PANTALLA DO PUCHO FEITA PARA DECORACION NO ANO 1993.

PUCHO

PUCHO

PUCHO

PUCHO

A Pantalla do manequín


Do PUCHO (José Carrera Santana) xa teño falado noutros artigos e sendo como é un referente da nosa máscara, seguirei falando mais veces. Esta máscara de hoxe é unha excepción, porque esta máscara non foi feita para unha persoa, foi feita para un manequín.

A máscara está na casa da Susana que é da familia dos Mecos de Xinzo de Limia. Familia de referencia na comarca por participar activamente na vida social da vila e ser moi coñecidos por rexentar varios negocios de hostelería na Rúa dos Viños.

O manequín estivo na tenda “Tejidos Pepe” na Avda. de Ourense nº 8 de Xinzo de Limia. O Pepe dos Tejidos era Pepe Álvarez, unha das persoas encadeadas por festexar o entroido. Ver o artigo publicado neste páxina web o 26 de novembro do 2021: “Entroido do ano 1943 en Xinzo de Limia. Os entroideiros na cadea”.

Pepe Álvarez gostaba moito que o colleran as Pantallas e así o fixemos nós durante anos cando eramos mozos. Sempre nos amosaba a multa que gardaba na carteira por gozar do entroido no ano 1943. Contaba o acontecido con moita graza e serviunos para gardar na memoria este feito do noso entroido.

É máis pequena do normal. O perímetro da cara é de 23,50 cm. Da fronte ao quiexo mide 21 cm.


 A barba é de cor negra. Ten unha patilla a cada lado da cara e a barba do quiexo. Tamén ten dúas pequenas correas.


Ten un longo de 5,70 cm. A parte máis alta ata o floco mide 4,40 cm. De alta na orella mide 2,10 cm. A correa mide de longo 0,80 cm. De alta cara a patilla dereita mide 1,20 cm. e cara a patilla do queixo mide de alta 1,10 cm. 


Ten un longo de 4,80 cm. A parte máis alta ata o floco mide 4,90 cm. De alta na orella mide 2,50 cm. A correa mide de longo 0,80 cm. De alta cara a patilla dereita mide 1,90 cm. e de alta cara a patilla do queixo mide 2 cm.


De alta dende o floco mide 4,50 cm. De longo mide 9,50 cm. 


A boca é de cor vermella e sobresae para fóra dos labios. Ten de longa 5,90 cm. O ancho na abertura máxima é de 0,90 cm. O ancho do labio superior é de 0,30 cm. e do labio inferior é de 0,30 cm. O ancho do burato é de 0,60 cm. e de longo ten 4,50 cm. A distancia á barba é de 0,80 cm. Ata o fondo do queixo mide 8,10 cm. A distancia ao floco é de 5,40 cm. ao bigote é de 0,60 cm.


É de madeira pintado de negro. De longo mide 6,50 cm. e de ancho 0,90 cm.


Os colorentes son vermellos. Teñen un diámetro de 2 cm. A separación entre eles é de 3 cm. A separación da base do nariz do colorete dereito é de 1 cm. e do ollo está a 0,60 cm. No colorete esquerdo a separación da base do nariz é de 0,80 cm. e do ollo está a 0,60 cm.


O nariz é circular dun só burato. O nariz mide de longo 5,60 cm. De alto mide 2 cm. ata a base. De ancho mide 2,10 cm. O burato mide de alto 0,60 cm. e de ancho mide 1,20 cm. O grosor do feltro e do papel é de 0,30 cm. O nariz está pintado na parte frontal de vermello e sobresae a pintura cara fóra 0,20 cm. e na base sobresae 0,30 cm.


O ollo dereito mide de longo con pintura 3,50 cm. De alto mide 2,30 cm. coa pintura. O burato mide de longo 2,70 cm. e de alto mide 1,70 cm. O ancho da pálpebra de arriba é de 0,30 cm. Ten 11 pestanas. O ancho da pálpebra de abaixo é de 0,30 cm. e ten 14 pestanas. 

O ollo esquerdo mide de longo con pintura 3,50 cm. De alto mide 2,30 cm. coa pintura. O burato mide de longo 2,60 cm. e de alto mide 1,70 cm. O ancho da pálpebra de arriba é de 0,40 cm. e ten 13 pestanas. O ancho da pálpebra de abaixo é de 0,30 cm. e ten 11 pestanas. 


Son de cor negras. Con papel conseguiu que teñan relevo. Están pintadas de negro e van estreitando cara a punta. 

A cella dereita mide de longo 6,50 cm. e de ancha, no punto máis ancho mide 1 cm. Sobresae de groso 0,10 cm. Do ollo está a 0,20 cm.  

A cella esquerda mide de longo 6 cm. e de ancha, no punto máis ancha mide 0,90 cm. Sobresae de groso 0,10 cm. Do ollo está a 0,20 cm. 


As orellas están feitas de cartón e pola parte interior están cosidas e empapeladas. A parte de fóra das orellas están separadas.


O corno ten o rizo do modelo tradicional.

As medidas do corno son:

Dende o punto máis alto ata o pano debaixo das orellas mide 27 cm.

O longo do faldón dende debaixo das orellas é de 16,50 cm.

O ancho da parte media dende á punta do rizo mide 27,50 cm.

O rizo mide de ancho 8 cm. e de alto 12,50 cm. 

O bordo é do cor dourado de entre 1,80 cm. e 2 cm. de ancho. A parte de atrás das orellas mide 1,50 cm. No faldón mide entre 1,60 cm. e 2,20 cm. Na parte do corte a base é de 8 cm. e o lado de 6,50 cm. O triángulo por riba da cara mide de lado 10,50 cm. e de base 6,50 cm.


O fondo é negro con pequenos círculos de cores branco (26), amarelo (19), vermello (45) e verde (17). Os círculos verdes teñen un puntiño de cor branco no centro, menos nun caso. Miden entre os 0,70 cm. e os 1,40 cm.

Ten tres estrelas de oito puntas, de cor branco unha no centro, outra estrela vermella cara arriba e por último unha estrela verde no rizo. 

A estrela branca ten 2,40 cm. de lado. Na parte esquerda de cada lado da estrela ten unha liña de cor vermella de 2,10 cm. de longo. No centro da estrela aparece un puntiño de cor vermella. Entre os raios da estrela aparecen oito puntos vermellos.

A estrela de cor veremella ten de lado 2,20 cm cunha liña de cor amarela de 2 cm. de longo. Ten un puntiño de cor amarelo no centro. 

No rizo a estrela é de cor verde de  2,20 cm. de lado cunha liña branca de 2,10 cm. de longo. No centro ten un puntiño de cor branco. 

No corno ao fondo no lado da cara aparece a data en verde: 1993. Cara o lado do corte aparece, tamén en verde, a coñecida firma do Pucho.

Lado dereito

O fondo é negro. O motivo principal é unha estrela de oito puntas con liñas brancas e amarelas convinadas. As puntas miden entre 1,60 cm. e 3,20 cm. Ten no centro un punto de cor amarelo rodeado dun círculo branco.

Hai sete estrelas verdes de catro puntas cun punto central branco e liñas brancas no lado esquerdo dos brazos das estrelas. De punta a punta miden entre os 4,10 cm. e os 4,80 cm.

Aparecen no corno tamén 21 círculos amarelos de 1,40 cm. de diámetro os de maior tamaño e 0,70 cm. os pequenos. Temos 20 círculos brancos dun diámetro de 1,20 cm. os grandes e 0,90 cm. os pequenos. Tamén 35 círculos vermellos cun punto amarelo no centro de 1,20 cm. de diámetro os grandes e 0,70 cm. os pequenos.

No rizo hai unha estrela de cor branca de 5 puntas con 2,60 cm. de lado e cunha liña vermella á esquerda de 2,50 cm. de longo. Ten un puntiño de cor vermella no centro. No corno no centro abaixo aparece a data en amarelo: 1993. Cara o lado do corte aparece, tamén en amarela, a firma do Pucho.

Agradecementos

Gracias a Susi e a Pablo por prestarme esta Pantalla, única pola súa feitura especial. Pucho demostra unha grande maña ao elaborar unha Pantalla feita toda de cartón.

Scroll ao inicio