OBRADOIRO impartido por Julio Villarino no instituto de Xinzo de Limia no curso 1981-1982.
Isabel Gómez Martínez quixo ter unha Pantalla para sair a correr o entroido coas súas amigas. Anotouse a un curso que organizou o mestre de debuxo no Instituto de Xinzo. Quería facer a Pantalla ela mesma. Estamos no ano académico 1981-1982. Foi Julio Villarino o que impartiu o curso, nada menos!. Isabel fixo a máscara e Manolo pintouna na palleira do Belucho. Manolo era daquelas a parella de Isabel. Tamén puxo Manolo a Pantalla para sair cos seus amigos. Despois a Pantalla estivo gardada ata que unha filla de ambos quixo sair con ela, só a puxo un ano. A Pantalla estivo na rúa cinco anos.
Agora a Pantalla descansa gardada e Isabel tivo a amabilidade de traela para que a olláramos e para que a estudemos. Con esta Pantalla queda constancia para a historia da nosa máscara o curso que se fixo no Instituto, co valor engadido de que foi Julio Villarino a persoa que o impartiu.
Na fotografía empezando pola esquerda as que están de pé son: Isabel Losada,Isabel Gómez, Teté Losada, Elvira Lama, Pilar Vila e Begoña López.
As anicadas empezando pola esquerda son: Montse Bernárdez, Mari Carrera, Manolita Vallejo, Susi e Cristina.


A PANTALLA
A Pantalla contou co beneplacito de Julio Villarino na forma porque da pintura non gustou. Isabel foilla a mostrar porque así llo pediu Julio, e con Julio non se podía xogar moito porque en temas da mascara non permitía licencias. Era moi esixente e mandaba repetir formas, por exemplo se non gustaba das orellas, mandaba repetir as puntadas, se non estaba ben cosido o corno, incluso obliganba aos aprendices a marcar cunha regla a distancia dos buratos por onde debía pasar a agulla co fio para coser o pano. Ese nivel de esixencia e perfección fixo que a elaboración da máscara se trasmitise fielmente e sen desviarse do modelo tradicional. Moito lle debe a nosa máscara a Julio Villarino.
O ESTUDO

A BARBA
A barba é negra e sae dende as orellas. Ten unha patilla a cada lado da cara e a barba do queixo.

PATILLA DEREITA
Ten un longo de 8,50 cm. De alto ata o floco mide entre 1,40 cm. e 3 cm. A parte estreita da orella mide 1,30 cm. A parte estreita da barba do queixo mide 2,50 cm.

PATILLA ESQUERDA
Ten un longo de 8 cm. De alto ata o floco mide entre 0,50 cm. e os 2,50 cm. A parte estreita da orella mide 0,50 cm. A parte estreita da barba do queixo mide 2,50 cm.

A BARBA DO QUEIXO
De longo mide 9,50 cm. De alta mide dende o floco 4,80 cm..

A BOCA
É de cor vermella e sobresae a pintura lixeiramente dos labios. De longa mide con pintura 6,30 cm. De alta con pintura mide 1,20 cm. O burato de longo mide 6 cm. e de alto mide 0,70 cm. A pintura sobresae 0,10 cm. do labio inferior e do superior. O ancho do labio de arriba mide 1 cm. O ancho do labio de abaixo mide 1,30 cm. A distancia á barba é de 4,50 cm., ao floco é de 9 cm. e ata o fondo mide 10 cm.

O BIGOTE
Está pintado de negro en dous tramos e as puntas están reviradas cara arriba. O lado dereito mide de longo 3,20 cm. e de ancho mide 0,30 cm. O lado esquerdo mide de longo 3,10 cm. e de ancho entre 0,20 cm. e 0,30 cm. A separación entre ambos é de 0,30 cm. En total mide de longo 6,60 cm. A separación da boca é de 0,30 cm. e do nariz está a 0,30 cm.

OS COLORETES
Son vermellos. Tanto o dereito co o esquerdo teñen de diámetro 0,50 cm. A separación entre eles é de 6,70 cm. O colorete dereito está separado da base do nariz 2 cm. e do ollo está a 2,20 cm. O colorete esquerdo está separado da base do nariz 1,80 cm. e do ollo está a 2 cm.

O NARIZ
O nariz é triangular. De ancho na base mide 3,60 cm. De longo mide 3,90 cm. De alta mide 2,20 cm. O burato de alto mide 0,80 cm. de alto e 1,60 cm. de ancho. O grosor do feltro e do papel mide 0,80 cm. Na punta do nariz o grosor mide 1,10 cm. A parte frontal está pintada de vermello.

OS OLLOS
O ollo dereito mide de longo 5,30 cm. De alto mide 3,30 cm. O burato mide de longo 4,40 cm. e de alto mide 2,70 cm. A pálpebra de arriba mide de ancha 0,60 cm. Non ten pestanas. A pálpebra de abaixo mide de ancha 0,70 cm. Non ten pestanas.
O ollo esquerdo mide de longo 5,20 cm. De alto mide 3,20 cm. O burato mide de longo 4,10 cm. e de alto mide 2,30 cm. A pálpebra de arriba mide de ancha 0,70 cm. Non ten pestanas. A pálpebra de arriba mide de ancha 1 cm. Non ten pestanas. A separación entre os ollos é de 2,40 cm.
LADO DEREITO
Ten o fondo negro. Temos cinco círculos polo fondo de diferentes cores. Este deseño seguro que foi acordado polas mozas porque coinciden as cores e o número de círculos. Querían sair todas coas Pantallas pintadas iguais.
Comezando polo rizo temos un círculo de cor crema de 5,30 cm. de diámetro. Se descendemos polo corno temos un de cor rosa de 5,20 cm. de diámetro. O seguinte é un de cor azul de 5 cm. de diámetro. Temos agora un de cor morada de 4,90 cm. de diámetro. Finalmente temos un de cor vermella de 5,10 cm. de diámetro.
LADO ESQUERDO
Ten o fondo negro. No centro temos un círculo vermello de 15,20 cm. de diámetro e 1 cm. de ancho.
A 3,10 cm. deste, temos un círculo branco de 7,60 cm. Dentro do círculo o anagrama da marca de automóviles italiana MASERATI en cor vermella. Mide de alta 4,70 cm. e de ancha mide 3,70 cm.
No faldón aparace escrito XINZO 82. en vermello. As letras miden de alto 1,30 cm. e de longo o conxnto mide 8 cm. O puntiño vermello mide 0,40 cm.

AS CELLAS
Esta Pantalla non ten cellas.

AS ORELLAS
As orellas son de feltro empapedas. A parte interior está cosida e na base está cosida a parte exterior e a interior. Segundo vai subindo cara o rizo vaise separando.

O CORNO
O corno é do modelo Julio Villarino antigo.
As medidas do corno son:
Dende o punto máis alto ata o pano por debaixo das orellas mide 28,50 cm. O longo do faldón dende debaixo das orellas mide 20 cm. e ata o alto do corte mide 23 cm. O ancho da parte media dende a punta do rizo mide 41 cm. O rizo mide de ancho 8,50 cm. De alto ata o doblez mide 5 cm. e ata o alto do corno mide 14 cm. O bordo é de cor azul e ten de ancho unha media de 1,50 cm. O corte mide de base 10,50 cm. e de alto 9 cm. Nas orellas o bordo mide 2,50 cm. O triángulo por riba da cara mide de base 5,50 cm. e de lado 5 cm. Como o rizo se mete polo medio crea uns lados máis pequenos do triángulo que miden 3,30 cm. o do lado esquerdo e 3 cm. o do lado dereito.
|
DEREITA |
ALTO |
ANCHO |
DEREITA |
ALTO |
ANCHO |
|
|
CORNO |
5,50 cm. |
3,60 cm. |
CORNO |
5,80 cm. |
3,10 cm. |
|
|
FONDO |
0,50 cm. |
FONDO |
1,20 cm. |
|||
|
VERMELLO |
0,20 cm. |
3,50 cm. |
VERMELLO |
0,30 cm. |
3,30 cm. |
|
|
MEDIA |
0,60 cm. |
MEDIA |
0,70 cm. |
|||
|
NEGRO |
0,20 cm. |
3,60 cm. |
NEGRO |
0,30 cm. |
3,50 cm. |
|
|
FONDO |
0,90 cm. |
FONDO |
1,10 cm. |
|||
|
NEGRO |
0,20 cm. |
3,80 cm. |
NEGRO |
0,30 cm. |
3,30 cm. |
|
|
MEDIA |
0,50 cm. |
MEDIA |
0,80 cm. |
|||
|
VERMELLO |
0,10 cm. |
3,70 cm. |
VERMELLO |
0,20 cm. |
3,90 cm. |
|
|
MEDIA |
1,30 cm. |
MEDIA |
0,80 cm. |
|||
|
NEGRO |
0,30 cm. |
4,10 cm. |
NEGRO |
0,30 cm. |
4,10 cm. |
|
|
MEDIA |
0,60 cm. |
MEDIA |
1,30 cm. |
|||
|
VERMELLO |
0,10 cm. |
4 cm. |
VERMELLO |
0,30 cm. |
4,10 cm. |
|
|
MEDIA |
0,60 cm. |
MEDIA |
0,60 cm. |
|||
|
NEGRO |
0,30 cm. |
4,10 cm. |
NEGRO |
0,30 cm. |
4,10 cm. |
|
|
FONDO |
0,90 cm. |
FONDO |
1 cm. |
|||
|
NEGRO |
0,20 cm. |
3,90 cm. |
NEGRO |
0,30 cm. |
4,20 cm. |
|
|
MEDIA |
0,40 cm. |
MEDIA |
0,60 cm. |
|||
|
VERMELLO |
0,20 cm. |
3,80 cm. |
VERMELLO |
0,30 cm. |
4,10 cm. |
|
|
FONDO |
0,40 cm. |
FONDO |
0,50 cm. |
|||
|
BASE |
3/3,80 cm. |
2,70/3,60 cm. |
BASE |
2,40/2,70 cm. |
3,50/4,10 cm. |
O PANO
O pano é de cor azul. De longo mide 60 cm. e de ancho 53 cm. Polos laterais ten algúns cortes en medio círculo.
O Picado. Debaixo do corte do corno ten dous rombos de 1,20 cm. de lado o que está arriba e 0,60 cm. de lado o que está abaixo. Debaixo destes dous, hai un grupo de tres. Por debaixo deste grupo hai un rombo e debaixo deste, outro grupo de tres.
No primeiro grupo de tres rombos á altura do do medio saen a dereita e esquerda catro rombos de varios tamaños. Esta distribución tamén a temos no grupo de tres rombos que están na parte de abaixo.
A Pantalla pesa 705 gr.

Detalle do floco que era o que en tempos se puña nas colchas das camas. Moi diferente ao que se usa agora.

Imaxe frontal do rizo onde vemos que ao meterse tanto cara o corno crea dúas puntas a cada lado. Este corno con este rizo é un dos máis complicados de facer.

A cara por dentro co corte do sombreiro tan importante para diferenciar os estilos dos artesáns.

Na foto vemos a Manolo, o segundo de pé empezando pola esquerda, coa Pantalla que fixo Isabel e pintou el mesmo.


