PANTALLA DE JOSÉ RAMÓN SANTIAGO (PEPE MÍPALO) FEITA POR QUIQUE SUÁREZ.

Unha Pantalla feita por Enrique Suárez Gómez (Quique de Barcelona) no ano 1979.


Esta Pantalla é a primeira de adulto que teño de Enrique Suárez Gómez (Quique de Barcelona) e é do ano 1979. Deixama José Ramón Santiago, Pepe Mípalo, que a gardou na casa como un tesouro todos os anos que estivo en Venezuela. Non sufriu ningunha modificación nin remozado polo que está como saiu das man de Quique. É un verdeiro tesouro que merece ser gardado con todo o respecto.

A PANTALLA

As Pantallas de Quique Suárez foron innovadoras. Nos seu tempo tamén chamou a atención e houbo bastante polémica porque a xente non admitiu estas máscaras de bo grado porque rompían coa estética predomintante naquela altura. Pero as Pantallas de Quique chegaban dende Barcelona pola Empresa Villalón (empresa de autobuses) e vendíanse porque naqueles anos non había quen fixese Pantallas que enchese a demanda que había delas.

A Pantalla é diferente en xeral do modelo canónico. Destaca sobre todo polo rizo, ten un triángulo moi grande por riba da cara e unha curva do rizo enorme.(Este modelo de rizo tan grande é empregado por Santi na actualidade para algunha das súas Pantallas). Se ollamos unha das Pantallas de Julio Villarino ou de Raquel Rodríguez, o rizo está pegado á cara. A forma da cara, os ollos, nariz e boca tamén son diferentes aos que predominaban. As cores que emprega nos galóns das orellas ou os puntiños por todo o bordo da máscara son aportacións persoais de Quique Suárez.

Vemos esta Pantalla en detalle.

Dende o corno sae unha correa que colle parte da orella e un pouco da cara. A correa mide de longo 5 cm. e de alta mide 1,20 cm. ata o floco do lado do corno e 1,40 do lado da patilla. A patilla mide de alta 4,10 cm. ata o floco. De longo mide 5,60 cm. Ata a barba do queixo temos unha correa que mide de longo 3,20 cm. e de alta 0,70 cm. ata o floco.

De longo mide 6,50 cm. De alta mide dende o floco 4,80 cm.

O perímetro da cara mide 36,50 cm. Da fronte ao queixo mide 23,50 cm. A cara é de cor ocre.

É de cor negra e sae pola parte de debaixo das orellas. Ten unha patilla a cada lado da cara e unhas correas na barba do queixo e a barba do queixo.

Dende o corno sae unha correa que colle parte da orella e un pouco da cara. A correa mide longo 6,30 cm. e de alta mide 0,40 cm. ata o floco do lado do corno e 0,40 do lado da patilla. A patilla mide de alta 3,50 cm. ata o floco. De longo mide 5,50 cm. Ata a barba do queixo temos unha correa que mide de longo 3,20 cm. e de alta 0,70 cm. ata o floco.

É de cor vermella. Sobresae dos labios. De longa mide 5,40 cm. De alta mide 2,20 cm. coa pintura. O burato de longo mide 4,40 cm. De alto o burato mide 1,30 cm. A pintura sobresae no labio de abaixo 0,40 cm. e no labio de arriba 0,40 cm. O ancho do labio de arriba mide 0,50 cm. e o ancho do labio de abaixo mide 0,80 cm. A distancia á barba é de 1,90 cm. dende a pintura, ao floco mide 6,40 cm. e ata o fondo mide 9,30 cm.

Está pintado de cor negro. Son ondulados. O tramo dereito mide de longo 3,90 cm. e de ancho entre os 0,60 cm. e os 0,90 cm. O lado esquerdo mide de longo 4,10 cm. e de ancho entre os 0,60 cm. e os 0,90 cm. A separación entre eles é de 0,30 cm. En total mide 8,30 cm. Ten unha parte que vai pegada á boca e sepárase desta cando revira cara arriba. A distancia ao nariz é de 0,10 cm. Os dous tramos do bigote saen de debaixo do nariz, tocan na boca e reviran as puntas cara arriba.

O nariz é triangular dun só burato. De ancho na base mide 4 cm. De longo mide 4,60 cm. De alta mide 1,60 cm. O burato mide de ancho 1,20 cm. e de alto 0,70 cm. O grosor do feltro e do papel miden de ancho 1 cm.e na punta do nariz mide 0,90 cm. Na punta do nariz ten un reforzo de 0,90 cm. de ancho. Na parte frontal ten una liña de cor vermella por case todo o perímetro. Esta liña mide de longo 4,50 cm. e de ancha mide 0,40 cm.

Son de cartón e están pegadas na cara e teñen a tendencia de buscar ao rizo coas puntas.

O ollo esquerdo mide de longo con pintura 5,80 cm. De alto mide 3,70 cm. O burato mide de longo 4,50 cm. e de alto 2,30 cm. A pálpebra de arriba mide de ancha 1,10 cm. sen pestana. Está pintada de vemello na parte frontal. A pálpebra de abaixo mide 1 cm. sen pestanas e tamén está pintada de vermello. A separación entre os ollos é de 1,80 cm.

Están pintadas de negro polo perímetro do ollo. A cella dereita mide de longa 8,20 cm. De ancha mide entre 0,60 cm. e 0,80 cm. A distancia ao ollo é de 0,10 cm. A cella esquerda mide de longa 7,30 cm. De ancha mide entre 0,70 cm. e 0,80 cm, A distancia ao ollo é de 0,10 cm. A separación entre elas é de 0,50 cm.

Dende o punto máis alto ata o pano debaixo das orellas mide 35 cm. O longo do faldón dende debaixo das orellas mide 20 cm. O ancho da parte media dende a punta da rizo mide 41 cm.

O rizo mide de ancho 4 cm. e despois vaise ensanchando. Cara o medio ten 16 cm. por onde remata o triángulo da cara. O rizo é plano e o burato que crea mide de alto 15,70 cm. e de longo mide 20 cm. De perímetro o rizo mide 106 cm. Colgando do rizo hai un axouxer de 1,50 cm. de diámetro de cor prateado e amarrado cun arame de cor azul.

O bordo é de cor negro con puntiños brancos cunha separación de entre os 2,80 cm. e os 4,70 cm. Os puntiños son de 0,50 cm. de diámetro. O bordo mide 1 cm. de ancho. No faldón ten un longo de 14 cm. e de ancho 0,80 cm. Na orella mide de longo 9 cm. e de ancho na parte de arriba mide 4,50 cm. e na parte de abaixo mide 2,50 cm. O bordo por riba da cara mide de ancho 1,50 cm. O triángulo por riba da cara mide de base 7 cm. e de lado 20,70 cm. Polo triángulo tamén temos puntiños brancos e una parte azul de 4,80 cm. de alto e 7,20 cm. de ancho. No é regular e nalgunha zona é máis estreita. Ten dous adhesivos, unha flor de cor azul e follas vermellas e un pallaso tocando unha harmónica.

O corte ten un ancho de 4 cm. e de alto ten 6,70 cm.

O fondo é de cor azul ceo. Ten puntiños por todo o fondo de cores vermello, laranxa, branco e dourado. Por todo o corno temos 11 adhesivos de cores. Dende o rizo temos unha flor veremella, unha flor amarela, un pallaso tocando o xilófono, un pallaso fumando un puro e cun abano, un hippie fumando e xogango ao ioió, unha flor vermella, un pallaso cunha botella e unha mazá facendo xogos malabares, unha flor vermella e branca e un hippie cunha guitarra. Os adhesivos correspóndense con modelos dos anos setenta do século pasado.

O fondo é de cor zul ceo. Ten puntiños por todo o fondo de cores amarelo, vermello, branco e dourado. Por todo o corno temos 11 adhesivos de cores. Dende o rizo temos unha flor vermella, unha flor rosa, un pallaso tocando os platillos, un hippie tocando a batería, un pallaso tocando o saxofón, unha flor azul, unha flor azul e vermella, unha rosa vermella, un hippie cantando, unha flor amarela e un hippie bebendo.

As orellas teñen as seguintes formas e cores:

DEREITA

ALTO

ANCHO

ESQUERDA

ALTO

ANCHO

Corno

4,20 cm.

3,40 cm.

Corno

3,70 cm.

3,50 cm.

Ocre

0,80 cm.

3,50 cm.

Ocre

0,70 cm.

3,80 cm.

Prateado

0,60 cm.

3,90 cm.

Prateado

0,60 cm.

4,10 cm.

Negro

0,60 cm.

3,90 cm.

Dourado

0,70 cm.

4,20 cm.

Amarelo

0,30 cm.

4,20 cm.

Amarelo

0,60 cm.

4,50 cm.

Dourado

0,30 cm.

4,30 cm.

Media

3,50 cm.

Media

3,70 cm.

Prateado

0,60 cm.

4,60 cm.

Prateado

0,60 cm.

5 cm.

Vermello

0,60 cm.

4,60 cm.

Vermello

0,50 cm.

4,80 cm.

Negro

0,60 cm.

4,60 cm.

Negro

0,60 cm.

4,80 cm.

Amarelo

0,60 cm.

4,30 cm.

Amarelo

0,20 cm.

4,50 cm.

Media

3,20 cm.

Dourado

0,50 cm.

4,60 cm.

Dourado

0,50 cm.

4,70 cm.

Media

2,90 cm.

Media

3,20 cm.

Negro

0,60 cm.

5,10 cm.

Dourado

0,50 cm.

4,70 cm.

Ocre

0,80 cm.

5,10 cm.

Ocre

0,60 cm.

4,50 cm.

Base

0,70 cm.

6,30 cm.

Base

1,20 cm.

5 cm.

A media da orella dereita na parte de arriba ten a seguinte serie de puntiños empezando de arriba a abaixo: 2 puntiños amarelos, 3 puntiños vermellos que van intercalados entre os puntiños amarelos. Unha serie de puntiños vermello, amarelo, vermello, amarelo e vermello. A última serie é de puntiños de cor dourado, vermello, dourado, vermello e dourado.

A media da orella dereita na parte de abaixo ten a seguinte serie de puntiños empezando de arriba a abaixo: 3 puntiños de cor vermello, 2 puntiños de cor amarelo, 3 puntiños de cor prateado, 2 puntiños de cor amarelo, 3 puntiños de cor vermello e un único puntiño de cor vermello para finalizar.

A media da orella esquerda na parte de arriba ten a seguinte serie de puntiños empezando de arriba a abaixo: 2 puntiños de cor vermella, dous puntiños de cor amarela, 2 puntiños de cor vermella, 3 puntiños de cor vermella, 2 puntiños de cor amarela, 3 puntiños de cor dourado e finalmente dous puntiños de cor vermella.

A media da orella esquerda na parte de abaixo ten a seguinte serie de puntiños empezando de arriba a abaixo: serie de puntiños incompleta vermella, amarela xxxx, amarela e vermella. Debaixo 3 puntiños prateados, 2 puntiños amarelos e para rematar 4 puntiños vermellos.

O pano é de cor verde. De longo mide 45 cm. e de ancho mide 70 cm. A parte de abaixo está aserrada e os lados dos triángulos que crea miden entre os 1,50 cm. e os 2,30 cm. Onde están cosidos os axóuxeres a forma é cadrada. Porque esta Pantala ten axóuxeres no fondo do pano. É a primeira vez que se dá esta circunstancia. Ten 8 axóuxeres, realmente serían nove pero un perdeuse, de 1,70 cm. de diámetro de cor prateado. Están colocados entre 7 cm. e 8 cm. un dos outros. O picado é unha serie de 3 rombos en vertical que se repite 9 veces. Entre elas aparece un só rombo que se repite 9 veces e que está colocado á altura do segundo e terceiro rombo empezando por arriba.

O PANO

O FLOCO

O floco é de cor amarelo. Mide de perímetro ao redor da cara 35,50 cm. De alto mide 7 cm. e a parte pegada a cara mide 4 cm. e o floco colga 3 cm.

A Pantalla pesa 1.072 gr. É a máis pesada ata o momento.

Agradecementos

Quero agradecerlle a José Ramón Santiago (Pepe Mípalo) que gardase esta Pantalla con cariño. Que chegase ata os nosos días é un feito moi impotante.
Quero agradecerlle o préstamo para o seu estudo e poder coñecer esta máscara polo miúdo.

Scroll ao inicio