DÚAS PANTALLAS DE JULIO VILLARINO FEITAS PARA OS SEUS SOBRIÑOS RAFA E MARTIÑO.

Primeira Pantalla

Estas dúas Pantallas de Julio Villarino son unha maravilla, pese ao paso e ao peso do tempo que deixou engurras nas formas, non deixan de ser as máscaras que polo momento chegan a min nun estado orixinal. Comprobar que empregaba círculos de cores pegados porque non se lle daba ben a pintura como tantas veces me tiñan comentado é delicioso. As Pantallas foron feitas para os sobriños de Julio, Rafa e Martín e conservaas Alfonso Villarino que como en outras ocasión mostra unha encantadora xenerosidade cara o noso traballo e nos cede temporalmente estas Pantallas para que disfrutemos delas. 

Pasou polo conxelador para matar a posibles enemigos. Ten cosida a boina pola parte de atrás do corno. O sombreiro da cara está bastante deteriorado. O pano está doblado e metido por dentro do corno.

O perímetro da cara é de 34 cm. Da fronte ao quiexo hai 20 cm.

 A barba é de cor negra e sae da base das orellas que nas Pantallas de Julio Villarino non chegan ata o fondo da unión da cara e o corno. Ten unha patilla a cada lado da cara e a barba do quiexo. A verdade é que a barba é recta e bastante voluminosa.  

Ten un longo de 8,70 cm. A parte máis alta ata o floco mide 6,70 cm. De alta na orella mide 3,70 cm. A parte estreita do queixo mide 5,90 cm. 

Ten un longo de 8,70 cm. A parte máis alta ata o floco mide 5,70 cm. De alta na orella mide 2,70 cm.  a parte estreita do queixo mide 5,30 cm.

De alto dende o floco ten 5,80 cm. De longo mide 7 cm. A barba está a 2 cm. da boca.  

A boca é de cor vermella e sobresae para fóra dos labios. De longa coa pintura mide 7,20 cm. A anchura na abertura máxima con pintura é de 2 cm. Sen pintura mide o ancho 1,40 cm. O ancho do labio superior é de 2,30 cm. e do labio inferior é de 1,80 cm. O ancho do burato é de 0,50 cm. e de longo ten 4,50 cm. A distancia ata o fondo do sombreiro no quixo é de 9,80 cm. A distancia ao floco é de 8,50 cm. 

O bigote é de pau de cor negra. Ten un diámetro de 1 cm. Vaise afinando cara as puntas que están lixeriramente reviradas cara arriba. De longo mide 6,60 cm. O lado dereito do bigote sobresae da cara 1,20 cm. O lado esquerdo sobresae da cara 1,10 cm. Está pegado á parte superior do do labio de arriba e do nariz está a 0,20 cm.

Os colorentes son vermellos. Ten un diámetro de 1,90 cm. o colorete dereito e 1,80 cm. o colorete esquerdo. A separación entre eles é de 4,30 cm. A separación da base do nariz do colorete dereito é de 1,10 cm. e do ollo está a 0,80 cm. No colorete esquerdo a separación da base do nariz é de 1,50 cm. e do ollo está a 1 cm.

O nariz é circular dun só burato. O nariz mide de longo 2,70 cm. De alto mide 2 cm. ata a base. De ancho mide 3,10 cm. O burato mide de alto 1,30 cm. e de ancho mide 1,80 cm. O grosor do feltro e do papel é de 0,7 cm. O nariz está pintado na parte frontal de vermello menos na base.

O ollo dereito mide de longo con pintura 5,20 cm. De alto mide 2,70 cm. coa pintura. O burato mide de longo 4 cm. e de alto mide 1,60 cm. O ancho da pintura que sobresae do ollo mide na pálpebra de arriba entre 0,30 cm. e 0,40 cm. e a de abaixo mide 0,1 cm. O ancho do palpebra de arriba é de 0,90 cm. e a de abaixo mide de ancho 1 cm. Non ten pestanas. 

A separación dos ollos está en 1,50 cm.

O ollo esquerdo mide de longo con pintura 5,6 cm. De alto mide 2,90 cm. coa pintura. O burato mide de longo 4,20 cm. e de alto mide 1,90 cm. O ancho da pintura que sobresae do ollo mide na pálpebra de arriba entre 0,30 cm. e 0,40 cm. e a de abaixo mide 0,1 cm. O ancho do pálpebra de arriba é de 0,80 cm. e a de abaixo mide de ancho 1 cm. Non ten pestanas. 

Están pintadas de negro polo perímetro do ollo. 

A cella dereita mide de longo 6,50 cm. e de ancha mide 0,70 cm. Do ollo está a 0,40 cm. e a 0,90 cm. da orella.  

A cella esquerda mide de longo 7,5 cm. e de ancha mide 0,90 cm. Do ollo está entre os 0,20 cm, e os 0,50 cm. e a 1,50 cm. da orella.

As orellas están feitas de feltro e están separadas do corno e como comentaba non chegan ata o fondo do corno e da cara.

O corno ten o rizo do modelo Julio Villarino antigo.

As medidas do corno son:

Dende o punto máis alto ata o pano debaixo das orellas mide 30 cm.

O longo do faldón dende debaixo das orellas é de 22 cm.

O ancho da parte media dende á punta do rizo son 40 cm. e 40 cm. tamén dende o corte na parte de arriba.

O rizo mide de ancho 10 cm. e de alto 4 cm. ata a volta do corno. Ata o alto do corno mide 15 cm. 

O bordo é do cor prateada. Ten entre 0,80 cm. e 1 cm. de ancho. Non ten na parte do faldón nin detrás das orellas. No corte a base é de 5,50 cm. e o lado de 8,20 cm. A metade do rizo está pintado de cor prateado que mide 9 cm. en vertical e 6,50 cm. en horizontal nos dous lados do corno. Este efecto de pintura no rizo vese en fotos en B/N de finais dos anos cincuenta e setenta do século pasado. Non ten o triángulo de cartón por riba da cara pero ten bordo de 1,20 cm. de lado e 0,90 cm. na base. 

O fondo é negro e ten pintados puntos grandes de cor vermello e prateado. Recortados de papel brillante e pegados no corno temos 5 círculos prateados de 2,50 cm. de diámetro e 4 círculos de cor vermello do mesmo tamaño. No centro aparece un rombo de cor prateada de 3,50 cm. de lado.

A colocación dos círculos no corno, empezando a contar dende o círculo vermello que está por riba do rizo e recorrendo o corno para volver ao mesmo círculo, sería: vermello-prateado-vermello-prateado-vermello-prateado-prateado-vermello-prateado. (Posiblemente o vermello que falta despagaríase).

É idéntico en todo ao dereito menos na colocacón dos círculos porque aparece un vermello entre dous prateados no faldón. A serie quedaría: vermello-prateado-vermello-prateado-vermello-prateado-vermello-prateado-vermello-prateado.

Segunda Pantalla

Está un pouco mellor conservada que a Pantalla anterior e tamén pasou polo conxelador. Ten cosida a boina pola parte de atrás do corno. O sombreiro da cara está bastante deteriorado. O pano está doblado e metido por dentro.

O perímetro da cara é de 30,50 cm. Da fronte ao quiexo hai 20 cm.

 A barba é de cor negra e sae da base das orellas que nas Pantallas de Julio Villarino non chegan ata o fondo da unión da cara e o corno como comentei anteriormente. Ten unha patilla a cada lado da cara e a barba do quiexo. A barba é recta e voluminosa.  

Ten un longo de 7,70 cm. A parte máis alta ata o floco mide 6,70 cm. De alta na orella mide 3,70 cm. A parte estreita do queixo mide 5,90 cm. 

Ten un longo de 8,70 cm. A parte máis alta ata o floco mide 5,70 cm. De alta na orella mide 2,70 cm.  a parte estreita do queixo mide 5,30 cm.

De alto dende o floco ten 5,80 cm. De longo mide 7 cm. A barba da boca está a 2 cm.  

A boca é de cor vermella e sobresae para fóra dos labios. De longa coa pintura mide 7,20 cm. A anchura na abertura máxima con pintura é de 2 cm. Sen pintura mide o ancho 1,40 cm. O ancho do labio superior é de 2,30 cm. e do labio inferior é de 1,80 cm. O ancho do burato é de 0,50 cm. e de longo ten 4,50 cm. A distancia ata o fondo do sombreiro no quixo é de 9,80 cm. A distancia ao floco é de 8,50 cm. 

O bigote é de pau de cor negra. Ten un diámetro de 1 cm. Vaise afinando cara as puntas que están lixeriramente reviradas cara arriba. De longo mide 6,60 cm. O lado dereito do bigote sobresae da cara 1,20 cm. O lado esquerdo sobresae da cara 1,10 cm. Está pegado á parte superior do do labio de arriba e do nariz está a 0,20 cm.

Os colorentes son vermellos. Ten un diámetro de 1,90 cm. o colorete dereito e 1,80 cm. o colorete esquerdo. A separación entre eles é de 4,30 cm. A separación da base do nariz do colorete dereito é de 1,10 cm. e do ollo está a 0,80 cm. No colorete esquerdo a separación da base do nariz é de 1,50 cm. e do ollo está a 1 cm.

O nariz é circular dun só burato. O nariz mide de longo 2,70 cm. De alto mide 2 cm. ata a base. De ancho mide 3,10 cm. O burato mide de alto 1,30 cm. e de ancho mide 1,80 cm. O grosor do feltro e do papel é de 0,7 cm. O nariz está pintado na parte frontal de vermello menos na base.

O ollo dereito mide de longo con pintura 5,20 cm. De alto mide 2,70 cm. coa pintura. O burato mide de longo 4 cm. e de alto mide 1,60 cm. O ancho da pintura que sobresae do ollo mide na pálpebra de arriba entre 0,30 cm. e 0,40 cm. e a de abaixo mide 0,1 cm. O ancho do palpebra de arriba é de 0,90 cm. e a de abaixo mide de ancho 1 cm. Non ten pestanas. 

A separación dos ollos está en 1,90 cm.

O ollo esquerdo mide de longo con pintura 5,6 cm. De alto mide 2,90 cm. coa pintura. O burato mide de longo 4,20 cm. e de alto mide 1,90 cm. O ancho da pintura que sobresae do ollo mide na pálpebra de arriba entre 0,30 cm. e 0,40 cm. e a de abaixo mide 0,1 cm. O ancho do pálpebra de arriba é de 0,80 cm. e a de abaixo mide de ancho 1 cm. Non ten pestanas. 

Están pintadas de negro polo perímetro do ollo. A cella dereita mide de longo 6,50 cm. e de ancha mide 0,70 cm. Do ollo está a 0,40 cm. e a 0,90 cm. da orella. A cella esquerda mide de longo 7,5 cm. e de ancha mide 0,90 cm. Do ollo está entre os 0,20 cm, e os 0,50 cm. e a 1,50 cm. da orella.

As orellas están feitas de feltro e están separadas do corno e como comentaba non chegan ata o fondo do corno e da cara.

O fondo é negro e ten pintados puntos grandes de cor vermello e prateado. Recortados de papel brillante e pegados no corno temos 5 círculos prateados de 2,50 cm. de diámetro e 5 círculos de cor vermello do mesmo tamaño. No centro aparece un rombo de cor prateada de 3,50 cm. de lado.

A colocación dos círculos no corno, empezando a contar dende o círculo vermello que está por riba do rizo e recorrendo o corno para volver ao mesmo círculo, sería: prateado-vermello-prateado-vermello-prateado-vermello-prateado-prateado-vermello.

É idéntico en todo ao dereito menos na colocacón dos círculos porque aparece un vermello entre dous prateados no faldón. A serie quedaría: vermello-prateado-vermello-prateado-vermello-prateado-vermello-prateado-vermello-prateado

Por dentro a Pantalla e moi interesante porque o feltro ten moitos cortes pequenos para axustar a Pantalla ao tamaño da cabeza dos sobriños. En máis dunha entrevista Julio Villarino afirmaba que a Pantalla se facía con dous sombreiros un para a cara e outro para a caluga. Neste caso empregou unha boina cortada pola metade e cosida ao corno para a zona da caluga.

Agradecemento

Quero agradecer novamente a Alfonsito Villarino a confianza que demostra deixándonos as Pantallas e a documentación que tan importante é para nós e que debería ser para todos os que gostamos do entroido de Xinzo en xeral e da nosa máscara a Pantalla en particular. Ademáis quero agradecerlle os bos ratos que nos fai pasar contando, como el só sabe, esas anecdotas tan divertidas que atesoura na súa memoria.

Scroll ao inicio