PANTALLA FEITA POR JULIO VILLARINO NO ÚLTIMO CURSO QUE IMPARTIU EN XINZO DE LIMIA. 1983-1984. FOI REMOZADA POR JUANILLO NOS ANOS NOVENTA DO SECULO PASADO.
Esta Pantalla fíxoa Julio Villarino no último curso que impartiu en Xinzo de Limia. Empregouna para mostrarlle aos seus alumno como se tiña que facer unha Pantalla correctamente. É moi posible que esta Pantalla sexa a última que fixo. Ten unha importancia sentimental enorme para a súa propietaria Carmen María Cuquejo López. Para nós ten a importancia de ter sido a última que fixo Julio Villarino. Este home foi literalmente o que salvou a Pantalla de Xinzo de Limia da súa desaparición. Formou parte dunha xeración que tiña a Xinzo moi cerca do corazón. Julio preocupouse de que a máscara continuara viva compartindo a súa sabiduría e bon facer para que esta tradición continuara. Nada menos.! Pero Xinzo é como é. Este home que debería ter unha rúa ao seu nome, ter recibido homenaxes, ser recoñecido publicamente polos seus veciños polo moito que lle debemos. Pois non, queren que a súa persoa e a súa obra quede no esquecemento. Eu dende aiquí, e dentro do pouco que podo facer, quero rendirlle novamente homenaxe a este artesán. E fareino cada vez que teña a incribel sorte de que o destino queira poñer unha das súas preciosas Pantallas nas miñas mans.

A PANTALLA
As Pantallas de Julio Villarino teñen tanta identidade que recoñeces a máscara de contado. Tela nas mans e ollada detidamente produce unha satisfacción enorme. Sabes que esa Pantalla foi feita pola persoa que no seu momento era o referente na elaboración da máscara e o mellor artesán de Pantallas, na miña opinión segue a selo. O corno e o rizo de Julio son os máis difíciles de facer. A orella que non baixa ata o fondo do corno. A cara ancha e o aspecto robusto que garantiza a tranquilidade de que é unha Pantalla segura que non vai cair da cabeza. Todas características das Pantallas de Julio Villarino.

O perímetro da cara mide 31 cm. e da fronte ao queixo mide 19 cm.
A BARBA.
A barba é de cor negra. Sae dende a base das orellas e tamén ao carón da parte da orella onde está a cara. A barba fai unha ondulación continua ata a barba do queixo.
PATILLA DEREITA.
Dende a orella e ata o floco ao carón da orella temos a barba. Dende o alto da ondulación da orella, lado cara, ata o floco a barba mide 6 cm. A ondulación vai cara abaixo e a 2,50 cm. temos a altura media da ondulación inferior que é de 3,20 cm. (Sempre medindo dende o floco). A 3,30 cm. temos o pico superior da seguinte ondulación que mide de alto 5,10 cm. ata o floco. A ondulación volve a ir cara abaixo e a 3,80 cm.temos a altura media da ondulación inferior que é de 2,20 cm. Dende este punto a barba medra ata chegar ao máximo na barba do queixo.
BARBA DO QUEIXO.
De longo mide 10,50 cm. e de alta dende o floco mide 4,40 cm. ata o fondo do sombreiro mide 7 cm.
PATILLA ESQUERDA.
Dende a orella e ata o floco ao carón da orella temos a barba. Dende o alto da ondulación da orella, lado cara, ata o floco a barba mide 6,60 cm. A ondulación vai cara abaixo e a 2 cm. temos a altura media da ondulación inferior que é de 2,80 cm. (Sempre medindo dende o floco). A 3,90 cm. temos o pico superior da seguinte ondulación que mide de alto 4,40 cm. ata o floco. A ondulación volve a ir cara abaixo e a 3,50 cm. temos a altura media da ondulación inferior que é de 2 cm. Dende este punto a barba volve a subir ata os medra ata chegar ao máximo na barba do queixo.

A BOCA.
É de cor vermella e sobresae lixeiramente a pintura. De longo mide 6,30 cm. e de alta con pintura mide 2,20 cm. O burato de longo mide 4,60 cm. e de alto mide 1,10 cm. Sobresae a pintura dos labios só nalgunha parte e o que sobresae mide 0,20 cm. O labio de arriba ten de ancho 1,30 cm. e o labio de abaixo ten un ancho de 1 cm. A distancia da boca á barba é de 1,80 cm., ao floco é de 6,80 cm. e ata o fondo é de 9 cm.
O BIGOTE.
Está pintado de cor negro en dous tramos. O tramo dereito mide de longo 2,80 cm. No centro é máis ancho e cara a punta faise máis estreito. No centro mide de ancho 0,70 cm. e na punta mide de ancho 0,20 cm. O tramo esquerdo mide de longo 2,90 cm. e no centro mide de ancho 0,70 cm. e na punta mide de ancho 0,20 cm. A separación entre ambos é de 0,90 cm. De longo de punta a punta mide 6,60 cm. A separación da boca está entre os 0,40 cm. e os 1,20 cm. porque as puntas do bigote requichan cara arriba. Do nariz está a 0,40 cm.
OS COLORETES.
Son vermellos. O colorete dereito ten de diámetro 1,20 cm. e o colorete esquerdo ten de diámetro 1,20 cm. A separación entre ambos é de 5,30 cm. A separación da base do nariz do colorete dereito é de 1,50 cm. e do ollo está a 1,40 cm. A separación da base do nariz do colorete esquerdo é de 1,40 cm. e do ollo está a 1,20 cm.


O NARIZ.
O nariz é triangular dun só burato. De longo mide 3,50 cm. De alto mide 2,20 cm. De ancho mide na base 3,20 cm. O burato de ancho mide 1,80 cm. e de alto mide 1,30 cm. De groso o feltro e o papel mide 0,60 cm. Na punta do nariz mide 0,60 cm. A parte frontal do nariz e o interior está pintado de vermello.
AS ORELLAS.
Están feitas de feltro empapelado e pintado. A orella dereita está unida tanto á cara como ao corno. A orella esquerda debeu de estar unida tamén mas agora está solta. O corno da orella busca o rizo. Como é norma nas Pantallas de Julio Villarino as orellas non chegan ao fondo do corno e da cara.
OS OLLOS.
O ollo dereito mide de longo 5,20 cm. coa pintura. De alto mide 3,40 cm. O burato mide de longo 4,20 cm. e de alto mide 2,30 cm. A pálpebra de arriba mide de ancho 1 cm. e ten 6 pestanas. A pálpebra de abaixo mide de ancho 2 cm. e ten 4 pestanas. A parte frontal está pintada de vermello e na pálpebra de abaixo sobresae a pintura 0,20 cm.
O ollo esquerdo mide de longo 5,10 cm. De alto mide 3,30 cm. O burato mide de longo 4,30 cm. e de alto mide 2,30 cm. A pálpebra de arriba mide de ancho 0,90 cm. e ten 6 pestanas. A pálpebra de abaixo mide de ancho 1,20 cm. e ten 5 pestanas. A parte frontal está pintada de vermello e na pálpebra de abaixo sobresae a pintura 0,20 cm. A separación dos ollos mide 2,30 cm.

AS CELLAS.
Están pintadas de negro polo perímetro do ollo. A cella dereita mide de longo 7,20 cm. De ancha no medio mide 0,30 cm. A distancia ao ollo é de 0,40 cm.
A cella dereita mide de longo 7,10 cm. De ancha no medio mide 0,40 cm. A distancia ao ollo é de 0,40 cm. A separación entre elas é de 1,40 cm.
O CORNO.
O rizo é de tipo Julio Villarino (Tipo primitivo). As medidas do corno son:
Dende o punto máis alto ao pano de debaixo das orellas mide 28 cm. O longo do faldón dende debaixo das orellas mide 21 cm. O ancho da parte media dende a punta do rizo mide 35 cm. O rizo mide de ancho 7,50 cm. de alto, ata a volta mide 3 cm. e ata o alto do corno mide 14 cm.
O bordo é de cor branco. Ten de media entre 1,70 cm. e 2,30 cm. No faldón por riba do pano mide de alto entre os 2 cm. e os 7 cm. no lado esquerdo e 2,50 cm. no lado dereito. Detrás das orellas mide entre 2 cm. e 3 cm. O corte mide de base 7,50 cm. e de lado mide 7 cm. O triángulo por riba da cara mide de lado 7,50 cm. e de base mide 8,30 cm. Na parte interior do corno podemos ver os cortes do sombreiro de Julio Villarino. Na parte de abaixo e a ambos lados temos uns reforzos de feltro na unión da cara e do corno. Aparece no lado dereito o nome da propietaria CARMEN, escrito por Juanillo cando remozou a Pantalla. Do lado esquerdo deixase entrever o nome de Julio Villarino que quedou tapado co papel cando se remozou a Pantalla. Vemos claramente que Julio non facía unha peza de cartón para o triángulo por riba da cara. Para facelo cosía fios e facía un urdido e sobre este colocaba o papel.
|
DEREITA |
ALTO |
ANCHO |
ESQUERDA |
ALTO |
ANCHO |
|
|
Corno |
5,30 cm. |
2,20 cm.-3 cm. |
Corno |
4,90 cm. |
2,70 cm. |
|
|
Media |
2,60 cm. |
2,20 cm.-3,10 cm. |
Media |
2,40 cm. |
2,70 cm.-3 cm. |
|
|
Vermello |
0,20 cm. |
2,70 cm. |
Vermello |
0,20 cm. |
3 cm. |
|
|
Fondo |
0,10 cm. |
Fondo |
0,10 cm. |
|||
|
Negro |
0,20 cm. |
2,90 cm. |
Negro |
0,30 cm. |
3,20 cm. |
|
|
Fondo |
0,10 cm. |
Fondo |
0,20 cm. |
|||
|
Vermello |
0,10 cm. |
2,80 cm. |
Vermello |
0,20 cm. |
3,10 cm. |
|
|
Media |
2,60 cm. |
2,90 cm.-4,10 cm. |
Media |
2,60 cm. |
3,50 cm.-3,80 cm. |
|
|
Vermello |
0,30 cm. |
3,50 cm. |
Vermello |
0,30 cm. |
3,20 cm. |
|
|
Fondo |
0,20 cm. |
Fondo |
0,20 cm. |
|||
|
Negro |
0,30cm. |
3,50 cm. |
Negro |
0,30 cm. |
3,20 cm. |
|
|
Fondo |
0,20 cm. |
Fondo |
0,20 cm.-0,10 cm. |
|||
|
Vermello |
0,20 cm. |
3,60 cm. |
Vermello |
0,20 cm. |
3,30 cm. |
|
|
Media |
2,10 cm.-2,60 cm.-1,30 cm. |
4,20 cm. |
Media |
2,20 cm.-2,60 cm.-1,80 cm. |
3,50 cm.-3,60 cm. |
|
|
Base |
3,10 cm.-2,50 cm.-3,90 cm. |
4,20 cm. arriba-3,40 cm. abaixo. |
Base |
3.80 cm.-2,50 cm.-3,30 cm. |
3,40 cm. arriba-3,50 cm. abaixo. |
Media dereita arriba: puntiños intercalados de cor negro e vermello a distintas alturas. Están en tres filas. Fila de arriba: vermello-negro-vermello-negro-vermello. Fila do medio: negro-vermello-negro-vermello-negro. Fila de abaixo: vermello-negro-vermello-negro-vermello.
Tanto a media dereita medio e amedia dereita abaixo seguen o mesmo patrón en filas e cores neste caso ordenadamente.
As medias da orella esquerda son son como o patrón en filas e cores das do lado dereito.

LADO DEREITO
O fondo é de cor negro. Abaixo no lateral dereito temos un planeta con grandes cráteres. É de cor azul. Ten un diámetro de 10 cm. Non se ve enteiro. Por riba ten uns puntiños de cor amarelo e branco. Á esquerda temos máis puntiños amarelos e brancos facendo o L da esquina esquerda. No espazo que queda temos unha estrela de 8 puntas cun punto central de cor branco cun esfumado de cor amarelo por riba. De punta a punta mide entre 4 cm. e 5 cm. Por riba outra estrela das mesmas carcterísticas que de punta a punta mide entre 3 m. e 4 cm. Por riba puntiños amarelos e brancos e un planeta de cor amarelo de 4 cm. de diámetro. Por riba máis puntiños amarelos e brancos. Por riba outra estrela con puntiños brancos co esfumado amarelo que de punta a punta mide entre 3,50 cm. e 5 cm. A seguir máis puntiños amarelos e brancos. Outro planeta non completo de cor amarelo oscuro de 6 cm. de diámetro. Debaixo e cara a dereita máis puntiños amarelos e brancos. No rizo outra estrela como as anteriores de cor branca co esfumado amarelo central, ten 3,50 cm. de punta a punta. Á esquerda puntiños amarelos e brancos e outra estrela pequeniña como as outras de entre os 2 cm. e os 2,40 cm. de punta a punta. Debaixo puntiños amarelos e brancos. Por debaixo e chegando ao primeiro planeta azul, temos outra estrela como as anteriores que mide de punta a punta entre os 2,50 cm. e os 3,30 cm. No centro do corno temos unha nebulosa de cor azul de 29 cm. de longa e de entre 3,50 cm. e 4 cm. de ancha. Pola parte inferior da nebulosa aparece un cometa de cor amarelo oscuro de 19 cm. de longo, incluíndo a cola. A cabeza do cometa mide 3 cm. de longa e 1,40 cm. de ancha.

LADO ESQUERDO
O fondo é de cor negro. Na parte de abaixo do lateral esquerdo temos un planeta de cor amarelo e un pouco branco. Ten un diámetro de 10,50 cm. Arriba á esquerda temos unha estrela amarela de oito puntas que miden de punta a punta entre 2,30 cm. e 2,70 cm. Por riba unha estrela branca pequena como a anterior que de punta a punta mide entre os 2 cm. e os 2,50 cm. Por riba desta un conxunto de 7 estrelas de 8 puntas que empezando polo rizo temos unha branca que ten de punta a punta entre 4 cm. e 5 cm. Á dereita unha estrela de cor amarela que de punta a punta mide entre os 3cm. e os 4 cm. Máis á dereita e un pouco abaixo unha estrela branca que mide de punta a punta entre os 3 cm. e os 4,10 cm. Continuando cara a dereita pero un chisco máis arriba temos unha estrela de cor amarelo que mide entre os 2,50 cm. e os 3,20 cm. de punta a punta. A última estrela de arriba é de cor branca que de punta a punta mide entre os 3 cm. e os 4 cm. Por debaixo temos dúas estrelas amarelas. A da esquerda é máis pequena mide de punta a punta entre os 2,50 cm. e os 2,80 cm. A da dereita mide de punta a punta entre os 3,50 cm. e os 4,20 cm. Á dereita deste conxunto temos, non completo, un planeta de cor rosa de branco cun diámetro de 5,50 cm. No centro do corno hai unha figura astral, un sol amarelo con raios de cor verde que non son rectos. O diámetro do sol é de 1,10 cm. e os raios miden dende os 1,10 cm. ata os 2,30 cm. A partir destes raios verdes xurden outros raios de puntiños brancos tamén facendo ondulacións. Miden estes raios entre os 3,10 cm. ata os 4,20 cm. Á dereita desta figura e na parte superior dereita do planeta amarelo do fondo temos un conxunto de 3 estrelas: unha amarela máis próximas ao planeta que mide de punta a punta entre os 3,50 cm. e os 4,50 cm. A estrela branca que está máis arriba mide de punta a punta entre os 3,30 cm. e os 4,10 cm. A que está debaixo mide de punta a punta entre os 4,30 cm. e os 4,70 cm. Finalmente temos a sinatura do JUAN. Mide de longa 2,60 cm. e de alta 0,90 cm. A J mide de alta 1,10cm.

O Pano é de cor vermello. De longo mide 53 cm. e de ancho mide 75 cm. Está aserrado con grande dentes de serra na parte inferior. Estes dentes inferiores miden de lado sobre 11 cm. Os lado dos triángulos non son rectos e van facendo ondulacións á altura de cada grupo de rombos. De base mide 7,50 cm. O picado nos grandes triángulos, nove en total máis os medios triángulos dos laterais, está composto de 6 rombos en grupos de dous. Os que están cara a punta son máis pequenos e aumentan de tamaño segundo suben. Os que están na punta do triángulo miden de lado 0,40cm. e están a 3 cm. máis ou menos do fondo. A separación entre ambos rombos é de 0,90 cm. Colocados por riba están outros dous rombos a 2 cm. dos primeiros. De lado miden 0,60 cm. e a separación entre eles é de 1,50 cm. Na parte superior están os outros dous rombos a 2,70 cm. dos anteriores.De lado miden 0,80 cm. A separación entre eles é de 2,20 cm. Nos laterais só teñen tres rombos. Por riba destes hai unha fileira de rombos por todo o ancho do pano. Son en total 19 rombos de 0,40 cm. de lado. A colocación segue o seguinte patrón: o primeiro rombo vai na punta do contra-triángulo. O seguinte rombo está a altura do medio do triángulo real. A distancia desta fileira de rombos á dos rombos da parte superior dos triángulos é de 3 cm. A separación entre eles é de 3,50 cm. Por riba desta fileira temos outra fileira de 10 rombos de 0,90 cm. de lado e a separación entre eles é de 6,50 cm.
A Pantalla pesa 687 gr.
Detalle do corte na parte traseira da máscara.

Reforzo do lado dereito de cara e corno.

Reforzo do lado essquerdo de cara e corno.

Interior da cara con cortes e reforzos.

Detalle dos ocos para boca, nariz e ollos.

Detalle do urdido no triángulo por riba da cara.

Nome da propietaria escrito por Juanillo cando remozou a Pantalla.

Tapado polo papel o nome de Julio.

Nome do Juan no lado esquerdo do corno.

Detalle do planeta amarelo do fondo do lado esquerdo do corno.

Outro planeta amarelo do lado dereito do corno.

Planeta do lado dereito do corno.

Planeta vermello e blanco do lado esquerdo do corno.

Planeta azul do lado dereito do corno.

Cabeza de cometa do lado dereito do corno.

Patrón de picado no pano.

Detalle de picado no triangulo do pano.

Detalle da unión entre o floco e o pano.

Cuadrilla de mociñas e mociños. Na foto sae Carmen coa Pantalla orixinal. Anicadas de esquerda a dereita: Carmen Cuquejo, Susana, Elena e Alfonso de pé. Arriba de esquerda a dereita: Mercedes, Carmen e María Jesús.

PANTALLA ORIXINAL.
