Unha Pantalla que se inspira no modelo das Pantallas do Pucho.
A predominancia das Pantallas do Pucho nos anos oitenta e noventa do século XX fixo que outras persoas que facían Pantallas buscasen o seu modelo. Unha destas persoas foi Antonio Barge. A Pantalla foi feita para José Manuel Barja Garrido, falecido prematuramente.

A PANTALLA
A Pantalla é do ano 1989. Ten unhas carácterísticas moi similares ás feitas por Pucho. O deseño principal do corno é o mítico gato da portada do disco de LOS SUAVES polos dous lados que tamén empregou moitas veces Pucho nas súas Pantallas. Nesta mesma páxina web publiquei o cinco de marzo de 2023, un estudo doutra Pantalla de Antonio Barge que mantendo as rasgos básicos é bastante diferente. Os anos oitenta foron moi tolos e moita xente fixo moitas máscaras.
Na foto José Manuel Garrido, o primeiro pola esquerda. Foto cedida por Sonia Barja Garrido.

PATILLA ESQUERDA.
A correa que une a orella e a patilla mide 0,60 de ancho. De alto dende o lado da orella mide 5,20 cm. e do lado da patilla mide 4,70 cm. A patilla mide de alta 5,60 cm. De ancha mide 5,70 cm. Unida a barba do queixo temos unha pequena correa de 0,70 cm. de ancha. De alta mide do lado da patilla 2 cm. e de alta do lado da barba do queixo mide 0,70 cm.
BARBA DO QUEIXO.
De longo mide 7 cm. De alto mide 3,80 cm. ata o floco.
O perímetro da cara mide 24 cm. Da fronte ao queixo mide 17 cm. Ata o fondo mide 21 cm.
A BARBA.
A barba é negra. Sae dende as orellas que se unen as patillas cunhas pequenas correas,Tamén ten unhas pequenas correas para unir as patillas laterais á barba do queixo.
PATILLA DEREITA.
A correa que une a orella a e patilla mide 1,30 de ancho. De alto dende o lado da orella mide 5 cm. e do lado da patilla mide 4,90 cm. A patilla mide de alta 6,10 cm. De ancha mide 7 cm. Unida a barba do queixo temos unha pequena correa de 0,60 cm. de ancha. De alta mide do lado da patilla 2,10 cm. e de alta do lado da barba do queixo mide 2 cm.

A BOCA.
A boca é de cor vermella e sobresae cara fóra no labio de abaixo. De longo mide con pintura 6,10 cm. De alta mide con pintura 1,70 cm. O burato mide de longo 4 cm. e de alto mide 0,70 cm. O ancho do labio de arriba é de 1,30 cm. e o ancho do labio de abaixo é de 0,50 cm. A distancia á barba é de 1,80 cm., ao floco é de 5,90 cm. e ata o fondo mide 9,80 cm.
O BIGOTE.
Está pintado de negro en duas partes. A parte da dereita mide de longo 3,90 cm. e de ancho máximo mide 0,80 cm. A punta está revirada cara arriba. A parte da esquerda mide de longo 3,90 cm. e de ancho máximo mide 0,80 cm. A punta está revirada cara arriba. A separación da boca é de 0,40 cm. e do nariz está a 0,30 cm.
OS COLORETES.
Os coloretes son vermellos. O colorete dereito ten de diámetro 0,90 cm. O colorete esquerdo ten de diámetro 0,90 cm. A separación entre eles é de 4,50 cm. O colorete dereito está separado da base do nariz 1,80 cm. e do ollo está a 1,20 cm. O colorete esquerdo está separado da base do nariz 1,40 cm. e do ollo está a 1,10 cm.


O NARIZ.
O nariz é triangular.
De ancho na base mide 2,80 cm. De longo mide 2,40 cm. De alta mide 2,20 cm. O burato mide de alto 1,30 cm. e de ancho mide 1,20 cm. O groso do feltro e do papel é de 0,70 cm. Na punta do nariz o ancho é de 0,80 cm. A parte frontal e os laterais están pintados de veremello.
AS ORELLAS.
Son de feltro. A orella dereita está pegada ao corno e a esquerda está separada. Non chegan ata o fondo do corno.
Os cornos das orellas, na parte superior teñen tendencia a buscar o rizo.
OS OLLOS.
O ollo dereito mide de longo 5 cm. De alto mide 3,60 cm. O burato mide de longo 3,90 cm. e de alto o burato mide 2,60 cm. A pálpebra de arriba mide de ancha 0,80 cm. e ten 8 pestanas. A pálpebra de abaixo mide de ancha 1,10 cm. e non ten pestanas.
O ollo esquerdo mide de longo 5 cm. De alto mide 3,50 cm. O burato mide de longo 4 cm. e de alto o burato mide 2,50 cm. A pálpebra de arriba mide de ancha 0,80 cm. e ten 8 pestanas. A pálpebra de abaixo mide de ancha 1,20 cm. e non ten pestanas.
A separación dos ollos mide 2,10 cm.

AS CELLAS.
Esán pintadas de negro polo perímetro do ollo. A cella dereita sobrepasa este perímetro. Os trazos son moi irregulares.
A cella dereita mide de longa 9 cm. De ancha mide no centro 1,10 cm. A distancia do ollo está nos 0,20 cm. máis ou menos.
A cella esquerda mide de longa 8,50 cm. De ancha mide no centro 0,80 cm. A distancia do ollo está nos 0,30 cm. máis ou menos.
O CORNO.
O corno é do modelo antigo. As medidas do corno son:
Dende o punto máis alto ata o pano debaixo das orellas mide 34 cm. O longo do faldón dende debaixo das orellas mide 21 cm. e ata o corte mide 23 m. O ancho da parte media dende a punta do rizo mide 39 cm. O rizo mide de ancho 10 cm., de alto ata a volta do rizo 5 cm. e ata o alto do corno mide 16 cm.
O bordo é de cor negro moi ancho, mide entre os 2,60 cm. e os 3,20 cm. No corte mide 6,50 cm. Nas orellas mide 2,70 cm. O corte mide na base 5 cm. e de alto mide 6 cm. O triángulo por riba da cara mide de base 8,50 cm. O rizo métese no triángulo polo que pola parte de arriba móstrase dividido. De alto mide 7 cm. e na parte superior mide en horizontal 4,50 cm.
Os galóns das orellas son:
|
DEREITA |
ALTO |
ANCHO |
ESQUERDA |
ALTO |
ANCHO |
|
|
Corno |
7,30 cm. |
4,30 cm. |
Corno |
6,70 cm. |
4,10 cm. |
|
|
Media |
3,90 cm. |
Media |
4,10 cm. |
|||
|
Vermello |
0,40 cm. |
4,90 cm. |
Vermello |
0,40 cm. |
4,70 cm. |
|
|
Base |
6,40-7,20 cm. |
5,10 cm. |
Base |
6,80-7,60 cm. |
5,10 cm. |
A media dereita presenta a seguinte serie de puntiños: vermello 4, negro 5, vermello 4, negro 5, vermello 4 e negro 5.
A media esquerda presenta a seguinte serie de puntiños: vermello 4, negro 4, vermello 4, negro 4, vermello 4 e negro 4.

LADO DEREITO
O fondo é vermello.Ten 39 puntiños brancos, cun puntiño vermello por riba distribuidos polo perímetro do bordo.
Hai tres círculos na parte superior. Un círculo branco de 3,50 cm. de diámetro. Por riba un verde de 3,50 cm. de diámetro. No rizo un círculo azul de 3,50 cm. de diámetro. Nótase no centro do círculo a punta do compás para facer os círculos.
O motivo principal é o gato de LOS SUAVES. O gato mide coas orellas de alto 13 cm. De ancho mide 13,50 cm. e con bigotes mide 15,50 cm. Os ollos son de cor amarelo coas pupilas negras. Os ollos miden de alto 2,70 cm. e de ancho 0,80 cm. O nariz mide de ancha 2,40 cm. e de alta 1,60 cm. A boca mide de longa 6,20 cm. na parte superior e 3 cm. na parte inferior. De alta mide 2,30 cm. O fondo é de cor vermella e os dentes de cor brancos.

LADO ESQUERDO
O fondo é vermello.Ten 41 puntiños brancos, cun puntiño vermello por riba distribuidos polo perímetro do bordo.
Hai tres círculos na parte superior. Un círculo branco de 3,50 cm. de diámetro. Por riba un verde de 3,50 cm. de diámetro. No rizo un círculo azul de 3,50 cm. de diámetro. Nótase no centro do círculo a punta do compás para facer os círculos.
O motivo principal é o gato de LOS SUAVES. O gato mide coas orellas de alto 13 cm. De ancho mide 13,50 cm. e con bigotes mide 15,50 cm. Os ollos son de cor amarelo coas pupilas negras. Os ollos miden de alto 2,70 cm. e de ancho 0,80 cm. O nariz mide de ancha 2,40 cm. e de alta 1,60 cm. A boca mide de longa 6,20 cm. na parte superior e 3 cm. na parte inferior. De alta mide 2,30 cm. O fondo é de cor vermella e os dentes de cor brancos.

O pano é de cor vermello. Mide de longo 65 cm. De ancho mide 80 cm. No fondo está aserrado con grandes triángulos irregulares e cosidos os dobleces nas puntas. O picado son 5 rombos na parte inferior. O rombo do medio está colocado en horizontal e mide 2,10 cm. Os outros rombos están colocados en vertical e teñen dous centímetros de lado. Á altura dos robos da esquerda e a 11 cm. aparecen 2 rombos, un a cada lado, de 2 cm. de lado.