Unha Pantalla do Pucho do ano 1992.
Esta Pantalla é do Pucho (José Carrera Santana). Non é moi complicado sabelo porque Pucho firmaba as súas Pantallas, e ademais puña o ano da elavoración, sempre na parte inferior do corno. Tamén escribía o nome e o ano na parte interior do corno . Esta Pantalla é do ano 1992 e presenta unhas variacións significativas con outras Pantallas máis afastadas no tempo deste artesán. Nótase na forma da cara que nas dos anos oitenta eran máis aplanadas e agora a cara é redondeada.

A PANTALLA
Tamén se diferencia no fondo da cor do corno naquela altura de cor vermella e nos motivos do corno onde desaparecen os círculos de cores de grande tamaño. (Ollar o artigo “Pantalla feita polo Pucho (José Carrara Santana)para Xurxo fillo de Mari Villarino”)
Agora o fondo é branco e os motivos son as portadas de dous discos. O de LOS SUAVES co gato negro polo lado esquerdo e de ÑU coa caveira polo lado dereito. Aparecen estrelas de diversas cores con liñas e puntos. Os deseños dos discos pasaron a formar parte da estética deste artesán. No artigo “Pantalla do Pucho do ano 1985 remozada no 2019”, este artesán pinta o corno con estes dous deseños no ano 2019.
Temos tamén o bigote de madeira que muda polo bigote pintado.

PATILLA ESQUERDA.
Ten un longo dende a orella de 5,80 cm. De alto ata o floco mide 7,20 cm. A parte estreita da orella mide 3,10 cm. A parte estreita da correa mide 3,40 cm. A patilla de longa mide 0,40 cm. O lado estreito do lado do queixo mide 3,40 cm.
BARBA DO QUEIXO.
De longo mide 9,40 cm. De alta mide dende o floco 7,20 cm.
O perímetro da cara mide 31 cm. Da fronte ao queixo mide 23 cm.
A BARBA.
É de cor negra e sae pola parte de debaixo das orellas. Ten unha patilla a cada lado da cara, unhas correas moi pequenas e a barba do queixo.
PATILLA DEREITA.
Ten un longo dende a orella de 5,90 cm. De alto ata o floco mide 7,30 cm. A parte estreita da orella mide 3,20 cm. A parte estreita da correa mide 3,40 cm. A patilla de longa mide 0,40 cm. O lado estreito do lado do queixo mide 3,40 cm.

A BOCA.
É de cor vermella. Sobresae lixeiramente dos labios. De longa mide 6,90 cm. De alta mide 1,40 cm. O burato de longo mide 5,30 cm. De alto o burato mide 0,70 cm. A pintura sobresae no labio de abaixo 0,30 cm. e no labio de arriba 0,20 cm. O ancho do labio de arriba mide 0,50 cm. e o ancho do labio de abaixo mide 0,80 cm. A distancia á barba é de 0,60 cm. dende a pintura, ao floco 7,70 cm. e ata o fondo 8,90 cm.
O BIGOTE.
É de madeira pintado de negro. De punta a punta mide 7,40 cm. De groso mide 0,80 cm. no medio. A distancia do bigote á boca é de 0,50 cm. e a distancia ao nariz é de 0,40 cm.
OS COLORETES.
Son de cor vermella. O colorete dereito ten un diámetro de 2,10 cm. O diámetro do colorete esquerdo é de 2,40 cm. A separación da base do nariz do colorete dereito é de 1,30 cm. e o ollo está a 0,90 cm. A separación da base do nariz do colorete esquerdo é de 0,70 cm. e o ollo está a 0,70 cm.


O NARIZ.
O nariz é triangular. De ancho na base mide 3,30 cm. De longo mide 5 cm. De alta mide 2 cm. O burato mide de ancho 1,30 cm. e de alto 1 cm. O grosor do feltro e do papel miden de ancho 0,70 cm. A parte frontal está pintada de vermello.
AS ORELLAS.
Son de feltro e están pegadas ao corno e só se separan ao chegar ao corno da orella. Teñen a tendencia de buscar ao rizo coas puntas.
OS OLLOS.
O ollo dereito mide de longo 4,90 cm. De alto mide 2,60 cm. O burato mide de longo 3,80 cm. e de alto 1,60 cm. A pálpebra de arriba mide de ancha 0,70 cm. con 14 pestanas. A pálpebra de abaixo mide 0,80 cm. con 10 pestanas. As pestanas sobresaen un pouco.
O ollo esquerdo mide de longo 5,10 cm. De alto mide 2,50 cm. O burato mide de longo 4 cm. e de alto 1,80 cm. A pálpebra de arriba mide de ancha 0,60 cm. con 14 pestanas. A pálpebra de abaixo mide 0,80 cm. con 11 pestanas. As pestanas sobresaen un pouco.
A separación entre os ollos é de 1,60 cm.

AS CELLAS.
Están pintadas de negro polo perímetro do ollo. No centro son máis anchas. A cella dereita mide de longa 7,30 cm. De ancha no medio mide 1 cm. A distancia ao ollo é de 0,50 cm. A cella esquerda mide de longa 7,40 cm. De ancha no medio mide 1 cm. A distancia ao ollo é de 0,40 cm. A separación entre elas é de 0,40 cm.
O CORNO.
O corno é do modelo tradicional. As medidas do corno son:
Dende o punto máis alto ata o pano debaixo das orellas mide 30 cm. O longo do faldón dende debaixo das orellas mide 23 cm. Ata a parte superior do corte mide 27 cm. O ancho da parte media dende a punta da rizo mide 39 cm.
O rizo mide de ancho 13 cm., de alto ata onde dá o xiro mide 11 cm. e ata o alto do corno mide 21 cm. O bordo é de cor negro. Mide de media de ancho entre os 0,80 cm. e 1 cm. O corte mide 13,50 cm. de base e 11 cm. de lado. Nas orellas mide entre os 1,90 cm. e os 2,30 cm. Por riba da cara mide 1,80 cm. O triángulo por riba da cara mide 9 cm. de base e 11 cm. de lado.
MEDIAS
A media dereita de arriba ten tres medios círculos pintados de negro pola parte superior. As outras tres medias, a inferior dereita e as dúas da esquerda teñen o mesmo patrón: tres medios círculos de cor vermella arriba, tres de cor negra no centro e novamente outros tres círculos vermellos na parte de abaixo.
|
DEREITA |
ALTO |
ANCHO |
ESQUERDA |
ALTO |
ANCHO |
|
|
Corno |
8 cm. |
3,50 cm. |
Corno |
8,20 cm. |
3,90 cm. |
|
|
Vermello |
0,60 cm. |
3,90 cm. |
Vermello |
0,60 cm. |
3,90 cm. |
|
|
Media |
2,20 cm. |
Media |
2,10 cm. |
|||
|
Negro |
0,60 cm. |
4,30 cm. |
Negro |
0,70 cm. |
4,60 cm. |
|
|
Vermello |
0,60 cm. |
4,40 cm. |
Vermello |
0,50 cm. |
4,70 cm. |
|
|
Negro |
0,50 cm. |
4,40 cm. |
Negro |
0,60 cm. |
4,80 cm. |
|
|
Media |
2,40 cm. |
Media |
1,90 cm. |
|||
|
Vermello |
0,70 cm. |
4,20 cm. |
Vermello |
0,60 cm. |
5 cm. |
|
|
Base |
1,50-3,60 cm. |
Base |
2-4 cm. |


LADO DEREITO
Ten o fondo branco. O tema principal é a portada do disco do grupo musical de rock ÑU. As letras son vermellas cun reborde amarelo. Miden de altas 13,60 cm. sen contar os saintes decorativos.
Polo fondo ten 6 estrelas de cor azul de 4 puntas. De punta a punta miden 4 cm. Teñen unha liña amarela polo lado dereito de 1,70 cm. As estrelas teñen un puntiño amarelo no centro.
Dúas estrelas vermellas de 4 puntos que teñen de lado 4 cm. que tamén teñen unha liña amararela do lado dereito do brazo que miden sobre 1,70 cm.
No rizo ten unha estrela vermella de 5 puntas de cor vermella que mide de punta a punta 6 cm. Ten unha liña amarela no lado dereito de 2,20 cm.
Distribuido por todo o corno temos uns círculos de cor marrón. En total son 22 círculos cun diámetro de entre 1,10 cm. e 1,70 cm.
Ao carón do corte está asinado polo Pucho en vermello. Do lado da cara temos no corno a data da Pantalla en vermello: 1992.
LADO ESQUERDO
Ten o fondo branco. O tema central é a portada do disco de LOS SUAVES co mítico gato negro dentro do círculo vermello.
O diámetro do círculo vermello mide 16 cm. O gato mide con orellas de alto 12 cm. e sen medir as orellas 10 cm. De ancho en total son 11,80 cm. e con bigote mide 13,50 cm.
Os ollos teñen o fondo negro e son de cor amarelo e negro. Miden de longo 2,10 cm. e 0,70 cm. de ancho. O nariz mide 1,80 cm. de ancha e 1,20 cm. de alta.
A boca mide de longa na parte superior 5,10 cm. e na parte inferior mide 2,70 cm. De alta mide 1,80 cm. O fondo é de cor branco e os dentes son de cor vermello.
Polo fondo do corno ten 5 estrelas de 4 puntas de cor verde. Mide de punta a punta 4,10 cm. Ten unha liña branca do lado esquerdo e unha liña negra no lado dereito. Teñen un punto branco no centro.
Temos ademáis 4 estrelas azuis de 4 cm. de lado. Teñen unha liña amarela á dereita e un punto central tamén amarelo. A estrela que está por riba da data ten liñas amarelas nos catro lados dos brazos.
O lado ESQUERDO ten no rizo unha estrela verde de 5 puntas de 6 cm. de longo de punta a punta. Ten unha liña branca dun lado e outra liña negra do outro lado de cada brazo da estrela que miden sobre 2,10 cm. No centro tamén ten un punto branco. Entre os lados da estrela temos 5 círculos vermellos cun círculo que casi se pecha de cor negro no interior. No centro un punto de cor amarelo.
Por todo o fondo ten uns puntos vermellos cun círculo sen rematar de cor negro e cun punto amarelo no centro. En todos menos nun círculo que non ten dentro o de cor negro e outro que non ten o punto amarelo central. De diámetro miden entre 1,10 cm. e 1,40 cm. Firma do Pucho en vermello e o ano 1992 completan o que hai pintado no lado esquerdo.

O pano é de cor vermello. Mide de longo 54 cm. e de ancho 78 cm. A parte inferior ten 7 entrantes en escada e dous nas esquinas que son a metade dos que hai no fondo do pano.
O picado é en 12 columnas verticais de rombos pequenos. A primeira columna empezando pola esquerda é de 7 rombos. A segunda son 9 rombos en 3 grupos de 3. A terceira é de 7 rombos. A cuarta é de 12 rombos en 4 grupos de 3. O seguinte son 7, e sigue con 12 en 4 grupos de 3, 7, 12 en 4 grupos de 3, 7 e finalmente 7.



Por dentro do corno temos en vermello o nome do Pucho e a data da Pantalla.
IN MEMORIAM DE JOSE CARRERA SANTANA (PUCHO) † 11-12-2025.