OBRADOIRO IMPARTIDO POR JESUS CARRERA SANTANA (Os obradoiros no Colexio Carlos Casares de Xinzo de Limia)
Nos anos oitenta do século XX no Colexio Carlos Casares o mestre e director dese colexio, Jesús Carrera Santana, realizou varios obradoiros para facer Pantallas. (Jesús é irmao de Pucho, José Carrera Santana). O obradoiro no que se fixo esta Pantalla foi o do curso académico 1981-1982. Coincide co obradorio que Julio Villarino impartiu no Instituto de Xinzo. Sabémolo pola Pantalla de Isabel Gómez Martínez estudada e publicado o artigo nesta páxina web o 6 de marzo de 2026.

A PANTALLA
A un daqueles cursos asistiu Isabel Covadela de Pedro, mestra tamén nese colexio e compañeira do meu amigo e profesor Ángel Cerrato. Foi precisamente o fillo de ambos, Ángel Carlos Cerrato Covadela, o que nos achega esta Pantalla que contextualiza o empeño da familia Carrera Santana en que non desaparecera a nosa máscara. Con estes obradoiros logrou que moitos nenos e nenas puideran ter unha Pantalla de seu e sair a disfrutar do entroido de Xinzo.
A Pantalla ten as deficiencias normais por estar feita polas mans dunha aprendiz pero ten as características destacables das Pantallas de Jesús Carrera Santana: cara pequena e redondeada pintada de rosa intenso e o corno co fondo de cor branco. É importante polo contexto cando foi feita e porque Jesús decide facer o obradoiro no Colexio. Naquela altura non había moitas persoas que fixesen Pantallas e non daban feito máscaras para todas as persoas que querían sair de Pantalla.

PATILLA ESQUERDA.
Ten un longo dende a orella de 6,90 cm. De alto dende o floco mide 2,20 cm. A parte estreita do lado da orella mide 2 cm. e a parte estreita do lado da barba do queixo mide 0,50 cm.
BARBA DO QUEIXO.
De longo mide 6,80 cm. e de alta dende o floco mide 2,80 cm.
A Pantalla ten o perímetro da cara que mide 20 cm. e da fronte ao queixo mide 19 cm.
A BARBA.
A barba é de cor negra. Sae da base das orellas. Ten unha patilla a cada lado da cara e o barba do queixo.
PATILLA DEREITA.
Mide de longo dende a orella 5,70 cm. De alto dende o floco mide 2,70 cm. A parte estreita do lado da orella mide 1,90 cm. e a parte estreita do lado da barba do queixo mide 0,90 cm.

A BOCA.
É de cor vermella e está un pouco torta. De longo mide 5,30 cm. con pintura. De alta con pintura mide 1,30 cm. O burato de longo mide 4,20 cm. e de alto mide 1,20 cm. O labio de arriba ten de ancho 0,60 cm. e o labio de abaixo ten un ancho de entre 0,30 cm. e 0,50 cm. A distancia da boca á barba é de 3,20 cm., ao floco é de 6 cm. e ata o fondo é de 70 cm.
O BIGOTE.
Está pintado en dous tramos anchos. O tramo dereito mide de longo 3 cm. e de ancho mide entre os 0,60 cm. e os 0,80 cm. O tramo esquerdo mide de longo 3,30 cm. e de ancho entre os 0,50 cm. e os 0,80 cm. A separación entre ambos é de 0,10 cm. De longo de punta a punta mide 6,40 cm. Da boca está separado entre 0,10 cm. e 0,30 cm. e do nariz está a 0,50 cm.
OS COLORETES.
Son vermellos. O colorete dereito ten de diámetro 1,30 cm. e o colorete esquerdo ten de diámetro 1,50 cm. A separación entre ambos é de 5,40 cm. A separación da base do nariz do colorete dereito é de 0,70 cm. e do ollo está a 1 cm. A separación da base do nariz do colorete esquerdo é de 1,10 cm. e do ollo está a 1,20 cm.


O NARIZ.
O nariz é circular dun só burato. De longo mide 5 cm. De alto mide 2,30 cm. De ancho mide na base 0,50 cm. O burato de ancho mide 2,80 cm. e de alto mide 1 cm. De groso o feltro e o papel miden entre os 0,60 cm. e os 0,70 cm. Na punta do nariz mide 0,70 cm.
AS ORELLAS.
Están feitas de feltro. Non ten puntiños nas medias. As orellas están pegadas no corno e sepáranse na punta, no que chamamos o corno da orella.
OS OLLOS.
O ollo dereito mide de longo 5,50 cm. De alto mide 2,60 cm. O burato mide de longo 4 cm. e de alto mide 1,90 cm. A pálpebra de arriba mide de ancho 0,70 cm. e ten 10 pestanas. Está pintada de vermello na parte frontal. A pálpebra de abaixo mide de ancho 0,80 cm. pintada de vermello pero sen pestanas.
O ollo esquerdo mide de longo 5,60 cm. De alto mide 2,80 cm. O burato mide de longo 4,10 cm. e de alto mide 2,10 cm. A pálpebra de arriba mide de ancho 0,70 cm. e ten 12 pestanas. Está pintada de vermello na parte frontal. A pálpebra de abaixo mide de ancho 0,90 cm. pintada de vermello pero sen pestanas. A separación dos ollos mide 90 cm.

AS CELLAS.
Esta Pantalla non ten cellas.
O CORNO.
O rizo é de tipo tradicional. As medidas do corno son:
Dende o punto máis alto ao pano de debaixo das orellas mide 33 cm. O longo do faldón dende debaixo das orellas mide 22 cm. O ancho da parte media dende a punta do rizo mide 37 cm. O rizo mide de ancho 11,50 cm. de alto, ata a volta mide 9 cm. e ata o alto do corno mide 16 cm.
O bordo é de cor negro. Ten de media entre 1 cm. e 1,20 cm. No faldón por riba do pano ten entre 1 cm. e 1,20 cm. Detrás das orellas mide 2,20 cm. No corte ten entre 1,30 cm. e 1,50 cm. O corte ten de base 14,50 cm. e de lado 12 cm. O triángulo por riba da cara mide de lado 13,50 cm. e de base mide 10 cm. O bordo do triángulo mide de lado entre 0,70 cm. e 0,90 cm. Na base mide entre 1,40 cm. e 1,70 cm.
|
DEREITA |
ALTO |
ANCHO |
ESQUERDA |
ALTO |
ANCHO |
|
|
Corno |
6,80 cm. |
4,50 cm. |
Corno |
6,10 cm. |
5,20 cm. |
|
|
Vermello |
0,70 cm. |
4,70 cm. |
Vermello |
0,70 cm. |
5,20 cm. |
|
|
Negro |
0,70 cm. |
4,90 cm. |
Negro |
0,50 cm. |
5,10 cm. |
|
|
Vermello |
0,70 cm. |
5 cm. |
Vermello |
6,60-1cm. |
5,20 cm. |
|
|
Fondo |
0,60 cm. |
Fondo |
0,90 cm. |
|||
|
Negro |
0,50 cm. |
5,10 cm. |
Negro |
0,60 cm. |
5,10 cm. |
|
|
Fondo |
0,80 cm. |
Fondo |
1,10 cm. |
|||
|
Vermello |
0,70 cm. |
5,50 cm. |
Vermello |
0,70 cm. |
5,30 cm. |
|
|
Negro |
1,10 cm. |
5,40 cm. |
Negro |
0,50 cm. |
5 cm. |
|
|
Vermello |
0,70 cm. |
5,60 cm. |
Vermello |
0,60 cm. |
5 cm. |
|
|
Fondo |
0,90 cm. |
Fondo |
0,90 cm. |
|||
|
Negro |
0,70 cm. |
5,40 cm. |
Negro |
0,60 cm. |
4,50 cm. |
|
|
Fondo |
1,30 cm. |
Fondo |
1 cm. |
|||
|
Base |
1,70 cm. |
5,50 cm. |
Base |
2,40 cm. |
2,30 cm. |

O pano é de cor azul. Mide de longo 55 cm. e de ancho 80 cm. Está aserrado pola parte inferior. Aparencen 7 triángulos con dos medios triángulos en cada esquina do pano. O picado está feito con 15 ringleiras en vertical de rombos de 0,50 cm. de lado. Empezando pola esquerda atopamos a seguinte serie de ringleiras de rombos: 16 rombos, 15 rombos, 15 rombos, 18 rombos, 15 rombos, 15 rombos, 16 rombos, 18 rombos, 16 rombos, 15 rombos, 15 rombos, 18 rombos, 15 rombos, 15 rombos e 16 rombos.

LADO DEREITO
O fondo é de cor branco. Na parte inferior hai un círculo de cor vermello de 5,10 cm. de diámetro rodeado de puntiños de cor verde que foron cubertos con pintura branca. Á esquerda deste, hai un círculo de cor verde de 6,10 cm de diámetro, non enteiro porque está cortado por un dos lados do corte. Tamén tivo puntiños de cor vermello que foron tapados con pintura branca. No centro temos unha estrela de seis puntas de cor amarela. É irregular. Mide de punta a punta 9,20 cm. Por riba da estrela un círculo de cor verde de 3,40 cm. de díámetro.Tamén tivo puntiños vermellos ao redor. Cara o rizo hai un círculo azul de 4,20 cm. de diámetro. Finalmente no rizo temos un círculo de cor vermello de 3,70 cm. de diámetro.

LADO ESQUERDO
O fondo é de cor branco. Empezando por abaixo temos un círculo de cor azul de 5,70 cm. de diámetro que tivo puntiños vermellos ao redor pero que foron cubertos con pintura branca. Á dereita deste hai un círculo vermello de 3,40 cm. de diámetro. No centro hai un círculo vermello de 9 cm. de diámetro. Á dereita deste círculo vermello temos un círculo verde de 3,40 cm. de diámetro. Por riba hai un círculo azul de 5,20 cm. de diámetro. No rizo temos un círculo de cor verde de 3,80 cm. de diámetro que tivo puntiños de cor vermello que foron cubertos de pintura branca.
A pantalla pesa 712 gr.