A PANTALLA QUE FIXO E USOU LUIS CORBILLÓN.
Luis Corbillón é artesán de Pantallas. O Luis naceu no ano 1961. Aprendeu a facer Pantallas de Luis Arias cando tiña 14 anos (1975). Cando algunha persoa quería unha Pantalla falaba co seu irmao Pepe Corbillón. Luis era o que facía as Pantallas, sempre axudado polo Pepe. Moitas veces a persoa que encargaba a Pantalla tamén axudaba na elaboración. Cobraban daquelas 5.000 ou 6.000 pesetas (30€-36€). A Pantalla que hoxe estudo é do 1984. Luis daquelas tiña 23 anos. O debuxo do corno é posterior a elaboración da Pantalla porque a Pantalla tivo outros deseños no tempo no que Luis trouleou polas rúas de Xinzo de Limia.

A PANTALLA
A Pantalla ten unhas peculariedades que a fai distinta. A cara é grande e toda a máscara trasmite sensación de que é robusta. O corte da cara presenta na parte de arriba uns cortes peculiares que os fan difererentes aos cortes vistos ata agora.

O perímetro da cara mide 27 cm. e da fronte ao queixo mide 23 cm.
A BARBA.
A barba é de cor negra. Sae pegada da orella. Ten dúas patillas e a barba do queixo.
BARBA DO LADO DEREITO.
Dende a orella mide de longa 9,80 cm. De alta dende o floco do lado da orella mide 2,40cm. No medio mide de alta 5,40 cm. ata o floco. De alta do lado da barba do queixo mide 2,50 cm. ata o floco.
BARBA DO LADO ESQUERDO.
Dende a orella mide de longa 8,70 cm. De alta dende o floco do lado da orella mide 2,50cm. No medio mide de alta 4,60 cm. ata o floco. De alta do lado da barba do queixo mide 180 cm. ata o floco.
BARBA DO QUIEXO.
De longo mide 9,30 cm. De alta mide 5,20 cm. ata o floco.

A BOCA.
É de cor vermella. De pequeno tamaño e a pintura sobresae lixeiramente dos labios. De longo mide coa pintura 4,10 cm. e de alta coa pintura mide 1,30 cm. O burato de longo mide 3,50 cm. e de alto mide 0,60 cm. Sobresae a pintura do labio de arriba 0,40 cm. e do labio de abaixo sobresae 0,50 cm. O labio de arriba ten de ancho 0,60 cm. e o labio de abaixo ten un ancho de 0,50 cm. A distancia da pintura da boca á barba é de 1,70 cm. , ao floco é de 6,80 cm. e ata o fondo é de 9,50 cm.
O BIGOTE.
Está pintado en dous tramos coas puntas reviradas cara arriba. O tramo dereito mide de longo 5 cm. e de ancho mide 0,90 cm. O tramo esquerdo mide de longo 5 cm. e de ancho mide 0,90 cm. A separación entre ambos é de 1 cm. En total mide 11 cm. A separación á boca é de 0,60 cm. e a separación do nariz é de 0,70 cm.
OS COLORETES.
Son vermellos. O colorete dereito ten de diámetro 1,40 cm. e o colorete esquerdo ten de diámetro 1,40 cm. A separación da base do nariz do colorete dereito é de 2 cm. e da pintura do ollo está a 0,70 cm. A separación da base do nariz do colorete esquerdo é de 1,20 cm. e da pintura do ollo está a 0,70 cm. A separación entre eles é de 5,30 cm.


O NARIZ.
O nariz é redondo dun só burato. De longo mide 3,90 cm. De alto mide 1,60 cm. De ancho mide na base 3,40 cm. O burato de ancho mide 2,30 cm. e de alto mide 1,20 cm. De groso o feltro e o papel mide 0,50 cm. A parte frontal do nariz está pintada de vermello.
AS ORELLAS.
Están feitas de feltro empapeladas. Son grandes en volume e bastante altas.
OS OLLOS.
O ollo dereito mide de longo 5,20 cm. coa pintura. De alto mide 3,60 cm. O burato mide de longo 3,90 cm. e de alto mide 2,60 cm. A pálpebra de arriba mide de ancho 0,70 cm. ten pintada a parte frontal e en vez de pestanas ten 9 puntiños negros de 0,30 cm. de diámetro. A pálpebra de abaixo mide de ancho 0,70 cm. A parte frontal está pintada de vermello e ten 6 puntiños negros.
O ollo esquerdo mide de longo 5,20 cm. con pintura. De alto mide 3,60 cm. O burato mide de longo 4,30 cm. e de alto mide 2,80 cm. A pálpebra de arriba mide de ancho 0,70 cm. ten a parte frontal pintada de vermello e ten 9 puntiños de cor negro de 0,30 cm. de diámetro. A pálpebra de abaixo mide de ancho 0,80 cm. e ten a parte frontal pintada de vermello e ten 5 puntiños negros. A separación dos ollos mide 2,80 cm.

AS CELLAS.
Están pintadas de negro polo perímetro do ollo. A cella dereita mide de longo 7,30 cm. De ancha no medio mide 0,60 cm. As pinceladas non disminuen de ancho nas puntas. A distancia do ollo é de 0,80 cm.
A cella esquerda mide de longo 7,40 cm. De ancha no medio mide 0,60 cm. As pinceladas non disminuen de tamaño nas puntas. A distancia do ollo está entre 0,80 cm. e 1,10 cm. A separación entre elas é de 1,50 cm.
O CORNO.
O rizo é de tipo tradicional.
As medidas do corno son:
Dende o punto máis alto ao pano de debaixo das orellas mide 32 cm. O longo do faldón dende debaixo das orellas mide 19,50 cm. O ancho da parte media dende a punta do rizo mide 38 cm. O rizo mide de alto dende a volta 9,50 cm. e de ancho mide 8 cm. De alto ata o corno mide 15 cm. Ten por dentro na parte inferior un reforzo para que sexa máis estable e cómoda.
O bordo é de cor branco. Ten de media entre 0,70 cm. e 0,80 cm. No faldón non ten bordo. Non ten corte. Detrás das orellas mide 1 cm. O triángulo por riba da cara está todo pintado de branco e mide de lado 14 cm. e de base mide 8,50 cm.
|
DEREITA |
ALTO |
ANCHO |
ESQUERDA |
ALTO |
ANCHO |
|
|
Corno |
6,70 cm. |
4,20 cm. |
Corno |
7,20 cm. |
4,10 cm. |
|
|
Media |
2,50 cm. |
4,50 cm. |
Media |
2,20 cm. |
4,30 cm. |
|
|
Negro |
0,60 cm. |
4,30 cm. |
Negro |
0,40 cm. |
4,30 cm. |
|
|
Vermello |
0,50 cm. |
4,60 cm. |
Vermello |
0,60 cm. |
4,60 cm. |
|
|
Negro |
0,60 cm. |
4,40 cm. |
Negro |
0,40 cm. |
4,50 cm. |
|
|
Media |
3 cm. |
4,60 cm. |
Media |
3,90 cm. |
4,80 cm. |
|
|
Negro |
0,60 cm. |
4,30 cm. |
Negro |
0,40 cm. |
3,90 cm. con danos. |
|
|
Vermello |
0,40 cm. |
4,60 cm. |
Vermello |
0,60 cm. |
3,80 cm. con danos. |
|
|
Negro |
0,50 cm. |
4,30 cm. |
Negro |
0,50 cm. |
4,20 cm. con danos. |
|
|
Media |
4,80 cm./3,70 cm. |
4 cm./4,40 cm. |
Media |
3,10 cm./3,30 cm. |
4,60 cm. |
|
|
Negro |
0,50 cm. |
3,70 cm. |
Negro |
0,30 cm. |
4,50 cm. |
|
|
Vermello |
0,50 cm. |
3,70 cm. |
Vermello |
0,40 cm. |
4,70 cm. |
|
|
Negro |
0,40 cm. |
3,70 cm. |
Negro |
0,40 cm. |
4,50 cm. |
|
|
Base |
1,30 cm. |
3,80 cm. |
Base |
1 cm. |
5,50cm. con pirntura por riba da base. |
Media dereita arriba ten 2 filas de catro puntos vermellos.
Media dereita medio ten 3 filas de catro puntos vermellos.
Media dereita abaixo ten 2 filas de catro puntos vermellos.
Media esquerda arriba ten 2 filas de catro puntos vermellos.
Media esquerda medio ten 3 filas de catro puntos vermellos.
Media esquerda abaixo ten 2 filas de catro puntos vermellos.

LADO DEREITO
O fondo é de cor negro. O tema principal é o deseño de Bart Simpson, un dos protagonistas da serie de comedia de animación televisiva Os Simpson dos EEUU. A primeira emisión foi o 17 de decembro de 1989. Por iso o deseño é posterior á Pantalla que foi feita no ano 1984. O deseño é de cor amarelo coa camiseta de cor vermella e todo rodeado dun bordo branco. Está nunha postura moi típica deste deseño. A cabeza mide de alta 12 cm. e de ancha 6,80 cm. A camiseta mide 5 cm. de alta e 7 cm. de ancha. O brazo mide de longo 6 cm. e de ancho 1,50 cm. Distribuidos polo corno hai 7 círculos brancos. Tres círculos rodean o deseño de Bart Simpson que miden entre 1,90 cm. e 2 cm. de diámetro. Por riba e no rizo temos 3 círculos de entre 1,50 cm. e 2,20 cm. de diámetro. Un dos círculos está no rizo. Bart Simpson está mirado cara adiante na máscara.

LADO ESQUERDO
O fondo é de cor negro. Ten o mesmo deseño de Bart Simpson coas mesmas medidas. Tamén ten os mesmos 7 círculos brancos na mesma distribución. Bart Simpson está pintado mirando cara atrás na máscara. Polas fotos do final do artigo vemos que cambiou de fondo e de deseño co tempo e coas modas.

O Pano é de cor vermello. De longo mide 50 cm. e de ancho mide 72 cm. Está aserrado na parte inferior con grandes dentes de serra. De base o triángulo que fai o dente de serra mide 8,80 cm. e de lado 8,30 cm. O picado son 4 fileiras de rombos en horizontal onde a de abaixo non leva o mesmo patrón das 3 que están por riba. A serie é de 15 rombos en paralelo as 3 primeiras fileiras. A última fileira ten 13 rombos, algúns en paralelo cos que están por riba e outros colocados entre os dous que están por riba. Os rombos son de diversos tamaños, entre 1 cm. e 2,10 cm.
A Pantalla pesa 693 gr.


Na foto da esquerda temos a Luis coa súa Pantalla. Á dereita Placer e Luis coa Pantalla de Luis, Con esta Pantalla saiu Luis varios anos a disfrutar do entroido.


Nestas fotos podemos ver a Luis cos e coas compañeirxs de Pantalla. A foto da esquerda é do ano 1985 e como vemos Luis é o único home. Empezando pola esquerda e arriba: Isabel, Ana, Luisa, Estrella e Luis. Abaixo pola esquerda: Loli, Isabel, Chari e Olga. Nesas datas a Pantalla do Luis tiña o pano de cor azul. Como podemos ver nos anos oitenta e noventa as cuadrillas saían cos mesmos deseños no corno das Pantallas e normalmente con deseños distintos para cada lado do corno.
