PANTALLA QUE TROUXO ESTEBAN BOLAÑO RODRIGUEZ (Púxoa o Manolo Taboada)
As Pantallas do Pucho teñen o encanto dos obxectos antigos. Ter unha Pantalla do Pucho é ter un pedazo da historia da nosa máscara. Interesoume esta Pantalla porque nos di que nos anos noventa o Pucho modifica a cara das súas Pantallas facéndoas máis redondeadas. No corno mantense a forma mas muda os deseños, aquel gato do disco de Los Suaves e o do disco do cráneo de Ñu cambian agora por estrelas de cores. No estudio da Pantalla do Pucho do artigo “Pantalla de Pucho para Jesús María Rivas Román” vese que mantén o novo deseño nas máscaras nos anos 90 do século pasado. As Pantallas do Pucho temos que entendelas fillas do seu tempo e no seu contexto. A vedade é que son unha maravilla.

MANOLO TABOADA COA PANTALLA DO PUCHO.

A PANTALLA
A Pantallas púxoa Manolo Taboada. El mesmo fixo Patallas para moitos compañeiros de Lamas pero vese que lle tiña moito cariño a esta máscara porque é coa que saía, polo menos nesta foto..

O perímetro da cara mide 26 cm. e da fronte ao queixo mide 18 cm.
A BARBA.
A barba é de cor negra. Sae dende a base das orellas. Ten dúas patillas grandes unidas á barba do queixo con dúas correas e a barba do queixo.
BARBA DO LADO DEREITO.
Dende a orella mide de longa ata a correa 6,10 cm. De alta mide 7,50 cm. A correa mide de alta 1,6 cm. do lado da patilla e 1,70 cm. do lado da barba do queixo. De longo a correa mide 0,80 cm. Todas as medidas son ata o floco.
BARBA DO LADO ESQUERDO.
Dende a orella mide de longa ata a correa 6 cm. De alta mide 7,50 cm. A correa mide de alta 2,10 cm. do lado da patilla e 1,40 cm. do lado da barba do queixo. De longo a correa mide 1 cm. Todas as medidas son ata o floco.
BARBA DO QUIEXO.
De longo mide 12 cm. De alta mide 5,30 cm. ata o floco.

A BOCA.
É de cor vermella. Sobresae a pintura dos labios. De longo coa pintura mide 8,50 cm. e de alta mide 1,70 cm. O burato de longo mide 7 cm. e de alto mide 0,80 cm. O labio de arriba ten de ancho 0,80 cm. e o labio de abaixo ten un ancho de 0,50 cm. A distancia da pintura da boca á barba é de 0,40 cm. , ao floco é de 5,70 cm. e ata o fondo é de 10,50 cm.
O BIGOTE.
Está pintado de negro en dous tramos coas puntas reviradas lixeiramente cara arriba. O tramo dereito mide de longo 5,20 cm. e de ancho no centro mide 1,10 cm. e aparte elevada mide 1,40 cm. de alta e 0,40 cm. de ancha. O tramo esquerdo mide de longo 5,20 cm. e de ancho no centro mide 1 cm. a parte elevada mide 1,30 cm. de alta e 0,40 cm. de ancha. A separación entre ambos é de 0,50 cm. En total mide 10,90 cm. A separación á pintura da boca é de 0,40 cm. Ao nariz está a 0,30 cm.
OS COLORETES.
Son vermellos. O colorete dereito ten de diámetro 2,20 cm. e o colorete esquerdo ten de diámetro 2,30 cm. A separación entre ambos é de 5,90 cm. A separación da base do nariz do colorete dereito é de 1,10 cm. e da pintura do ollo está a 1,10 cm. A separación da base do nariz do colorete esquerdo é de 1 cm. e da pintura do ollo está a 1,20 cm.


O NARIZ.
O nariz é triangular dun só burato. De longo mide 4,40 cm. De alto mide 2,30 cm. De ancho mide na base 3,60 cm. O burato de ancho mide 1 cm. e de alto mide 0,90 cm. De groso o feltro e o papel mide 0,70 cm. e na punta 1 cm. A parte frontal e inferior do nariz está pintada de vermello.
AS ORELLAS.
Están feitas co feltro da aba do sobreiro con papel e engrudo.
OS OLLOS.
O ollo dereito mide de longo coa pintura 5,70 cm. De alto mide 3,30 cm. O burato mide de longo 4,50 cm. e de alto mide 2,60 cm. A pálpebra de arriba mide de ancho 0,50 cm. A parte frontal pintada de vermello e ten 11 pestanas negras. A pálpebra de abaixo mide de ancho 0,70 cm. A parte frontal está pintada de vermello que mide 0,40 cm. e ten 8 pestanas negras.
O ollo esquerdo mide de longo con pintura 5,80 cm. De alto mide 3,40 cm. O burato mide de longo 4,60 cm. e de alto mide 2,50 cm. A pálpebra de arriba mide de ancho 0,60 cm. A parte frontal está pintada de vermello e ten 13 pestanas negras. A pálpebra de abaixo mide de ancho 0,70 cm. A parte frontal está pintada de vermello que mide 0,50 cm. e ten 7 pestanas negras. A separación dos ollos mide 2,10 cm.

AS CELLAS.
As cellas están pintadas de negro polo perímetro do ollo. Son anchas e disminuen de tamaño cara as puntas. No lado das orellas esta disminución de tamaño débese a que as propias orellas non deixan sitio. A cella dereita mide de longo 7,50 cm. De ancha mide 1 cm. e nas puntas do lado da orella 0,30 cm. e no lado do nariz mide 0,50 cm. A cella esquerda mide de longo 8,50 cm. De ancha mide 0,80 cm. e nas puntas do lado da orella 0,30 cm. e no lado do nariz mide 0,40 cm. A separación entre elas é de 1,30 cm.
O CORNO.
O rizo é de modelo tradicional.
As medidas do corno son:
Dende o punto máis alto ao pano de debaixo das orellas mide 31 cm. O longo do faldón dende debaixo das orellas mide 18 cm. O ancho da parte media dende a punta do rizo mide 41 cm. O rizo mide de alto dende a volta 9,50 cm. e de ancho mide 12,50 cm. De alto ata o corno mide 19 cm.
O bordo é de cor branco. Ten de media entre 1,30 cm. e os 1,50 cm. O corte mide de base 12,50 cm. e de lado 10 cm. o lado dereito e 11,50 cm. o lado esquerdo. No faldón mide de longo 13,50 cm. e de ancho dende o pano 4 cm. O triángulo por riba da cara mide de lado 11,30 cm. e de base mide 6,20 cm. O bordo no triángulo mide de ancho 1,80 cm. na base e entre 1 cm. e 1,40 cm. nos lados. O bordo nas orellas mide 2 cm. de ancho.
|
DEREITA |
Alto |
Ancho |
ESQUERDA |
Alto |
Ancho |
|
|
Corno |
7,10 cm. |
2,60 cm. |
Corno |
7 cm. |
2,90 cm. |
|
|
Vermello |
0,70 cm. |
2,60 cm. |
Vermello |
0,60 cm. |
3,20 cm. |
|
|
Media |
2,70 cm. |
2,60 cm.-3,40 cm. |
Media |
3,10 cm. |
3,20 cm.-3,60 cm. |
|
|
Negro |
0,60 cm. |
3,40 cm. |
Negro |
0,60 cm. |
3,20 cm. |
|
|
Vermello |
0,50 cm. |
3,50 cm. |
Vermello |
0,70 cm. |
3,30 cm. |
|
|
Negro |
0,60 cm. |
3,50 cm. |
Negro |
0,50 cm. |
3,30 cm. |
|
|
Media |
2,80 cm. |
3,40 cm. |
Media |
3 cm. |
3,40 cm. |
|
|
Vermello |
0,70 cm. |
3,50 cm. |
Vermello |
0,60 cm. |
3,40 cm. |
|
|
Base |
3,50 cm.-4 cm. |
3,80 cm. |
Base |
3,30 cm. |
3,70 cm. |
A media dereita arriba e abaixo ten unha serie de puntiños que son: 3 vermellos, 3 negros e 3 vermellos.
A media esquerda arriba e abaixo ten unha serie de puntiños que son: 3 vermellos, 3 negros e 3 vermellos.

LADO DEREITO
O fondo é de cor verde. Ten 7 estrelas de cinco puntas repartidas polo corno. As estrelas son: 3 de cor vermello, 2 amarelas e outras 2 negras. Son todas do mesmo tamaño entre os 5,80 cm. e os 5,20 cm. de puntas a punta. As estrelas amarelas teñen unha liña negra nos brazos do lado esquerdo. As estrelas vermellas teñen unha liña branca do lado esquerdo dos brazos. As estrelas negras teñen unha liña vermella no lado esquerdo dos brazos. Están colocadas da seguinte maneira: dende o fondo temos unha estrela amarela, por riba destas dúas estrelas vermellas, por riba á esquerda unha estrela amarela e á dereita unha negra. A máis alta, no corno, é de cor vermella. No rizo temos unha de cor negra. Aparece a data da Pantalla en negro 1990. Non aparece a firma do Pucho.

LADO ESQUERDO
O fondo é de cor verde. Tamén ten 7 estrelas de cinco puntas repartidas polo corno. Temos 3 estrelas de cor vermello, 2 estrelas de cor amarelo e 2 estelas de cor negra. Teñen distinta distribución polo corno que no lado dereito. Temos 2 estrelas no fondo de cor vermella, por riba á dereita 1 estrela negra e a esquerda 1 estrela amarela. Por riba 1 estrela amarela e á esquerda 1 estrela negra. No rizo temos unha estrela de cor vermella. Aparece a data da Pantalla en negro 1990. Non aparece a firma do Pucho.

O pano é de cor azul. Mide de longo 54 cm. e de ancho mide 80 cm. Na parte do faldón está doblado con fruncido e cosido. O picado son 15 columnas de 6 rombos cada un de diferente tamaño. Os lados dos rombos miden entre os 0,20 cm. e os 1,10 cm. Os primeiros rombos están a 24 cm. da parte superior do pano. Toda a parte inferior está aserrada con semicírculos de sobre 5 cm. e son irregulares.
A Pantalla pesa 752 gr.



