

A PANTALLA
Pouco a pouco imos coñecendo o traballo dos artesáns que na actualidade elaboran as máscaras de Xinzo. Gostaría de ir encontrando Pantallas para que se poda apreciar a evolución que manifestan as máscaras en formas e cores co paso dos anos Estaríamos ante o segundo modelo das Pantallas do Santi. É unha máscara de entre séculos.
O perímetro da cara é de 30 cm. Da fronte ao queixo mide 22 cm.
A BARBA
A barba sae da base das orellas. A barba é de cor negra. Ten unha patilla a cada lado da cara, a barba do queixo e dúas correas.
PATILLA DEREITA.
Da base da orella sae unha pequena ondulación descendente de 1,70 cm. ao floco. Segue outra pequena ondulaciòn ascendente a 0,70 cm. do floco. A separación á patilla é de 1 cm. A patilla ten un longo de 7,50 cm. A parte máis alta ata o floco mide 5,70 cm. A parte estreita da barba do queixo mide 1,50 cm.
PATILLA ESQUERDA.
Sae da base da orella unha pequena ondulación dencendente de 2,50 cm. ao floco. Segue outra pequena ondulación asdendente a 1,40 cm. do floco. A separación á patilla é de 1 cm. A patilla ten un longo de 5,20 cm. A parte máis alta ata o floco mide 6 cm. A parte estreita da barba do queixo mide 1,50 cm.
BARBA DO QUEIXO.
De alto dende o floco mide 5,50 cm. De longo mide 10,50 cm. A barba está a 2,30 cm. da boca.
A BOCA.
A boca é de cor vermella e a pintura sobresae dos beizos. Ten de longa con pintura 7,20 cm. A abertura máxima con pintura é de 1,10 cm. O ancho do labio superior é de 1,50 cm. e do labio inferior é de 0,50 cm. O burato da boca ten 0,30 cm. de alto e de longo mide 6 cm. A distancia ao floco é de 7,60 cm. Ata o fondo do papo mide 9,80 cm.
O BIGOTE.
O bigote é de madeira e vai cosido á cara. Está pintado de negro. As puntas están lixeiramente reviradas cara arriba. Mide de longo 7,20 cm. e de groso entre os 0,60 cm. e os 0,70 cm. Está a 0,10 cm. da boca e a 0,10 cm. do nariz.
OS COLORETES.
Os colorentes son vermellos. Teñen 0,90 cm. de diámetro . A separación entre eles é de 6,50 cm. A separación da base do nariz do colorete dereito é de 2,80 cm. e do ollo está a 1,30 cm. No colorete esquerdo a separación da base do nariz é de 2,60 cm. e do ollo está a 1,70 cm.
O NARIZ.
O nariz é unha das novedades na elaboaración desta máscara. Agora o nariz é estilizado e humana. Ten dous buratos pintados de vermello por dentro e a pintura non chegan ata a punta do nariz.
O nariz mide de longo 4,30 cm. De alto mide 2,40 cm. ata a base. De ancho mide 2,60 cm. O burato do nariz do lado dereito mide de alto 1,20 cm. e de ancho mide 0,70 cm. O burato do nariz do lado esquerdo mide de alto 1,20 cm. e de ancho 0,70 cm.
OS OLLOS.
O ollo dereito mide de longo 4,70 cm. De alto mide 2,60 cm. O burato mide de longo 4,10 cm. e de alto mide 1,90 cm. O ancho da pálpebra de arriba é de 0,60 cm. e ten 12 pestanas. O ancho da pálpebra de abaixo é de 0,60 cm. e ten 7 pestanas.
O ollo esquerdo mide de longo 4,60 cm. De alto mide 2,60 cm. O burato mide de longo 3,80 cm. e de alto mide 1,90 cm. O ancho da pálpebra de arriba é de 0,70 cm. e ten 11 pestanas. O ancho da pálpebra de abaixo é de 0,60 cm. e ten 7 pestanas.
A separación entre os ollos é de 2,50 cm. Os ollos están pintados por dentro de vermello.
AS CELLAS.
Son de cor negras. Están pintadas por riba dos ollos e no lado central fan un ángulo ascendente.
A cella dereita mide de longo 6,50 cm. e o ángulo ascendente mide 0,50 cm. De ancha mide 0,10 cm. Do ollo está a 0,50 cm.
A cella esquerda mide de longo 6,10 cm. e o ángulo ascendente mide 0,50 cm. De ancha mide 0,10 cm. Do ollo está a 0,50 cm.
O CORNO.
O corno ten o rizo do modelo antigo.
As medidas do corno son:
Dende o punto máis alto ata o pano debaixo das orellas mide 27,50 cm.
O longo do faldón dende debaixo das orellas mide 24 cm.
O ancho da parte media dende á punta do rizo mide 36 cm.
O rizo mide de ancho 8 cm. e de alto 9 cm. ata a volta e 15,50 ata o alto do corno.
O bordo é do cor dourado de entre 0,50 cm. e 0,80 cm. de ancho. A parte de atrás das orellas mide 2 cm. No faldón mide entre 0,70 cm. e 1,80 cm. Na parte do corte non ten. O triángulo por riba da cara mide de lado 12,50 cm. e de base 9 cm.

ORELLAS.
As orellas están feitas de feltro. A parte de fóra das orellas está separada e son moi estilizadas e métense cara o rizo. Outra marca distintiva das Pantallas de Santi.
|
DEREITA |
ALTO |
ANCHO |
ESQUERDA |
ALTO |
ANCHO |
|
|
CORNO |
1,60 cm. |
1,60 cm. |
CORNO |
2,20 CM. |
1,80 CM. |
|
|
GALÓN VEMELLO |
0,20 cm. |
1,80 cm. |
GALÓN VERMELLO |
0,10 CM. |
1,80 CM. |
|
|
MEDIA PINTAS |
3,60 cm. |
2,30 cm. |
MEDIA PINTAS |
3,30 CM. |
2,50 CM. |
|
|
GALÓN VERMELLO |
0,20 cm. |
2,30 cm. |
GALÓN VERMELLO |
0,10 CM. |
2,30 CM. |
|
|
FONDO |
0,10 cm. |
2,30 cm. |
FONDO |
0,20 CM. |
2,30 CM. |
|
|
GALÓN NEGRO |
0,20 cm. |
2,30 cm. |
GALÓN NEGRO |
0,10 CM. |
2,30 CM. |
|
|
FONDO |
0,10 cm. |
2,30 cm. |
FONDO |
0,10 CM. |
2,30 CM. |
|
|
GALÓN VERMELLO |
0,20 cm. |
2,30 cm. |
GALÓN VERMELLO |
0,10 CM. |
2,30 CM. |
|
|
MEDIA PINTAS |
4,40 cm. |
2,40 cm/3,00 cm. |
MEDIA PINTAS |
4,30 CM. |
2,50 CM. |
|
|
GALÓN VERMELLO |
0,10 cm. |
2,80 cm. |
GALÓN VERMELLO |
0,10 CM. |
2,80 CM. |
|
|
FONDO |
0,20 cm. |
2,80 cm. |
FONDO |
0,10 CM. |
2,80 CM. |
|
|
GALÓN NEGRO |
0,10 cm. |
2,80 cm. |
GALÓN NEGRO |
0,20 CM. |
2,80 CM. |
|
|
FONDO |
0,20 cm. |
2,80 cm. |
FONDO |
0,10 CM. |
2,80 CM. |
|
|
GALÓN VERMELLO |
0,10 cm. |
2,70 cm. |
GALÓN VERMELLO |
0,10 CM. |
2,90 CM. |
|
|
MEDIA PINTAS |
3,10cm./3,60 cm. |
3,10 cm. |
MEDIA PINTAS |
3,10 CM./3,80 CM. |
3,80 CM. |
|
|
GALÓN VERMELLO |
0,20 cm. |
2,70 cm. |
GALÓN VERMELLO |
0,20 CM. |
2,70 CM. |
|
|
FONDO |
0,40 cm. |
2,80 cm. |
FONDO |
0,20 CM. |
2,70 CM. |
|
|
BASE |
0,90 cm. |
3,00 cm. |
BASE |
1,00 |
3,00 |
Os puntiños están distribuidos en tres columnas. A das esquinas en zic-zac onde combina 5 puntiños negros e 4 vermellos. Na columna central os puntiños van en liña recta de catro puntiños de cor negro, que son máis grandes, e catro puntiños de cor vermello que son máis pequenos, menos o último que forma unha tríade que cos colindantes crean unha liña que quere ser circular. Este mesmo deseño repítese nas outras cinco medias.


LADO DEREITO.
O fondo é negro con puntiños brancos (0,10 cm. de diámetro) e verdes (0,70 cm. de diámetro), estes últimos con puntiños amarelos (0,40 cm. de diámetro) sobre o verde.
Aparecen tres estrelas de 6 puntas. A cor é unha mistura de cor amarelo e vermello que dá diversas tonalidades de laranxa.
A estrela da esquerda mide de punta a punta entre os 7,20 cm. e os 7,50 cm. A que está a dereita mide de punta a punta entre os 6,80 cm. e os 7,50 cm. A que está por riba desta últimmas mide de punta a punta entre os 7,10 cm. e os 7,50 cm.
A lúa, que é o motivo principal, mide de punta a punta 16,50 cm. e de ancho máximo 3 cm. No rizo temos unha estrela de 4 puntas que ten de punta a punta entre os 7 cm. e os 7,60 cm. A cor é máis vermella que as outras tres estrelas de seis puntas.
LADO ESQUERDO.
O fondo é negro con puntiños de cores brancos, amarelos e verdes de diversos tamaños.
O motivo principal é o Planeta Terra que perde a consistencia pola parte de abaixo e vaise derretendo o continente africano.
Pola parte de arriba do planeta entrevemos o sol que sería o causante de que co seu calor a terra se desfaga. A terra mide 11,80 cm. de díámetro. A altura do conxunto ten de alto 21 cm.
No fondo hai tres gotas que chegan ata o faldón. O sol ten de diámetro 13 cm. e cos raios de cor amarelos e vermello mide 21 cm.
Cara a dereita temos unha estrela de 4 puntas que mide de punta a punta en vertical 9,10 cm. e en horizontal mide 8,50 cm. É de cor vermella, branca e rosa.
No rizo temos outra estrela de 4 puntas que en vertical de punta a punta mide 7,50 cm. e en horizontal de punta a punta mide 6 cm. É de cor branco, amararelo e marrón.

O PANO.
O pano é de cor azul e mide de ancho 76 cm. e de longo mide 55 cm. Todo o contorno é ondulado.
O picado é moi traballado e ben lindo. Na parte inferior esquerda temos un grupo de 5 rombos en forma de dado. Os dados pequenos teñen de lado 2,90 cm. O conxunto dos cinco cadrados pequenos mide 9,50 cm.
Por riba ten un círculo formado por 22 rombos. O diámetro do círulo é de 6,60 cm. Por riba deste temos outro círculo, bon… non tanto, con 28 rombos de 8 cm. de ancho de 7 cm. de alto.
Á esquerda outros 5 rombos pequenos de 2,30 cm. de lado. Por riba outro grupo de 5 en forma de dado de 3,80 cm de lado.
No centro abaixo 5 grupos en liña. Os das esquinas están en horizontal e so tres do medio están en vertical. En forma de cara de dado 2,80 cm. de longo e 2,10 cm. de alto. Os do centro teñen 3,50 cm. de longo e 3,30 cm. de alto.
Por riba en pico cinco grupos de cinco rombos de cara de dado de 2,80 cm. de base e 3 cm. na punta de separación. No centro de esta última un rombo feito de oito rombos de 3,10 cm. de lado cun rombo central.
A cada lado desta, dous círculos feitos de 7 rombos. O diámetro dos círculos é sobre os 4 cm. Por riba desta centrada entre as dúas anteriores, temos unha figura de 9 rombos onde o grupo de tres centrais é máis alta que as dúas laterais. De alto as laterais miden 4 cm. e o central mide 4,50 cm. De ancho mide tamén 4,50 cm.
Na parte dereita temos as mesmas figuras simetricamente colocadas. Con pequenas diferencias porque ao estar feito a man non poden manter os mesmos parámetros. A tela é das satinadas polo que perde un pouco de lindura que se fose feito cunha tea de algodón.
O FLOCO.
O floco é de cor branco. Mide 31 cm. ao redor da cara. De longo mide 15 cm.
A Pantalla pesa 621 gr.
