PANTALLA DE GILBERTO ACEVEDO (BERTO).

BERTO ACEVEDO (Unha Pantalla ligada a Julio Villarino)


A familia de Gilberto Acevedo está unida dende hai anos a Xinzo de Limia. Na vila tiveron negocios e tamén puxeron aulas. Gilberto Acevedo (Berto) foi mestre. A el lle debemos esta Pantalla. As miñas mans chega a través do fillo maior Fausto, co que manteño unha duradeira amizade dende a infancia que nin o tempo nin a distancia fixo esmorecer. Compartimos de nenos moitas aventuras nos calurosos veráns de Xinzo e de mozos tamén tivemos algunha que outra “aventura” que a discreción me impide contar. Con Fausto comparto o pracer de sair de Pantalla no entroido de Xinzo.

Berto Acevedo aprendeu de Julio Villarino e ainda que nunca se puxo a fondo a facer Pantallas baixo as instruccións de Julio, pese a insistencia deste, si que fixo varias Pantallas. Pintou tamén varias Pantallas feitas por Julio no comercio que este tiña na Praza Maior.

Non quería rematar a introducción sen falar de outro Acevedo, neste caso Humberto, que foi poeta o compositor de moitas cancións que se cantaron no entroido de Xinzo de Limia. Como en moitos outros casos o Entroido de Xinzo está en débeda con Humberto polas aportacións á festa. Como exemplo dicir que foi o compositor da canción tan querida para os entroideiros de Xinzo: “ENTROIDO DA NOSA ANTELA” que no ano 2018 conseguimos que fose recordada novamente.

A PANTALLA

A cara da Pantalla está feita con fieltro e presenta unhas características que a fai diferente as vistas con anterioridade. Como comentei anteriormente, Berto non chegou a aprender as técnicas de Julio Villarino entre as que destacaba o corte do sombreiro para darlle forma á cara. É unha Pantalla cunha cara ancha e ollos pequenos. As orellas son grandes e as partes das orellas que chamamos corno son longos e buscan o rizo polo que non son rectas. A pintura da cara é de cor ocre. Para rematar esta Pantalla tivo a axuda de José Martínez. Entre os dous coseron a cara e o corno.

A barba é de cor negra. Ten varias ondulacións en forma de relevo montañoso e a barba do queixo.

Sae dende a orella e mide de alta 2 cm. dende o floco. Segue unha ondulación que mide 4 cm. de longa. Na parte máis baixa mide 1 cm. O pico desta ondulación mide 2,20 cm. A seguinte ondulación mide na parte máis baixa 1,60 cm. De pico a pico mide 5 cm. O alto do pico está nos 2,70 cm. ata o floco. Dende este punto ata barba do queixo temos 2,70 cm. Na barba do queixo a parte máis baixa mide 1,20 cm. ata o floco.

Sae dende a orella e mide de alta 3 cm. dende o floco. Segue unha ondulación que mide 4,20 cm. de longa. Na parte máis baixa mide 2,10 cm. O pico desta ondulación mide 2,50 cm. A seguinte ondulación mide na parte máis baixa 1,70 cm. De pico a pico mide 4,80 cm. O alto do pico está nos 2,60 cm. ata o floco. Dende este punto á barba do queixo temos 2,10 cm. Na barba do queixo a parte máis baixa mide 1,60 cm. ata o floco.

BARBA DO QUIEXO.

De longo mide 8,70 cm. De alta mide 3 cm. ata o floco.

É de cor vermella. Sobresae lixeiramente dos labios. De longo mide coa pintura 6,10 cm. e de alta coa pintura mide 1,60 cm. O burato de longo mide 4,10 cm. e de alto mide 0,80 cm. Sobresae a pintura do labio de arriba 0,20 cm. e do labio de abaixo sobresae a pintura 0,40 cm. O labio de arriba ten de ancho 0,80 cm. e o labio de abaixo ten un ancho de 0,40 cm. A distancia da pintura da boca á barba é de 3,30 cm. , ao floco é de 6,40 cm. e ata o fondo é de 8,50 cm. O nariz está a 1,70 cm. A boca ten un reforzo todo o redor de 1,30 cm. de ancho.

Está pintado en dous tramos unidos no centro, Ten as puntas cara abaixo. O tramo dereito mide de longo 3,50 cm. e de ancho mide 1 cm. O tramo esquerdo mide de longo 3,30 cm. e de ancho mide 1 cm. A separación entre ambos é de 1 cm. En total mide 11 cm. A parte central que non está pintada mide de alta 0,60 cm. O piquiño que está por riba desta parte central sen pintar mide 0,70 cm. A separación á boca é de 0,60 cm. e as puntas que caen cara abaixo miden máis ou menos 0,40 cm. A separación das puntas da boca mide entre os 0,30 cm. e os 0,40 cm. Non ten separación no centro con respecto ao nariz e nas puntas a separación é de 0,70 cm.

O nariz é redondo dun só burato. De longo mide 5 cm. De alto mide 2,20 cm. De ancho mide na base 5 cm. O burato de ancho mide 3,70 cm. e de alto mide 1,80 cm. De groso o feltro e o papel mide 0,40 cm. A parte frontal do nariz está pintada de vermello.

As orellas son grandes en volumen e en altura. O corno, a punta pintada de negro, sae a altura da cara. Están feitas de feltro empapeladas.

O ollo dereito mide de longo 7,20 cm. coa pintura. A pintura que ten no ollo, que non o cubre ata as esquinas, mide 5,30 cm. De alto mide 2 cm. O burato mide de longo 3,90 cm. e de alto mide 1,40 cm. A pálpebra de arriba mide de ancho 0,70 cm. está pintada a parte frontal e non ten pestanas. A pálpebra de abaixo mide de ancho 0,50 cm. Sobresae a pintura 0,10 cm. e non ten pestanas. A separación dos ollos mide 2,80 cm.

Están pintadas de negro polo perímetro do ollo. A cella dereita mide de longo 6,50 cm. De ancha no medio mide 0,60 cm. Remata en punta que mide 0,20 cm. A distancia do ollo é de 0,60 cm.

A cella esquerda mide de longo 6,80 cm. De ancha no medio mide 0,70 cm. Remata en punta que mide 0,20 cm. A distancia do ollo mide 0,70 cm. A separación entre elas é de 1,70 cm.

Dende o punto máis alto ao pano de debaixo das orellas mide 30 cm. O longo do faldón dende debaixo das orellas mide 24 cm. O ancho da parte media dende a punta do rizo mide 41 cm. O rizo mide de alto dende a volta 11,50 cm. e de ancho mide 10 cm. De alto ata o corno mide 19 cm. Ten por dentro na parte inferior un reforzo para que sexa máis estable e cómoda.

O bordo é de cor negro. Ten de media entre 1 cm. e 0,80 cm. No faldón non ten bordo. O corte mide de lado 11 cm. dende o fondo e de base mide 3,60 cm. Detrás das orellas mide 1 cm. O triángulo por riba da cara está todo pintado de cor verde e mide de lado 15 cm. e de base mide 8,50 cm. O bordo nas orellas é unha pincelada fina de 0,10 cm.

DEREITA

Alto

Ancho

ESQUERDA

Alto

Ancho

Corno

9,30 cm.

5,40 cm.

Corno

9,10 cm.

5,40 cm.

Media

2,50 cm.

5,20 cm.

Media

2,50 cm.

5 cm.

Vermello

0,80 cm.

4,90 cm.

Vermello

0,70 cm.

4,90 cm.

Media

1,20 cm.

4,70 cm.

Media

1,10 cm.

4,90 cm.

Vermello

0,70 cm.

4,70 cm.

Vermello

0,70 cm.

4,80 cm.

Media

2,40 cm.-3,20 cm.

3,90 cm.-4,10 cm.

Media

1,70 cm.-3 cm.

4,40 cm.-4,60 cm.

Base

0,60 cm.-2 cm. ao floco.

4,20 cm.

Base

0,50 cm.-2,90 cm. ao floco.

4,70 cm.

A media dereita arriba ten 2 filas de 10 puntiños vermellos. A separación entre as filas mide 0,60 cm. A distancia ao corno é de 1,10 cm. e do galón vermello está a 0,70 cm.

A media dereita media ten 1 fila de 10 puntiños de cor negro colocados no centro da media.

Media dereita abaixo. Ten 2 filas de puntiños vermellos. A fila de arriba ten 10 puntiños e a de abaixo ten 9 puntiños. A separación entre as filas mide 0,70 cm. A distancia ao galón vermello é de 0,80 cm. Á base está entre os 0,90 cm. e os 1,30 cm.

A media esquerda arriba ten 2 filas de 11 puntiños vermellos a fila de arriba e 10 puntiños vermellos a fila de abaixo. A separación entre as filas mide 0,50 cm. A distancia ao galón vermello é de 0,80 cm.

A media esquerda media ten 1 fila de 11 puntiños de cor negro colocados no centro da media.

Media esquerda abaixo. Ten 2 filas de puntiños vermellos. A fila de arriba ten 10 puntiños e a de abaixo ten 9 puntiños. A separación entre as filas mide 0,80 cm. A separación ao galón vermello é de 0,70 cm. A base está entre os 0,60 cm. e os 1,30 cm.

O fondo é unha amálgama de cores amarelas, verdes, vermellas, azuis e brancas ainda que predomina o amarelo. O motivo principal é un dragón coas características dun dragón oriental. É de cor verde con brazos e pernas de cor violeta oscuro. O dragón mide de alto 26,50 cm. e de ancho en total mide 21,60 cm. Ten gadoupas negras con almofadas amarelas e unllas laranxas. A cabeza é de cor azul con bigotes verdes, ollos brancos, boca con bordo vermello e por dentro a boca é de cor amarelo. Ten cairos de cor branco. Perilla de cor amarela. Pola cabeza ten liñas de cor negro, violeta oscura e vermello. Nos brazos á altura dos cóbados cólganlle fitas de cor negro, violeta oscuro e laranxa. O corpo ten por todo o longo escamas triangulares de cor negro

O fondo e o motivo son os mesmos que no lado dereito.

É de cor vermello. De longo mide 53 cm. e de ancho mide 68 cm. Non ten picado pero no fondo do pano, na parte inferior, ten un floco de cor branco que ten de alto 5 cm.

O PANO

O FLOCO

É de cor dourado. Mide no perímetro da cara 36 cm. De alto mide 15 cm. Está pegado á cara.

A Pantalla pesa 783 gr.

Detalle da cara do dragón pintado por Berto Acevedo.

Detalle dos galóns das orellas.

Detalle da unión do rizo e o corno das orellas.

Reforzo na parte inferior do corno.

Papel engrudado posto no rizo para que a Pantalla manteña serparadas as duas partes do corno.

Detalle do material co que se fixo a Pantalla.

Agradecementos

Quero agradecerlle a Fausto e a súa mai Sinda Rúa o prestamo desta Pantalla e a conversa que tivemos e que puxo no meu coñecemento o bon facer de Berto Acevedo. A miña infancia está xunguida a esta família na época máis feliz do ano, o verán. Como comentei, na actualidade Fausto é unha das Pantallas coas que salgo a troulear polas rúas de Xinzo de Limia no entroido. Esta circunstancia une moito porque compartir a experiecia de poñer a máscara xuntos crea un vencello forte e único.

Como anécdota quero comentar que Berto e Sinda agasallaban aos familiares e aos amigos íntimos con bonecos de Pantalla que facían eles mesmos. Berto facía a máscara e Sinda facía con labor de gancho os elementos do vestimenta da Pantalla. A base era o boneco que se chamaba Geiperman (Uns bonecos guerreiros de distintos corpos militares do mundo que estiveron de moda nos anos oitenta e noventa do século pasado. Moito mellor de Pantallas que de guerreiros)

Lateral dereito da Pantalla en miniatura.

Detalle da cara que mostra unhas caracteristicas similares á Pantalla grande.

Lateral esquerdo da Pantalla en miniatura.

Scroll ao inicio