EXEMPLO DE PANTALLA FEITA NA CASA.
Ter unha máscara non era algo que estivera ao alcande de todo o mundo. Primerio porque non había moitas persoas que as fixera. Segundo, non se facían para calquera, o artesán só as facía para as persoas que soubesen levar unha Pantalla. Terceiro, non se facían Pantallas para as persoas que non foran de Xinxo. Quarto as Pantallas valían un diñerio que naqueles tempos empregábase en cubrir as necesidades do día a día e o traxe de Pantalla era un extra. Pero o de enmascararse tira moito e moitas veces cando se quería ter unha máscara buscábanse solucións. Carmen Vázquez quixo que as súas netas tiveran unha Pantalla e buscou a axuda de Pepe Corbillón para facer ela mesma a máscara. A Pantalla data de finais dos anos 80 ou principios dos anos 90 do século pasado. A Pantalla é moi querida na casa como así me comentan a filla de Carmen, Celsa Márquez Vázquez, e a neta Remedios Cid Márquez.

A PANTALLA
A Pantalla e moi sólida na súa feitura. Está moi ben cosida e non permite movimentos nas costuras. A forma, sobre todo a cara, é distinta ás que temos visto ata agora. Por primeira vez temos un bigote que en vez de ter as puntas que requichan cara arriba rodean a boca cara abaixo.

O perímetro da cara mide 26,50 cm. e da fronte ao queixo mide 21,50 cm.
A BARBA.
A barba é de cor negra. É diferente ás vistas ata agora porque a barba do queixo non se achega á boca, faino cara o floco. As ondulacións da barba aparecen a cada lado a boca. Polo tanto non ten patillas laterais e si dúas máis centradas.
BARBA DO LADO DEREITO.
Sae unha correa dende a orella de 1,80 cm. que se fai máis ancha cara o centro. Nesta parte chega a medir de ancho 3,20 cm. De longo ata ese punto mide 8,40 cm. No centro disminue de tamaño ata quedar de ancho en 2,30 cm. e 3 cm de longo.
BARBA DO LADO ESQUERDO.
Sae unha correa dende a orella de 1,50 cm. que se fai máis ancha cara o centro. Nesta parte chega a medir de ancho 3,90 cm. De longo ata ese punto mide 9,20 cm. No centro disminue de tamaño ata quedar de ancho en 2,30 cm. e 3,50 cm de longo.

A BOCA.
É de cor vermella. De pequeno tamaño e sobresae lixeiramente a pintura dos labios. De longo mide coa pintura 4,20 cm. e de alta coa pintura mide 2,40 cm. O burato de longo mide 3,40 cm. e de alto mide 1,10 cm. Sobresae a pintura do labio de arriba 0,40 cm. e do de abaixo sobresae 0,90 cm. O labio de arriba ten de ancho 0,60 cm. e o labio de abaixo ten un ancho de 0,80 cm. A distancia da pintura da boca á barba é de 3 cm. , ao floco é de 5,30 cm. e ata o fondo é de 6,50 cm.
O BIGOTE.
Está pintado de cor negro nun só tramo pola parte superior da boca. É o primeiro caso en que encontramos un bigote coas puntas cara abaixo. O ancho varía entre os 0,80 cm. e os 0,90 cm. De longo mide de punta a punta 6,20 cm. A punta do lado dereito sobresae da boca 0,90 cm. e a do lado esquerdo sobresae 1 cm.
OS COLORETES.
Son vermellos. O colorete dereito ten de diámetro 1,60 cm. e o colorete esquerdo ten de diámetro 1,40 cm. A separación entre ambos é de 5,40 cm. A separación da base do nariz do colorete dereito é de 2,30 cm. e da pintura do ollo está a 1,10 cm. A separación da base do nariz do colorete esquerdo é de 1,80 cm. e da pintura do ollo está a 0,90 cm.


O NARIZ.
O nariz é triangular dun só burato. De longo mide 3,70 cm. De alto mide 1,70 cm. De ancho mide na base 2,80 cm. O burato de ancho mide 1,30 cm. e de alto mide 0,80 cm. De groso o feltro e o papel mide 0,60 cm. Na punta do nariz mide 0,80 cm. A parte frontal do nariz está pintada de vermello.
AS ORELLAS.
Están feitas de feltro empapeladas. Chegan ata o fondo do corno e suben bastante cara o rizo.
OS OLLOS.
O ollo dereito mide de longo 5,10 cm. coa pintura. De alto mide 3,60 cm. O burato mide de longo 3,80 cm. e de alto mide 2,40 cm. A pálpebra de arriba mide de ancho 0,80 cm.e ten 22 pestanas. A pálpebra de abaixo mide de ancho 0,70 cm. e ten 16 pestanas. A parte frontal do ollo está pintada de vermello.
O ollo esquerdo mide de longo 4,80 cm. con pintura. De alto mide 3,40 cm. O burato mide de longo 3,70 cm. e de alto mide 2,40 cm. A pálpebra de arriba mide de ancho 0,60 cm. e ten 17 pestanas. A pálpebra de abaixo mide de ancho 0,60 cm. e ten 14 pestanas. A parte frontal está pintada de vermello e na pálpebra de abaixo sobresae a pintura 0,50 cm. A parte central está pintada de vermello. A separación dos ollos mide 2,60 cm.

AS CELLAS.
Están pintadas de negro polo perímetro e pegadas a este. A cella dereita mide de longo 8,30 cm. De ancha no medio mide 0,70 cm.
A cella dereita mide de longo 8,10 cm. De ancha no medio mide 0,70 cm. A separación entre elas é de 1,40 cm.
O CORNO.
O rizo é de tipo tradicional. Visto de fronte o rizo está inclinado cara a dereita é o que se chama técnicamente que non está aplomado.
As medidas do corno son:
Dende o punto máis alto ao pano de debaixo das orellas mide 32 cm. O longo do faldón dende debaixo das orellas mide 14,50 cm. O ancho da parte media dende a punta do rizo mide 40 cm. O rizo mide de alto dende a volta 8,50 cm. e de ancho dende a volta mide 8 cm. De alto ata o corno mide 19 cm.
O bordo é de cor vermello. Ten de media entre 1,50 cm. e 2 cm. No faldón por riba do pano mide de alto 4 cm. e de longo 11,50 cm. No corte mide de alto 12,80 cm. o lado esquerdo e 11,20 cm. o lado dereito, de base 15,50 cm. Detrás das orellas mide entre 1,50 cm. e 2 cm. O triángulo por riba da cara mide de lado 7,80 cm. e de base mide 5,50 cm. Dentro ten un trapezoide rectangular simétrico. De lado mide 4,80 cm. No remate da parte de arriba non acaba en punta, faino en horizontal cun ancho de 1 cm.
|
DEREITA |
ALTO |
ANCHO |
ESQUERDA |
ALTO |
ANCHO |
|
|
Corno |
8 cm. |
3,70 cm. |
Corno |
8,60 cm. |
4,20 cm. |
|
|
Vermello |
0,90 cm. |
3,90 cm. |
Vermello |
0,90 cm. |
4,30 cm. |
|
|
Media |
3,10 cm. |
4 cm. |
Media |
2,40 cm.-3 cm. |
4 cm. |
|
|
Vermello |
0,70 cm. |
3,70 cm. |
Negro |
0,60 cm. |
4 cm. |
|
|
Fondo |
0,60 cm. |
3,70 cm. |
Fondo |
0,70 cm. |
4 cm. |
|
|
Vermello |
0,70 cm. |
3,90 cm. |
Negro |
0,60 cm. |
3,90 cm. |
|
|
Media |
3,70 cm. |
4 cm. |
Media |
2,90 cm. |
3,90 cm. |
|
|
Vermello |
0,60 cm. |
3,60 cm. |
Negro |
0,80 cm. |
3,70 cm. |
|
|
Negro |
0,60 cm. |
3,70 cm. |
Vermello |
0,60 cm. |
3,70 cm. |
|
|
Base |
0,40 cm.-0,90 cm. |
3,80 cm. |
Negro |
0,70 cm. |
3,70 cm. |
|
|
Base |
0,50 cm. |
3,50 cm. |
Na orella dereita o primeiro vermello por debaixo da orella do corno está pintado sobre negro. No vermello do medio tamén temos que por debaixo hai negro. Na orella dereita é ao revés; está pintado negro sobre vermello. A base é moi pequena nas dúas orellas e na cara quedan a altura do cartón do corno na parte inferior.
En todas das medias hai puntiños de cor vermello e negro sen orden.

LADO DEREITO
O fondo é de cor branco. O motivo pricipal é unha tartaruga de deseños animados cun sombreiro na cabeza . Vai camiñando, mirando cara atrás, por un sendeiro e tanto diante como detrás hai unha paisaxe con árbores. A tartaruga mide 17,50 cm. de alta. Para o concho da tartaruga, o sobreiro e o camiño emprega a cor gris. No rizo temos unha figura con forma de cometa de 4 cm. de ancha na cabeza e 0,40 cm. de ancha na cola. De loga mide 15 cm. Por todo o fondo do corno hai puntos grandes de cor vermello e negro ata por riba do deseño da tartaruga.

LADO ESQUERDO
O fondo é de cor branco. Temos a mesma tartaruga agora co sombreiro posto e cun caiado. Está baixando unhas escadas. Na parte superior aparece unha verba pintada: BAR. Está rodeada por unha banda de cor vermella. As letras están pintadas tamén de vermello. As letras mide de alto entre 3 cm. e 4,30 cm. De longo miden 8,80 cm. A banda que rodea as letras mide de alto 6,80 cm. de longo 12,10 cm. e o ancho da banda é de 0,50 cm. máis ou menos. No rizo temos unha liña que mide de ancha 1,50 cm. e de longa 5,50 cm. Por debaixo desta temos outra liña máis pequena. De alta mide 2,70 cm. e de ancha entre 0,50 cm. e 1,30 cm. Por todo fondo do corno temos os puntos de cor vermello e negro por riba do deseño.

O pano é de cor vermello. De longo mide 48 cm. e de ancho mide 71 cm. Está aserrada toda a parte inferior con dentes de pequeno tamaño. Presenta 5 semicírculos pola parte de abaixo. O picado é lindo. Na parte superior temos as 3 partes dunha flor de 4 pétalos. Aparecen os petalos dos lados e o de arriba (3,50 cm. de ancho). Por debaixo e empezando pola esquerda temos a mesma figura pero cun pequeno rombo no centro. Cara a dereita temos catro pétalos da flor (4,50 cm de ato e ancho). Seguen dous rombos verticais, despois unha flor cun rombo no medio (3,50 cm. de alta e 4 cm. de ancha). Cara a dereita outros dous rombos e a flor de catro pétalos e finalmente 3 partes da flor como a primeira cos pétalos dos lados e o de arriba cun punto central. Por debaixo temos unha fileira en horizontal de rombos. En total son 11 rombos separados entre 3,50 cm. e 4,20 cm. Por debaixo 5 flores co rombo central. A que está no medio é máis grande. Mide de alta 5,90 cm. e del ancha 6,20 cm. e as outras catro rondan os 4,20 cm. de altas e anchas. Por debaixo outros 11 rombos en horizontal que están separados uns dos outros entre 5,30 cm. e 6,20 cm. A cada lado e nas esquinas a altura dos rombos 2 flores con rombo no centro máis grandes, con 5,40 cm. de alto e 5,70 cm. de ancho. Nas tres ondulacións centrais temos 3 flores cun rombo no centro de 5,50 cm. de alto e 4,80 cm. de ancho.
A Pantalla pesa 768 gr.

