Cando se nace nunha localidade na que existe un elemento cultural con tanta potencia como é unha máscara de entroido, está claro que a vida vai xirar en torno a esa circunstancia.

Foto antiga de nenos de Pantalla no entroido de Xinzo
Un dos elementos no mundo da máscara que é común e pecular a cada máscara e localidade é o que xera os sons que acompañan o ir e vir da mácara. Un dos xeradores de sons colga da cintura da persoa que leva a máscara. Un cinto que leva chocas ou campás para que co movimento ao andar ou correr produzan o son. En Xinzo de Limia é o cinto de campás eaxouxeres. É tan protagonista este son nas nosas vidas que unha vez rematado o entroido está presente varios días máis zumbando nos ouvidos.
Polas fotografías antigas e polos relatos dos máis vellos, sabemos que o cinto era un elemento que non todo o mundo tiña. O cinto aproveitaba as campás das ovellas, chibas e vacas das cortes que por uns días saían a pastar sen elas. O elemento animal tan presente nas máscaras!!!. No cinto das Pantallas de Xinzo, as campás e axouxeres colgan pola parte de diante do corpo. Nas outras máscaras e debido ao tamaño das chocas o normal é que colguen polas costas. En moitas fotos o cinto vai cruzado no peito dos nenos porque os cintos eran dos maiores. Os buratos non daban para apertar unhas cinturas tan estreitas. Non importaba, por uns momentos os nenos podían disfrutar e ir aprendendo a conducta da máscara.

Cinto en movemento cando produce o son
Imos ver a través das fotos que fixen no ano 2019 o proceso de elavoración dun cinto de campás para pequenxs e ás veces para un adulto. Vou intercalar como se colocan as campás ou unhas pequenas chocas nun cinto dun adulto para que se vexa o proceso. Volverei ao cinto de nenx para o remate final.


























No vídeo poderedes ver brevemente como se cose coa máquina
No vídeo podedes escoitar como soan os cintos das Pantallas na Praza de Oriente de Xinzo de Limia. O día é o martes de entroido do ano 2020