COPLA ENTROIDEIRA

Este ano 2021 vaime/nos deixar sen o entroido. Como non vou poder sair a tomar un viño cos amigos polo Barrio de Abaixo e tampouco vou poder visitar outros entroidos para coñecer e disfrutar da súa festa e sacar unhas fotos, púxenme a facer unhas coplas entroideiras. 

A verdade é que non quería publicalas pero penseino mellor e vouno facer porque:

1.- Xa teño anos para considerar que neste campo podo facer o que me pida o corpo. 

2.- Formo parte por nacemento dun espazo onde a tradición do entroido por enmascararase, por disfrutar da vida nestes días, curtos días, aparace no ADN.

3.- Pódese dicir que ao formar parte da tradición pode engadirse a esta parte da cultura popular. E senón é así, polo menos paseino ben escribíndoas e matei a morriña.

Foto que xa ten os seus aniños na que estou cos meus amigos de Pantalla. 

Nacho, O Pepiño Calleja, Kiko, Juan Carlos, Manolito, Zalito e Sindito.

A ver que vos parecen as coplas:

Xa soan as compás,
domingo de Entroido
esperta o día
co son dos estrondos.
 
Por riba da cama
todo colocado,
a roupa está limpa
co ferro pasado.
 
A camisa branca,
a capa encarnada,
a faixa vermella
as campás douradas.      
 
O pantalón branco,
as polainas negras,
negro o zapato,
así din as regras.      
 
Vexigas inchadas,
e luvas para as mans
e o pano de cor
mellor se é da nai.
 
Está a Pantalla
mirando para min,
co seu colorido,
co seu eterno rir.     
 
Ten no cucurucho
debuxos de planetas
nun fondo infinito
cheiño de estrelas.     
 
A cara rosada
a barba ben negra
como o bigote
e as dúas cellas.

A boca encarnada
sorriso alegre,
debaixo dos ollos
os dous coloretes.
 
Os cornos de punta
o fleco a brilar
e a percalina
por min a agardar.
 
-Vístame miña nai
que quero troulear.-
-Vístame miña nai
e a Pantalla bailar.-
 
Xa poño o pantalón
e máis a camisa,
poñendo as polainas
comezan as risas.
 
A faixa apretada,
por riba o cinturón
pegar un saltiño
para escoitar o son.
 
Ca capa xa posta
e tamén o pano
comeza o sermón
que non me fai dano.
 
Non és ti soliño
vai a casa contigo,
se vas dar vengoña
queda aquí comigo.
 
Outros xa a levaron
e chegou ata ti
faino como eles
ou quédate aquí.
DISFRUTA DO ENTROIDO E PASAO MOI BEN, TROULEA POR TODOS POLOS VELLOS TAMÉM.

A rúa está chea
de xente contenta,
de cores e risos.
Está que rebenta!                 
 
Vexo aos meus amigos
nerviosos esperan
a estar todos xuntos,
e mentres bromean.
 
Botamos a correr
as capas ao vento,
o son que me envolve,
brinco de contento!
 
Brúan as máscaras
e bailan sen parar,
baten as vexigas,
e a sufaldrear!
 
E algún veciño
de nós coñecido
que non trae difrace,
que pague un viño!
 
E rimos na tasca
e cantamos cancións,
contamos uns contos,
todo é diversión!
 
Saímos a rúa,
gaiteiros na praza
a xente bailando
as son da charanga.

A Queta e a Totón
van na bicicleta
e o dos Dous Irmaos
coa súa careta.
 
E vai o Peláez
vestindo sotana
e vai o Santana
de Cantalarrana.
 
E o zapateiro
dende o seu balcón
casi desnudiño
oltando o sermón.
 
Mira o Ogea
ven coa Teresa
e tamén o Edesio
non faltan a festa.
 
E as Majorettes
co seu colorido
paraguas abertos,o que temos rido!
 
Charanga do Lelo
vistosas as cores
a música alegre
que quitan as dores.
 
Carroza do Pucho
vai chea de menos
tamén de maiores,
non van a ser menos!

Está o Acacito
na Praza de Oriente,
coa caña de pescar,
pescando na xente.
 
O Rato e cuadrilla
e os Mandatruco
e os Merecumbé
cos fillos do Cuco.

Aí vai o Cantinflas
vai ser o Cañón,
bigote pintado
caendo o pantalón.
 
Está o Agustinito
a falda ao vento
ensina as canelas
e queda contento.
 
O Jose e a Masé
van na bicibleta
él vai de curiña
ela monxa preta.
QUE NINGUÉN SE ENFADE
SE NON APARECE
ESTAS COPLAS MEDRAN
CANDO ME PARECE.

PANTALLA – O Castor –

Foto pantallas

Polo entroido

LUMEEEE!!!!

Scroll ao inicio