PANTALLA DE ENRIQUE SUÁREZ GÓMEZ (QUIQUE DE BARCELONA) DO ANO 1991.

OS ÚLTIMOS MODELOS DE PANTALLA DE QUIQUE( Un rizo menos estilizado no corno)


Quique Suárez gozaba do entrodio de Xinzo en plenitude e durante o resto do ano continuaba en modo entroido. Era un entroideiro moi peculiar que nos anos oitenta facía e vivía o entroido como se vivía en anos afastados. Entraba na casa dos seus familiares e comía algún chourizo e bebía uns viños. Despois saía á rúa coa Pantalla e cun chourzo nunha man e na outra man unha vexiga. A nós parecíanos estrana aquela forma de actuar, pero a naturalidade con que facía esas cousas deixaba entrever que nos seus tempos mozos debía ser o normal. Quique fixo moitas Pantallas para que as persoas de Xinzo puideran sair no entroido coa máscara que, como levo comentado, non era fácil de conseguir. Quique foi innovador en formas e cores. Perturbador polos disfraces que tiña para sair a rúa cando deixaba a Pantalla. Entroideiro con seguidores e detractores, non era unha persoa calquera, era o Quique Suárez, o Quique de Barcelona.

A PANTALLA

Como todas as Pantallas de Quique Suárez no interior do corno aparece a sinatura e a data: 26-04-1991. O máis destacable é o cambio da forma do corno que se fai moito máis ancho no rizo. Vin outro corno como este, só o corno sen a cara, que me deixaron hai un tempo. Na última etapa de artesán de Quique Suárez adoptou esta forma no corno e mantivo as outras características das súas Pantallas.

Na fronte ten unha serie de puntiños de cores. Empezando polos máis pertos aos ollos temos 4 puntiños vermellos, 3 puntiños azuis e 3 puntiños amarelos.

A barba é de cor negra. Sae dende a base das orellas. Ten unha pequena correa que une a orella e a patilla e despois una correa máis longa que une a patilla coa barba do queixo.

Dende a base da orella sae unha correa que mide de alta 3,20 cm. ao floco. De longa mide 1,80 cm. A patilla mide de alto 5 cm. e de longo mide 4 cm. Seguido ven outra correa de 3 cm de alta e 3,80 cm. de longa.

De longo mide 5 cm. e de alta dende o floco mide 4,80 cm.

Dende a base da orella sae unha correa que mide de alta 2,80 cm. ao floco. De longa mide 0,30 cm. A patilla mide de alto 5,10 cm. e de longo mide 4,60 cm. Seguido ven outra correa de 2,50 cm. de alta do lado da patilla e de 2,90 cm. de alta do lado da barba do queixo. Mide 2,90 cm. de longa.

É de cor vermella e sobresae lixeiramente a pintura dos labios. De longo mide coa pintura 5,80 cm. e de alta coa pintura mide 2,50 cm. O burato de longo mide 4,30 cm. e de alto mide 1,50 cm. Sobresae a pintura do labio de arriba 0,40 cm. e do de abaixo sobresae 0,60 cm. O labio de arriba ten de ancho 0,80 cm. e o labio de abaixo ten un ancho de 0,80 cm. Non ten distancia da boca á barba, ao floco é de 5,30 cm. e ata o fondo é de 6,10 cm.

Está pintado de cor negro en dous tramos. O tramo dereito mide de longo 5,50 cm. No centro mide de ancho 0,60 cm. e na punta e lixeiramente máis estreito. O tramo esquerdo mide de longo 4,10 cm. e no centro mide de ancho 0,60 cm. e na punta é máis estreito. A separación entre ambos é de 0,70 cm. De longo de punta a punta mide 8,90 cm. A separación da pintura da boca do lado dereito é de 0,40 cm. e do lado esquerdo é de 0,20 cm. Do nariz está a 0,60 cm. no lado dereito e a 0,70 cm. no lado esquerdo.

O nariz é circular dun só burato. De longo mide 3,50 cm. De alto mide 1,80 cm. De ancho mide na base 4,10 cm. O burato de ancho mide 1,80 cm. e de alto mide 1,20 cm. De groso o feltro e o papel mide entre 0,70 cm. e 0,80 cm. Na punta do nariz mide 0,80 cm. Na parte dianteira do nariz ten un reforzo de 0,80 cm. todo o ancho. Este reforzo é unha característica constructiva de Quique Suárez que empregaba en todas as súas Pantallas. A parte frontal do nariz está pintada de vermello.

Están feitas de cartón unidas tanto á cara como ao corno. A base non chega ata o fondo do corno. Nas Pantallas de Julio Villarino e de Raquel Rodríguez tamén podemos ver esta forma de facer a unión das orellas ao corno.

O ollo esquerdo mide de longo 5,30 cm. con pintura. De alto mide 3,10 cm. O burato mide de longo 3,20 cm. e de alto mide 1,80 cm. A pálpebra de arriba mide de ancho 0,80 cm. e non ten pestanas. A pálpebra de abaixo mide de ancho 0,80 cm. e non ten pestanas. A parte frontal está pintada de vermello e na pálpebra de abaixo sobresae a pintura 0,50 cm. A separación dos ollos mide 2,60 cm.

Están pintadas de negro polo perímetro do ollo. A cella dereita mide de longo 7,50 cm. De ancha no medio mide 1,20 cm. A distancia ao ollo é de 0,50 cm.

A cella dereita mide de longo 6,70 cm. De ancha no medio mide 1,10 cm. A distancia ao ollo é de 0,40 cm. A separación entre elas é de 0,90 cm.

Dende o punto máis alto ao pano de debaixo das orellas mide 36,50 cm. O longo do faldón dende debaixo das orellas mide 23 cm. O ancho da parte media dende a punta do rizo mide 38 cm. O rizo mide de alto dende a volta 11,50 cm. e de ancho dende a volta mide 12 cm. Estas medidas son ata a parte superior do corno. O oco do rizo mide 6 cm.

O bordo é de cor negro. Ten de media entre 1 cm. e 1,50 cm. No faldón por riba do pano mide de alto 4 cm. No corte mide de alto 13 cm. de de base 6 cm. Detrás das orellas mide entre 1,30 cm. e 1,60 cm. O triángulo por riba da cara mide de lado 9 cm. e de base mide 6,50 cm. Dentro ten un trapezoide rectangular simétrico. De lado mide 4,80 cm. O lado inferior mide 3 cm. e o superior mide 1,40 cm. Ten o fondo branco e aparecen unha serie de puntiños de cores. Empezando por abaixo temos 3 puntiños verdes, dous puntiños azuis e 2 puntiños amarelos máis un amarelo pequeniño.

DEREITA

ALTO

ANCHO

ESQUERDA

ALTO

ANCHO

Corno

3,20 cm.

2,50 cm.

Corno

3,20 cm.

2,80 cm.

Azul

0,50 cm.

2,80 cm.

Azul

0,40 cm.

3 cm.

Media

4,90 cm.

2,90 cm.-4,90 cm.

Media

4,20 cm.

3,20 cm.-4,40 cm.

Azul

0,40 cm.

4,90 cm.

Azul

0,40 cm.

4,50 cm.

Vermello

1,20 cm.

5 cm.

Vermello

1,10 cm.

4,50 cm.

Azul

0,30 cm.

5 cm.

Azul

0,40 cm.

4,60 cm.

Media

4,10 cm.

5,10 cm.

Media

3,50 cm.

5 cm.

Azul

0,50 cm.

5,30 cm.

Azul

0,50 cm.

5,10 cm.

Base

1,20 cm.-1,70 cm.

4,90 cm.-5,10 cm.

Base

1,10 cm.-2,30 cm.

5,20 cm.-5,30 cm.

Ata o fondo

1,60 cm.-2,30 cm.

Ata o fondo

2,50 cm.-3,30 cm.

A media dereita de arriba ten os seguintes puntiños de 0,50 cm. de diámetro. Empezando por arriba: 3 verdes, 3 amarelos e 3 verdes.

A media dereita de abaixo ten os seguintes puntiños de 0,50 cm. de diámetro. Empezando por arriba: 3 verdes, 3 amarelos e 3 verdes.

A media esquerda de arriba ten os seguintes puntiños de 0,50 cm. de diámetro. Empezando por arriba: 3 verdes, 3 amarelos e 3 verdes.

A media esquerda de abaixo ten os seguintes puntiños de 0,50 cm. de diámetro. Empezando por arriba: 3 verdes, 3 amarelos e 3 verdes.

O fondo é branco. Ten 3 motivos principais. Por riba do faldón hai un círculo de cor gris cun puntiño de cor vermello. O diámetro do círculo gris é de 5,80 cm. e o do puntiño vermello é de 0,80 cm. Por riba e no centro do corno temos unha estrela de 5 puntas. As medidas son moi similares, miden os lados de punta a punta 8 cm. menos o vertical do lado dereito que mide 5,50 cm. e a diagonal dereita abaixo esquerda arriba que mide 8,40 cm. No rizo temos unha lúa de cor azul que mide de longo 11,50 cm. de punta a punta e de ancho máximo mide 2 cm. Polo fondo do corno temos puntiños de cores. De cor azul hai 11 puntiños, de cor verde hai 17 puntiños, de cor amarelo hai 13 puntiños e de cor vermello alaranxado hai 49 puntiños.

O fondo é branco. Ten 3 motivos principais como no lado dereito pero muda a cor. Por riba do faldón hai un círculo de cor amarelo cun puntiño de cor verdeo. O diámetro do círculo gris é de 5,80 cm. e o puntiño vermello mide 0,80 cm. Por riba e no centro do corno temos unha estrela de 5 puntas. As medidas son moi similares, miden os lados de punta a punta entre 8 cm. e 9 cm. No rizo temos unha lúa de cor gris que mide de longo 12 cm. de punta a punta e de ancho máximo mide 2 cm. Polo fondo do corno temos puntiños de cores. De cor azul hai 12 puntiños, de cor verde hai 20 puntiños, de cor amarelo hai 13 puntiños e de cor vermello alaranxado hai 68 puntiños.

Círculo de cor gris cun puntiño vermello no centro no lado dereito do corno.

Estrela de 5 puntas de cor vermello no lado dereito do corno.

Lúa de cor azul no rizo do lado dereito do corno.

Círculo de cor amarelo cun puntiño verde no centro no lado esquerdo do corno

Estrela de 5 puntas de cor azul no lado esquerdo do corno.

Lúa de cor gris no rizo do lado esquerdo do corno.

O pano é de cor vermello. De longo mide 48 cm. e de ancho mide 70 cm. Está aserrado pola parte inferior en triángulos irregulares de entre 1,50 cm. e 2 cm. de lado e entre 2 cm. e 2,50 cm. de base. O Picado é unha serie de sete columnas de 4 triángulos que van de dous en dous, uns por riba dos outros. Os triángulos miden de lado sobre 1 cm. e están separados uns 2 cm. A separación por pares é de 6 cm. Os que están na parte de abaixo están separados 5,50 cm. do fondo.

O PANO

O FLOCO

O floco é de cor branco. Mide no perímetro da cara 23,50 cm. O pano monta por riba do floco na zona das orellas. De alto mide 7 cm. e o cosido na cara mide 1 cm.

A Pantalla pesa 675 gr.

A cara da Pantalla por dentro.

A perfecta simetría do corno por dentro e o triángulo por riba da cara coas puntadas.

O picado cos triángulos cada dous e a separación entre eles.

Agradecementos

O meu agradecemento, novamente, a Jonatan Marra por achegarnos esta Pantalla para que vexamos como Enrique Suárez modificou e actualizou o corno das Pantallas que facía. Gracias a Moncho (Ramón Gómez Salgado) por conservar e manter esta Pantalla en perfecto estado porque é un tesouro para os que amamos as máscaras.

Scroll ao inicio