PANTALLA DE SANTI PARA JOSE ANTONIO PARENTE CAMINO.

PANTALLA DO ANO 2018.


Santi e Aurora, como artesáns da Pantalla, levan moitos anos buscando a perfección, a comodidade e a bonitura na máscara. Estaríamos ante outro modelo de máscara que introduce unhas modificacións como son o rizo moi estilizado, unha pequena almofada colocada no papo que impide as rozaduras na pel e na parte da caluga a boina cosida sigue facendo máis cómodo e seguro poñer a máscara.

A PANTALLA

O nariz é estilizado pero non tan estreito como en máscaras de modelos anteriores. Esta máscara leva pel de coello e non floco. Nalgunhas fotografías antigas vense Pantallas con pel de coello. Josefa Fernández Rivero (nada no 1936), na estrevista que lle fixemos o Gude e máis eu o 7-12-2021 contounos que “ao primer home que viu facer Pantallas foi a o pai de Elisa Pitisa, que era a muller do Pepe Casal. Este home, púñalle pel de coello ou floquiños das colchas as Pantallas”. Puntualiza Josefa era moi metuculoso á hora de facer as Pantallas e que as facía moi ben.

O perímetro da cara mide 31 cm. Da fronte ao queixo hai 24 cm.

A barba arranca dende a orella facendo unha onda. Temos unha patilla a cada lado e dúas correas onduladas menores a cada lado da barba do queixo. A barba é de cor negro.

Ten un longo dende a orella de 7,30 cm. De alto dende a pel mide 3,60 cm. A parte estreita da orella mide 2,30 cm. A parte estreita ao carón da correa mide 1 cm. A correa mide de longo 2,40 cm. A parte estreita do lado do queixo mide 1,30 cm.

Ten un longo dende a orella de 7,60 cm. De alto dende a pel mide 4 cm. A parte estreita da orella mide 2,30 cm. A parte estreita ao carón da correa mide 0,90 cm. A correa mide de longo 2,60 cm. A parte estreita do lado do queixo mide 1,10 cm.

A barba do queixo de longo mide 7,70 cm. e de alta dende a pel mide 4,20 cm.

É de cor vermella. Non sobresae dos labios. De longa mide 8,20 cm. De alta mide 0,80 cm. O burato de longo mide 7,90 cm. De alto o burato mide 0,40 cm. O labio superior ten de ancho 1,40 cm. e o de abaixo ten 1 cm. A distancia á barba é de 1,80 cm. á pel 5,90 cm. e ata o fondo da cara ten 11,70 cm.

É de madeira pintado de negro. De punta a punta mide 7,30 cm. De groso mide 0,60 cm. na punta dereita e 0,50 cm. na punta esquerda. A distancia á boca é de 0,30 cm. e ao nariz a distancia é de 0,30 cm.

Os coloretes son de cor vermello alaranxado. Teñen un círculo exterior en vermello máis oscuro. O colorete dereito ten de diámetro 1,80 cm. O círculo exterior mide 0,10 cm. de ancho. O colorete esquerdo ten de diámetro 1,80 cm. e o círculo exterior mide 0,10 cm.

A separación entre os coloretes é de 5,40 cm. A separación da base do nariz do colorete dereito é de 1,20 cm. e do ollo está a 1,70 cm.

A separación da base do nariz do colorete esquerdo é de 1,30 cm. e do ollo está a 1,50 cm.

O ollo dereito mide de longo 4,90 cm. e de alto mide 2,30 cm. O burato mide de longo 4,30 cm. e de alto mide 2 cm. A pálpebra de arriba mide de ancha 0,30 cm. e ten 11 pestanas. A pálpebra de abaixo mide de ancha 0,40 cm. e ten 9 pestanas.

O ollo esquerdo mide de longo 4,70 cm. e de alto mide 2,20 cm. O burato mide de longo 4,10 cm. e de alto mide 2 cm. A pálpebra de arriba mide de ancha 0,30 cm. e ten 10 pestanas. A pálpebra de abaixo mide de ancha 0,30 cm. e ten 8 pestanas.

As dúas pálpebras están pintadas por dentro de vermello.

A separación dos ollos é de 2,30 cm.

Son de feltro e moi estilizadas coa tendencia a xuntarse co rizo.

Están pintadas de negro polo perímetro do ollo. Cara o centro as cellas fanse máis anchas.

A cella dereita mide de longo 6,80 cm. De ancho unha media de 0,70 cm. O tramo ascendente mide de longo 1 cm. Está a 0,50 cm. do ollo.

A cella esquerda mide de longo 6,40 cm. De ancho unha media de 0,50 cm. O tramo ascendente mide de longo 0,90 cm. está a 0,60 cm. do ollo.

A separación entre elas é de 1,70 cm.

DEREITA

ALTO

ESQUERDA

ALTO

ANCHO

Corno

3,20 cm.

1,90 cm.

Corno

3,60 cm.

2 cm.

Vermello

0,40 cm.

2,10 cm.

Vermello

0,30 cm.

2,10 cm.

Media

2,10 cm.

Media

2,40 cm.

Vermello

0,20 cm.

2,70 cm.

Vermello

0,20 cm.

2,50 cm

Fondo

0,10 cm.

Fondo

0,10 cm.

Negro

0,40 cm.

2,70 cm.

Negro

0,40 cm.

2,60 cm.

Fondo

0,10 cm.

Fondo

0,10 cm.

Vermello

0,20 cm.

2,60 cm.

Vermello

0,20 cm.

2,60 cm.

Media

2,20 cm.

Media

2,30 cm.

Vermello

0,20 cm.

2,40 cm.

Vermello

0,20 cm.

2,60 cm.

Fondo

0,10 cm.

Fondo

0,10 cm.

Negro

0,40 cm.

2,50 cm.

Negro

0,40 cm.

2,60 cm.

Fondo

0,10 cm.

Fondo

0,10 cm.

Vermello

0,20-0,30 cm.

2,30 cm.

Vermello

0,20 cm.

2,50 cm.

Media

1,70-0,70 cm.

Media

2,10-2,30 cm.

Vermello

0,30 cm.

2,50 cm.

Vermello

0,30 cm.

2,50 cm.

Fondo

0,10-0,30 cm.

Fondo

0,10-0,30 cm.

Base

2,10 cm.

Base

2,10 cm.

MEDIA DEREITA ARRIBA.

Ten tres puntiños negros en forma de gota de auga no centro. A ambos lados destas centrais aparecen dúas filas de puntiños en forma de gota de auga de cores negra e vermella intercaladas co seguinte patrón: N-V-N-V-N. Entre as gotas centrais e as da esquerda temos 9 puntiños de cor vermella. Entre as gotas centrais e as da dereita temos 6 puntiños de cor vermella.

MEDIA DEREITA CENTRO.

É igual que a anterior pero entre as gotas centrais e as da esquerda temos 10 puntiños vermellos e entre as gotas centrais e as da dereita temos 8 puntiños vermellos.

MEDIA DEREITA ABAIXO.

É igual que a media dereita arriba pero entre as gotas centrais e as da esquerda temos 9 puntiños vermellos e entre as gotas centrais e as da dereita temos 7 puntiños vermellos.

MEDIA DEREITA ARRIBA.

Ten a mesma distribución que a media dereita arriba agás no número dos puntiños vermellos. Entre as gotas centrais e as da esquerda temos 8 puntiños vermellos e entre as gotas centrais e as da dereita temos 7 puntiños vermellos.

MEDIA DEREITA CENTRO.

Mesma distribución que as anteriores agás que entre as gotas centrais e as da esquerda temos 9 puntiños vermellos e entre as gotas centrais e as da dereita temos 6 puntiños vermellos.

MEDIA DEREITA ABAIXO.

Igual que as anteriores pero entre as gotas centrais e as da esquerda temos 7 puntiños vermellos e entre as gotas centrais e as da dereita temos 9 puntiños vermellos.

O corno é modelo Julio Villarino pero máis estilizado.

As medidas do corno son:

Dende o punto máis alto ata o pano debaixo das orellas mide 28 cm. O longo do faldón dende debaixo das orellas mide 25 cm. O ancho da parte media dende a punta do rizo mide 30 cm. O rizo mide de ancho 5,50 cm. de alto, ata o xiro temos 9 cm. e ata parte de arriba do corno mide 16 cm. O bordo é de cor dourado. Ten de media entre os 0,70 cm. e 1 cm.. No faldón mide entre os 0,60 cm. e os 1,70 cm. O corte está tapado polo pano que nesta Pantalla vai dos 2,90 cm. nas orellas ata os 10,30 cm. no corte. Detras das orellas mide 1,90 cm. O triángulo por riba da cara mide 7,50 cm. de base e 18 cm. de lado.

Ten o fondo negro con traballo de esponxa en cores verde, vermella e branca. Polo fondo temos aneis de cor amarelo de entre 1 cm. e 1,10 cm.de diámetro.

Tres aneis brancos de entre 0,90 cm. e 1 cm. Puntos amarelos de diversos tamaños e puntiños brancos. Por todo do fondo tamén temos putiños brancos en grupos de tres.

Á esquerda unha estrela de 8 raios cun punto central. Os raios son 4 de cor vermella que de punta a punta miden 15 cm. en vertical e 14 cm. en horizontal, e outros catro de cor amarela que de esquerda arriba cara dereita abaixo mide 16,70 cm. e de dereita arriba a esqueda abaixo mide 12,40 cm.

Aparece tamén unha lúa branca que mide de punta a punta 7,40 cm. e de ancha 1,10 cm. na parte máis ancha.

Ten o fondo negro con traballo de esponxa en cores verde e amarela. Polo fondo 3 aneis amarelos de 1 cm. de diámetro e tamén tres aneis vermellos de 1 cm. de diámetro.

Un punto branco na parte inferior de 1,20 cm. de diámetro. No rizo un punto de cor vermello de 1,50 cm. de diámetro. Por todo o fondo temos tamén puntiños brancos e nalgúns caso en grupos de tres puntiños brancos.

Un sol vermello a media altura do corno, non completo, que mide 7,20 cm. de punta a punta. De ancho mide 3,80 cm.

Ten 11 raios de cor branca en todas direccións. O tamaño dos raios e diverso, dende os 2,90 cm. ata os 12,50 cm.

O pano é de cor vermella. Mide de ancho 75 cm. e de longo 45 cm. A parte inferior está aserrada con triángulos de 2,50 cm. de lado e 2 cm. de base.

O picado son 15 flores de 4 pétalos cun punto central. Os lados do rombo son de 1 cm. aproximadamente.

Temos 6 flores a cada lado do centro do pano. No medio do pano ten tres flores en vertical.

O floco é de pel de coello natural. Sae por debaixo das orellas e mide 37 cm. de longo e 4 cm. de ancha ainda que parece máis ancha porque é moi esponxosa.    

Por dentro a Pantallas ten unha boina para a zona da caluga e unha almofada para o papo. Da punta do rizo colga un axóuxere de 1 cm. de diámetro.

A Pantalla pesa 838 gr.

Agradecementos

Quero agradecerlle ao Parente o préstamo desta fermosa Pantalla para o estudio en detalle.
Espero que Parente poña moitos anos esta máscara e que nos atopemos na rúa gozando do entroido. LUME!!!

Scroll ao inicio