Como teño comentado, o Pucho foi o artesán de referencia nos anos do fin do século vinte.
As súas Pantallas eran as máis vistas.
Supoño que por amizade das familias, o Pucho axudou a facer as Pantallas aos xemelgos dos Mecos: Toño e Lolo.

A BARBA.
A barba é de cor negra e sae da base das orellas. Ten unha patilla a cada lado da cara e a barba do quiexo. Tamén ten dúas pequenas correas.
PATILLA DEREITA.
Ten un longo de 6 cm. A parte máis alta ata o floco mide 5,20 cm. De alta na orella mide 1,20 cm. A correa mide de longo 0,60 cm. De alta na patilla dereita mide 0,90 cm. e de alta na patilla do queixo mide 0,90 cm.
PATILLA ESQUERDA.
Ten un longo de 5 cm. A parte máis alta ata o floco mide 5,50 cm. De alta na orella mide 1,40 cm. A correa mide de longo 0,80 cm. De alta na patilla esquerda mide 1,40 cm. e de alta na patilla do queixo mide 1,20 cm.
O QUEIXO.
De alto dende o floco ten 5,30 cm. De longo mide 11,30 cm.
A PANTALLA.
Esta é a Pantalla do Toño que foi pintada pola súa prima Toty.
O perímetro da cara é de 25 cm. Da fronte ao queixo ten 18 cm.


OS COLORETES.
Os colorentes son vermellos. Ten un diámetro de 1,40 cm. o colorete dereito e 1,30 cm. o colorete esquerdo. A separación entre eles é de 4,10 cm. A separación da base do nariz do colorete dereito é de 1,30 cm. e do ollo está a 0,80 cm. No colorete esquerdo a separación da base do nariz é de 1,20 cm. e do ollo está a 0,70 cm.
O NARIZ.
O nariz é triangular dun só burato. O nariz mide de longo 3 cm. De alto mide 2,30 cm. ata a base. De ancho mide 2,60 cm. O burato mide de alto 1,30 cm. e de ancho mide 0,90 cm. O grosor do feltro e do papel é de 0,8 cm. O nariz está pintado na parte frontal de vermello.
OS OLLOS.
O ollo dereito mide de longo con pintura 4,60 cm. De alto mide 3,20 cm. coa pintura. O burato mide de longo 3,30 cm. e de alto mide 1,70 cm. O ancho da pálpebra de arriba é de 1 cm. Ten 15 pestanas. Na pálpebra de abaixo o vermello sobresae 0,30 cm. e ten 11 pestanas inda que catro non se ven.
O ollo esquerdo mide de longo con pintura 4,6 cm. De alto mide 3,20 cm. coa pintura. O burato mide de longo 3 cm. e de alto mide 1,80 cm. O ancho da pálpebra de arriba é de 1,10 cm. e ten 16 pestanas. Na pálpebra de abaixo o vermello sobresae 0,3 cm. e ten 9 pestanas.
AS CELLAS.
Están pintadas de negro polo perímetro do ollo.
A cella dereita mide de longo 5,50 cm. e de ancha mide 0,40 cm e é irregular. Do ollo está entre os 0,10 cm. e os 0,30 cm.
A cella esquerda mide de longo 5 cm. e de ancha mide entre os 0,20 cm. e os 0,40 cm. Do ollo está entre os 0,20 cm, e os 0,40 cm.

A separación dos ollos é de 2,10 cm.

AS ORELLAS.
As orellas están feitas de feltro e están pegadas ao corno.
A BOCA.
A boca é de cor vermella e sobresae para fóra dos labios. De longa mide 5,8 cm. A anchura na abertura máxima é de 1,70 cm. O ancho do labio superior é de 1 cm. e do labio inferior é de 0,80 cm. O ancho do burato é de 0,90 cm. e de longo ten 3,50 cm. A distancia á barba é de 0,30 cm. Ata o fondo do sombreiro no quixo é de 8 cm. A distancia ao floco é de 5,80 cm. Ao bigote é de 0,40 cm.
O BIGOTE.
Unhas pincedas de cor negro forman o bigote. Ten as puntas en ángulo. O do lado dereito mide o tramo recto 1,60 cm. e o que mira cara arriba mide 0,80 cm. O do lado esquerdo mide o tramo recto 2 cm. e o tramo que mira cara arriba mide 0,70 cm. A separación entre ambos é de 0,50 cm. O longo total é de 5,40 cm.
O CORNO
O corno ten o rizo do modelo tradicional.
As medidas do corno son:
Dende o punto máis alto ata o pano debaixo das orellas mide 31 cm.
O longo do faldón dende debaixo das orellas é de 17 cm.
O ancho da parte media dende á punta do rizo son 39 cm.
O rizo mide de ancho 11 cm. e de alto 9 cm. e ata o alto do corno 16,50 cm.
O bordo é do cor negro inda que non está cuberto na súa totalidade. Ten entre 0,80 cm. e 1,2 cm. de ancho. Por riba da figura principal ten de ancho 2,80 cm. por ambos lados do corno. Na parte do corte a base é de 11 cm. e o lado de 18 cm. O triángulo por riba da cara non ten bordo e a peza de cartón cosida mide de lado 14 cm. e de base 11 cm.



LADO DEREITO.
O fondo é vermello e negro. O motivo principal é unha man branca, neste caso a man esquerda. Por riba do pulso ten liñas ondulantes negras que alternan unha liña magra cunha liña grosa. Dende o faldón chega a cor negra ata a primeria liña ondulante de arriba da man e polo lado esquerdo e polo lado dereito chega ata a metade do dedo polgar. Por riba dos dedos da man o bordo faise máis groso.
A man que ten o tamaño dunha persoa. De alto mide 23 cm. e de ancha 15,50 cm.
O dedo polgar mide: 6 cm. de longo e 2,50 cm. de ancho.
O dedo índice mide: 7,50 cm. de longo e 2,60 cm. de ancho.
O dedo medio mide: 8,40 cm. de longo e 2,40 cm. de ancho.
O dedo anular mide: 9 cm. de longo e 2,10 cm. de ancho.
O dedo mainiño mide: 6,40 cm. de longo e 2,10 cm. de ancho.
Por riba da man aparece unha figura que se adapta a forma do corno onde o rizo. O contorno e branco e en varias partes aparecen tramos negros. Dentro da figura na parte esquerda temos puntiños negros. No medio e por fora da figura temos puntiños brancos e negros e outra vez na parte de dentro á dereita temos puntiños brancos e negros.
LADO ESQUERDO.
O lado esquedo é similar ao dereito. Ten unha man branca, niste caso a dereita, e a figura xeométrica no rizo un pouco máis estilizada.
Leva a firma da persoa que a pintou que é unha prima dos xemelgos. TOTY.
O PANO.
O pano é de cor vermello. De longo mide 58 cm. e de ancho 80 cm. O picado son 7 columnas en vertical de 6 rombos onde os rombos que están na parte superior son os máis grandes con 1,70 cm. de lado e o resto son máis pequenos medindo entre 1 cm. e 1,20 cm. de lado.
O FLOCO.
O floco é de cor branco. Mide 31 cm. ao redor da cara e sube por riba das orellas. De longo mide 15 cm.
A Pantalla pesa 731 gr.

A PANTALLA.
Esta é a Pantalla do Lolo e foi remozada no 2003 cos motivos principais do Pucho.
O perímetro da cara é de 23 cm. Da fronte ao quiexo ten 18 cm.
A BARBA.
A barba é de cor negra e sae da base das orellas. Ten unha patilla a cada lado da cara e a barba do quiexo. Tamén ten dúas pequenas correas.
PATILLA DEREITA.
Ten un longo de 5,50 cm. A parte máis alta ata o floco mide 3,30 cm. De alta na orella mide 1,20 cm. A correa mide de longo 0,50 cm. De alta cara a patilla dereita mide 0,60 cm. e de alta cara a patilla do queixo mide 0,90 cm.

PATILLA ESQUERDA.
Ten un longo de 5,90 cm. A parte máis alta ata o floco mide 4 cm. De alta na orella mide 1,90 cm. A correa mide de longo 1,20 cm. De alta cara a patilla esquerda mide 0,50 cm. e de alta cara a patilla do queixo mide 0,60 cm.

BARBA DO QUEIXO.
De alto dende o floco ten 4,60 cm. De longo mide 10 cm.

A BOCA.
A boca é de cor vermella e sobresae un pouco cara fóra dos labios. De longa mide 7,5 cm. A anchura na abertura máxima é de 1,70 cm. O ancho do labio superior é de 1 cm. e do labio inferior é de 1,30 cm. O ancho do burato é de 0,80 cm. e de longo ten 4,60 cm. A distancia á barba é de 0,70 cm. Ata o fondo do sombreiro no quixo a distancia é de 9,40 cm. e ata o floco é de 5 cm. A distancia á boca é de 0,70 cm. Ao bigote é de 0,4 cm. chegando a tocarse.
O BIGOTE.
Pintado de negro en dous tramos que están rebirados cara arriba e que chegan a tocar coas puntas os coloretes. No centro ten dous tramos en vertical máis anchos de 1 cm. O do lado dereito mide ata a punta 3,60 cm. e de ancho mide de media 0,70cm. O do lado esquerdo mide ata a punta 3,80 cm. e de ancho de media 0.70 cm. A separación entre ambos é de 0,30 cm. O longo total é de 7,70 cm.

OS COLORETES.
Os colorentes son vermellos. Teñen ambos coloretes un diámetro de 2 cm. A separación entre eles é de 5 cm. A separación da base do nariz do colorete dereito é de 1,50 cm. e do ollo está a 0,60 cm. No colorete esquerdo a separación da base do nariz é de 1,10 cm. e do ollo está a 0,80 cm.
O NARIZ.
O nariz é trinagular dun só burato. O nariz mide de longo 3,50 cm. De alto mide 2,20 cm. ata a base. De ancho mide 3,20 cm. O burato mide de alto 1,30 cm. e de ancho mide 0,80 cm. O grosor do feltro e do papel é de 0,8 cm. e na punta do nariz 1,40 cm.
OS OLLOS.
O ollo dereito mide de longo con pintura 5 cm. De alto mide 3,20 cm. coa pintura. O burato mide de longo 4 cm. e de alto mide 2 cm. O ancho da pálpebra de arriba mide 1,2 cm. A pintura vermella sobresae 0,80 cm. e ten 12 pestanas. O ancho da pálpebra de abaixo mide 1 cm. A cor vermella sobresae 0,20 cm. e ten 11 pestanas.
O ollo esquerdo mide de longo con pintura 5,3 cm. De alto mide 3,50 cm. coa pintura. O burato mide de longo 3,80 cm. e de alto mide 2,10 cm. O ancho da pálpebra de arriba é de 1,40 cm. A pintura vermella sobresae 1 cm. e ten 15 pestanas. O ancho da pálpebra de abaixo mide 1 cm. A pìntura vermella sobresae 0,20 cm. e ten 12 pestanas.
A separación dos ollos está nos 2,10 cm.
AS CELLAS.
Están pintadas de negro polo perímetro do ollo.
A cella dereita mide de longo 7 cm. e de ancha mide 1 cm. Do ollo está a 0,40 cm.
A cella esquerda mide de longo 7,70 cm. e de ancha mide 1 cm. Do ollo está a 0,50 cm.
AS ORELLAS.
As orellas están feitas de feltro e están pegadas ao corno.
O CORNO.
O corno ten o rizo do modelo tradicional.
As medidas do corno son:
Dende o punto máis alto ata o pano debaixo das orellas mide 32,50 cm.
O longo do faldón dende debaixo das orellas mide 30 cm.
O ancho da parte media dende á punta do rizo ten 39 cm.
O rizo mide de ancho 12 cm. e de alto 10 cm. e ata o alto do corno 20 cm. O bordo é de cor branco, mide entre 1,10 cm. e 1,20 cm. No faldón mide entre os 0,50 cm. e 1 cm. No corte a base mide 16,50 cm. e de lado mide 18 cm. O triángulo por riba da cara mide de base 7,50 cm. de lado mide 11 cm. No bordo mide o triángulo na base 2 cm., no lado dereito 1,50 cm. e no lado esquerdo 1 cm.


LADO DEREITO.
O fondo é verde. O motivo principal é o gato de Los Suaves. Está dento dun círculo vermello que mide 16 cm. de diámetro. O gato mide 12 cm. de alto e 15 cm. de ancho, incluídos os bigotes. Por todo o corno hai 22 círculos azuis e 22 círculos negros. Os círculos teñen entre 1 cm. e 1,50 cm. de diámetro.
No rizo hai unha estrela negra de cinco puntas. Os lados da estrela miden 2,80 cm. En cada lateral de cada punta hai unha liña vermella de 0,20 cm. de ancho. No fondo ao lado esquerdo aparece a data de remozado 2003 en vermello.
LADO ESQUERDO.
O fondo é verde. O motivo principal é unha estrela negra de 8 puntas de 11,70 cm. de punta a punta. No bordo de cada punta aparece unha liña de cor vermello. No centro da estrela temos un punto de cor rosa.
Temos 22 puntos de cor rosa de 1,50 cm. de diámetro cun puntiño negro no medio. No rizo hai 4 puntiños máis pequenos de 0,30 cm. de díámetro na mesma cor. Hai 12 estrelas de 4 puntas, 6 azuis e 6 vermellas. Miden 4 cm. de punta a punta.
No rizo temos un círculo negro de 5,80 cm. de diámetro cun puntiño rosa dentro. No fondo á dereita aparece en vermello a data do remozado 2003.
O PANO.
O pano é de cor vermello. Está aserrado todo o contorno. De longo mide 60 cm. e de ancho 47 cm. O picado no lado dereito está formado por un grupo de 5 rombos que forman unha cruz. Debaixo tres robos en horizontal. No fondo outro grupo de 5 robos formando unha cruz. O lado esquerdo é simétrico. No centro temos un grupo de 3 rombos en vertical e un ao fondo, que está a altura dos grupos inferiores.
O FLOCO.
O floco é branco. Mide de perímetro 31cm. ao redor da cara e sube por riba das orellas. Mide de alto 15 cm.
A Pantalla pesa 731 gr.

