Media

3,50-4 cm.

4,80-4,90 cm.

Media

3,20-3,30 cm.

4,60-4,80 cm.

Vermello

0,40 cm.

5 cm.

Vermello

0,50 cm.

4,70 cm.

Negro

0,40 cm.

4,90 cm.

Negro

0,40 cm.

4,60 cm.

Vermello

0,60 cm.

5 cm.

Vermello

0,40 cm.

4,70 cm.

Media

3,10-3,40 cm.

4,90-5 cm.

Media

2,70-4,20 cm.

4,30-4,70 cm.

Vermello

0,50 cm.

5,10 cm.

Vermello

0,70 cm.

4,80 cm.

Base

0,80 cm.

Base

1,20 cm.

Sobre fondo negro ten pintados cunha esponxa unhas manchas de cor vermella e amarela formando a bóveda celeste.

Está pintado igual que o lado dereito. Cunha esponxa manchas de cor vermella e amarela para formar a bóveda celeste.

Ollada dende arriba para ver a forma dos ollos que é espectacular.

O pano é de cor azul. Ten medios círculos por todo o contorno de entre 2 cm. e 2,50 cm. De longo mide 51 cm. e de ancho 47,50 cm.

O picado e ESPECTACULAR! Só se poden comparar aos picados de Pepa Fernández. Vamos por partes.

Empezo pola peza central que son este picado en ángulo entre as flores da parte inferior.

O primeiro picado en ángulo empezando por abaixo, a parte da esquerda está a 1,50 cm. do fondo e a dereita a 1,30 cm. Miden de longo 4,30 cm. a cada lado dende o vértice. Cara arriba a serie seguiría: o segundo ten unha separación 1,80 cm. e o longo do picado dende o vértice a cada lado mide 7,70 cm. O terceiro ten unha separación de 1,80 cm. e de longo o picado dende o vértice a cada lado mide 7,70 cm. O cuarto ten unha separación de 2,20 cm. e de longo o picado dende o vértice a cada lado mide 7,40 cm. O quinto ten unha separación de 2,30 cm. e o longo do picado dende o vértice a cada lado mide 6,70 cm. O sexto ten unha separación 2,40 cm. e o longo do picado dende o vértice a cada lado mide 6 cm. O sétimo ten unha separación de 1,70 cm. o esquerdo e 2,10 cm. o dereito e de longo o picado dende o vértice a cada lado mide 5 cm.

O Floco

O floco é de cor dourado. Mide 41 cm. ao redor da cara. De longo mide 10 cm. O pano monta no floco tanto sna lado dereito, 2,40 cm. como no lado esquerdo 2,40 cm.     

A Pantalla pesa 738 gr.

Na entrevista que lle fixo José Ángel Urtiaga a Julio Villarino, manifesta Julio que as Pantallas se facían con dous sombreiros. No interior desta Pantalla ponse de manifesto esta singularidade como vemos nas fotos da parte interior da Pantalla.

Sombreiro para facer a cara.

Sombreiro da parte de atrás da cabeza.

José Santiago Taboada sentado á esquerda.

Falando desta Pantalla co meu pai, José López Macía de 86 anos, fixo memoria e recordou unha copla que fora composta polo seu avó Juan López García López que era tenente de carabineros, José Pallín, escribano, e o propio José Santiago Taboada no bar Romanones de Verín. (Non é o bar da foto). Esta copla ven a demostrar o gran sentido do humor e o inxenio que tiñan estas persoas. 

José Santiago Taboada á esquerda.

Vivían frente de un cura

las hermanas Gloria y Paz,

dos portentos de hermosura

por su arrogante figura

y su encantadora faz.

Y el cura que es un bendito

al acostarse de Dios haciendo memoria,

reza el hombre muy constricto:

Señor, primero Paz y después Gloria.

(Recollida a José López Macía o 7 de abril do 2025 por Xosé Calleja López.)

Esta Pantalla foi clonada por Justo Gude para que quede na colección de Pantallas que garda para o noso disfrute e para o disfrute daqueles que se queiran achegar a visitala.
Teño a promesa de que no próximo entroido vou poder sair con esta Pantalla clonada a correr a Rúa do Barrio de Abaixo de Xinzo de Limia. Vai ser lindo.

Agradecementos

Gracias a Alfonso Villarino por gardar esta máscara tan especial e por deixar que a podamos estudar. Gracias por toda a información escrita e oral que comparte para o noso gozo. Gracias polas moitas anécdotas tan divertidas que coñece e que tan ben conta.

Poder gozar desta Pantalla única é unha regalía.

Scroll ao inicio